terça-feira, dezembro 12, 2006

mulleres

na Voz ..."las mujeres en Galicia perciben un salario un 27% inferior al de los hombres por desarrollar un trabajo similar, diferencial que se incrementa a medida que sube el nivel de responsabilidad del puesto de trabajo" .
+ rancia foto no Pais:
Fundación Galega para a A Sociedade do Coñecemento, constituida ayer en Santiago, para la búsqueda de fórmulas de gestión y financiación de proyectos vinculados a la Ciudad de la Cultura.
En el patronato de la fundación (os da foto) participan las empresas Citroën, Inditex, Fenosa, Coren, Pescanova, Fadesa, Finsa, las tres universidades gallegas, el Banco Pastor, Caixa Galicia y Caixanova. "

post by aar

segunda-feira, dezembro 11, 2006

comunicado de ADEGA e a Plataforma Pola defensa do Circulo da Mourela

ADEGA PRESENTA UNHA ALTERNATIVA PARA SALVAR O CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA

O proxecto contempla a construcción dun túnel para que a autovía Ferrol-Vilalba discorra baixo o monumento
9 de decembro de 2006. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de As Pontes veñen de presentarlle á Xunta un proxecto para a construcción dun túnel na autovía Ferrol-Vilalba que evitaría a destrucción do Círculo Lítico da Mourela, un conxunto megalítico único en Galiza.
A Dirección Xeral de Patrimonio xa amosou o seu apoio a esta alternativa, viábel técnica e económicamente. Só falla que a Dirección Xeral de Obras Públicas amose a mesma sensibilidade na conservación da nosa herdanza cultural.

As obras da autovía Ferrol-Vilalba están arestora paradas á altura do polígono industrial dos Airíos (As Pontes) á espera de que Patrimonio remate as prospeccións arqueolóxicas na zona. Sería lamentábel que, unha vez máis, a conservación da nosa herdanza cultural ficara nun segundo plano, e que os servizos arqueolóxicos da Xunta tiveran que limitarse a levantar acta da desfeita, facendo de forenses dun patrimonio sacrificado a maior gloria das infraestruturas.
O proxecto desta obra, que data do ano 2000, non considerou como se merecía o excepcional valor deste xacemento, único en Galiza e "descoberto" por Federico Maciñeira a principios do século XX. No estudo de impacto, redúcense considerábelmente os perímetros de protección, considerando só de xeito illado algunhas das mámoas da necrópole e ignorando o círculo lítico que se dá por desaparecido. O trazado da autovía proxéctase pois sobre este elemento, a pesares de figurar nas normas subsidiarias da provincia da Coruña e estar catalogado polo Concello de As Pontes.

Alén disto, o polígono industrial anexo (os Airíos) acabou por destruir no seu momento (1996) parte do conxunto, incluíndo outro círculo lítico máis pequeno e algunhas mámoas situadas ao nordeste do monumento maior. Arestora, este importantísimo conxunto megalítico é só a sombra do que foi no pasado, e dos dous círculos líticos (ou cromlechs), monumentos moi raros en Galiza, é certo que pouco queda xa. Pero trátase das nosas pedras e da herdanza dos devanceiros á que non podemos nen debemos renunciar.

Por iso, dende ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes coidamos que cómpre facer todo o posíbel para conservar este monumento. E persuadidos disto, vimos de presentar á administración un proxecto para evitar a consumación da desfeita. Trátase dun túnel que, aproveitando os desmontes xa feitos, pasaría baixo o conxunto megalítico. Esta obra é técnica e económicamente viábel (non supera a marxe legal de incremento do orzamento) e conta co visto bó da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que nun primeiro momento xa expuxera unha alternativa similar á CPTOP.

A decisión está, xa que logo, nas mans da CPTOP. ADEGA e a Plataforma coidamos que sería un erro imperdonábel non considerar sequera esta alternativa. É obriga das administracións tentar harmonizar a conservación do noso patrimonio (natural, cultural, arqueolóxico...) co desenvolvemento económico e social. Niso consiste o desenvolvemento sustentábel. O contrario suporía perpetuar as políticas depredadoras e insolidarias das que en Galiza en xeral e nas Pontes en particular xa tivemos dabondo.
ADEGA.

Máis información e comentarios de usuarios:
http://www.amigus.org/web/archives/006432.php

sexta-feira, dezembro 08, 2006

canto costa salva-la mourela???

da web SOS mourela.

by: Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes e ADEGA

Con este documento preténdese obter unha aproximación do custo da execución de dous túneles para resolver o problema derivado do trazado da autovía Ferrol-Vilalba, no treito entre o casco urbano de As Pontes e Cabreiros, entre o P.K.36+320 e o P.K.36+420 (aprox.) por riba da Necrópole da Mourela.
Con este importe de referencia quérese abrir unha nova vía de diálogo que poida desenredar a situación xerada.
Para a elaboración do presente documento empregouse a base de prezos do Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Guadalajara Ed. 22 Ano 2006.
A estimación dos diferentes elementos de sustentación do túnel foron estimados a partir do análise de obras similares.
Para calcular o incremento real da obra, habería que deducir as partidas correspondentes ao Proxecto Inicial que se deixarían de facer. Entre outras: o movemento de terras, o paso superior do PK36+305, os traballos arqueolóxicos necesarios na zona, etc.
Así mesmo, habería que valorar o aforro en tempo de espera ata a conclusión da escavación arqueolóxica da Necrópole da Mourela.
Do presente Estudo tírase que o importe do Presuposto Base de Licitación ascende a un total de 2.807.394,91 € que para a execución dos 110 metros de vía supón un custo de 25.521,77 €/m.
Por outro lado, partindo de que o Presuposto de Licitación ascende á cantidade de 52,6 millóns de euros e o de adxudicación foi de 39,2 millóns de euros, o incremento (tendo en conta o exposto no párrafo anterior) sería:
Un 5,3% con respecto ao Presuposto de Licitación.
Un 7,1% con respecto ao Presuposto de Adxudicación.
Un 20,1% con respecto ao aforro xerado pola baixa do contratista.
Polo tanto, esta nova obra entraría dentro do 10% de incremento contemplado pola Lei de Contratos das Administracións Públicas, polo que consideramos que podería ser asumida.
A este beneficio hai que lle engadir o da protección do Patrimonio Cultural. O túnel permitiría evitar un impacto severo sobre un campo de mámoas de máis de 5000 anos de antigüidade.

domingo, dezembro 03, 2006

o patrimonio pérdido

artículo da Opinión da Coruña sobre a desaparición do vaso campaniforme Pontes na Universidade de Santiago...

sábado, dezembro 02, 2006

praceres locales

DA NOSA HORTA A TÚA PORTA

Esta campaña lánzase para dar a coñecer o modo de funcionamento da Agroalimentaria. A partir de 15 euros levámosche o pedido a casa. Actualemente estamos a traballar en Ferrolterra, Coruña, e nos concellos que forman o territorio de actuación de Euroeume.

Os xoves enviamos un correo a tódolos consumidores interesados cun arquivo de Excel. Nel actualizamos os productos de horta que temos e os prezos, que varían en función do mercado. Ademais incluimos outros productos; repostería, apicultura, conservas vexetais e de peixe, lácteos, productos de comercio xusto, e viños e licores. Se quere facer un pedido, vostede so ten que modificar o arquivo de excel, e gardalo no seu ordenador (por exemplo co seu nome e a data), e logo mandalo a esta conta de correo (a data límite para facer pedidos sería o luns ao mediodía, para darnos tempo a encargar a mercancía aos nosos socios).

Para pedidos superiores a 15 euros, facemos entrega a domicilio, nos centros de traballo, ou no lugar que nos indique cada consumidor. Existe a posibilidade de unificar pedidos de varios consumidores para entregar nun mesmo sitio (así é moito mais doado chegar ós15 euros). En principio para os pedidos inferiores a 15 non facemos reparto a domicilio. Temos un local en As Pontes e outro en Vilarmaior, onde se poderían recoller aqueles pedidos inferiores a 15 euros.


Agroalimentaria vende produtos da zoa do Eume entre eles productos ecolóxicos como Repolo, Espinacas, Porros, Acelgas, Setas (Pleurotus), Leituga, Riza é Carne de Terneira Ecolóxica

quinta-feira, novembro 30, 2006

Xornada de Conferencias: A Restauración da Mina das Pontes

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, organiza para este sabado día 2 de decembro na Casa Dopeso unha xornada de conferencias co título: “ A restauración da mina de As Pontes “. A partir das 4 da tarde intervirán entre outros:

Francisco Aréchaga Rodríguez (Director da mina de As Pontes, ENDESA Generación)
Felipe Mazías Vázquez (Catedrático de Edafoloxia da USC) e
Francisco da Silva Bello (Concelleiro de Desenvolvemento e Urbanismo das Pontes).
+artículo sobre as conferencias na Voz de galicia
imaxén: estado actual da lagoa artificial de Cospuden (leipzig, germany).
Ademais da atención os aspectos medioambientais, o redor das enormes infraestructuras mineiras en desuso tanto en Francia, como en Alemania ou en Wales lebaron se acabo proxectos de rexeneración que incluirón aspectos da seguridade, económicos, sociais e urbanísticos.

segunda-feira, novembro 27, 2006

Nova derrota do noso equipo na liga local

Tras outro intenso encontro da liga local, o noso gran equipo, demostrou a súa melloría con 5 dianas, que non foron suficientes para derrotar o equipo rival. O resultado final foi de 8-5. Pese a derrota, o noso adestrador Alfonso comentou que estaba moi contento coa melloría do equipo, e esperamos que en novas contendas sigan mellorando ata atopar a ansiada victoria.

domingo, novembro 26, 2006

I Concurso de Fotografía: “Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes”

Xa queda pouco más de dúas semanas para que remate o prazo de presentación de fotografías sobre o feísmo no noso Concello. E polo tanto, queremos animar a participar a toda a xente que lle interese. De momento xa entregaron 7 persoas os seus sobres pechados, pero a Asociación desexa que o número de participantes aumente nos derradeiros días (como soe pasar neste país sempre que hai que entregar algo). Nós consideramos que o número de participantes tamén pode ser un síntoma da inquietude e da preocupación que a xente ten sobre o tema do urbanismo descontrolado e caótico que nos tocou vivir nos últimos decenios. Xa nos chegaron bastantes felicitacións pola iniciativa deste concurso, agora gustaríanos que éstas se manifestasen nunha boa cantidade de fotografías que mostren o estropicio arquitectónico, urbanístico e ambiental das Pontes.
Recomendámosvos que lle botedes unha ollada aos seguintes enlaces para que vos inspire (contén fotografías moi representativas do feísmo en Galicia):
ou neste
A ASOCIACIÓN CULTURAL CHOIVA AZEDA CONVOCA O 1º CONCURSO FOTOGRÁFICO "FEÍSMO URBANÍSTICO NO CONCELLO DAS PONTES", CONFORME AS SEGUINTES BASES:

1ª Os concursantes poderán participar cun máximo de 10 fotografías, que se axustarán ás seguintes normas:
-Tema: O feísmo urbanístico no termo municipal do Concello das Pontes
-Modalidade: en cor eu en branco e negro, en papel fotográfico
-Tamaño mínimo: 15 x 20 cm.

2ª As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor. Cada foto levará un título e o lugar onde foi tomada, e nun sobre adxunto deberán constar os seguintes datos: nome completo do autor (aceptarase o uso de pseudónimo), número de DNI, enderezo e número de teléfono.

3ª As fotografías enviaranse a dirección postal de Choiva Ázeda: R/ Alimpadoiros local 2 s/n CP:15320 (As Pontes) ou entregaranse directamente no Bar Súper 8, sito na rúa Coruña (en fronte da Biblioteca Municipal), dende o 1 de novembro ata o 15 de decembro.

4ª As obras pasarán unha selección previa antes de ser expostas e as elixidas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará dentro dos actos a programar no marco dunha mostra organizada para tal efecto.

5ª Establécense os seguintes premios:

- 300 euros para o gañador
- dous accésits de 100 euros cada un.

6ª De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.

7ª As obras gañadoras quedarán no poder da Asociación pasando a formar parte dos seus arquivos documentais, podendo reproducilos e difundilos con total liberdade.

8ª Os premios resolveranse no mes de decembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo cultural da vila de As Pontes, así como expertos en urbanismo, e actuando como secretario do mesmo, un representante da Asociación Cultural Choiva Ázeda.

9ª O dictame do xurado será inapelable e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal fin organizará a Asociación Cultural Choiva Ázeda na Casa da Cultura do Concello das Pontes, e os concursantes, polo propio feito da súa participación, aceptan en tódolos seus termos, as presentes bases.

10ª Os membros da Organización, igual que os membros do xurado, poderán presentar obras pero non poderán ser premiados.
11ª A valoración das obras terá en conta tanto o estropicio e desfeita reflexados na fotografía, como a calidade técnica de mesma.

Para máis información: chamando ó teléfono 670 432 491 ou escribindo un correo electrónico á dirección: choivazeda@hotmail.com

Qué é o feísmo?
"Non estou moi de acordo co ese termo. Os edificios non son feos, senón malos. Hai xente que é fea, sen faccións perfectas, non é bonita, pero en cambio é verdadeira, auténtica. Son edificios que son a expresión dunha sociedade desnortada, atrapada na especulación e o mal gusto".
Cesar Portela Femández-Jardón (Arquitecto).

ou como di Javier Armesto:
"Con la expresión feísmo, más coloquial que otra cosa, se evitaba decir lo que realmente era: estropicio y, peor todavía, reconocer la dura evidencia de que hoy, a pesar del indiscutible progreso, la Galicia colonizada por el hombre, con normas, leyes, planes y recursos públicos, está más deteriorada, más fea, que veinticinco años atrás".

quarta-feira, novembro 22, 2006

o emprego da biomasa forestal

A Asociación Forestal de Galicia profundará no aproveitamento enerxético dos restos da madeira procedentes das tallas e podas, o que se coñece genéricamente como biomasa.
Para iso, invita aos propietarios de montes, comuneiros e a todas as persoas interesadas a asistir a un seminario técnico sobre o emprego da biomasa forestal que terá lugar na Casa Dopeso (As Pontes) este xoves 23 a partir das sete da tarde. A asociación conta co patrocinio da Consellería de Medio Rural para organizar este seminario.
O aproveitamento da biomasa consiste en queimar restos dos montes nunha planta a través da cal obtense enerxía. Nos paises nórdicos, estase a defender unha política de descentralización enerxetica, onde as centrales de biomasa pasan a xogar un importante papel, aproveitandose (para aforrar ainda máis emisions) a auga quente que se produce no proceso de xeneración enerxética para as calefacións.

domingo, novembro 19, 2006

reportaje do pais

" Esta central emite más que 2,4 millones de coches. La vida en As Pontes gira en torno a la gigantesca central térmica, y pocos parecen lamentarse." clic eiqui

sexta-feira, novembro 17, 2006

o coco

Según o PP españa vive sumida no pánico. Volven a asociar inmigración e delincuencia. E din que eles pretenden: plantar cara al “incivismo, el fenómeno okupa y antisistema”. Según eles un dos problemas que ten a sociedade española son os okupas e os movementos antisistema.
Di Acebes ca xuventude educada en ideas de esquerda, comenza despreciando a disciplina e o esforzo segue por acosar nas aulas e términa...fatal; ocupado vivendas e rompendo escaparates de surcursais bancarias.
?

domingo, novembro 12, 2006

novos links

dende hoxe podes accder a novos links:

+mellor en bici . web que promove o uso da bicicleta en sustitución dos vehículos privados.
este colectivo organiza "bicicletadas" para revindicar o pracer e os beneficios para o medio ambiente que as bicicletas poden aportar. Hoxe a convocatoria xuntou a 1050 persoas en Vigo e unhas 50 en Chantada e miles máis en múltiples poboacions en toda españa.
inclúe unha calculadora que che di canto co2 aforras nos teus traxectos en bici ou camiñando.
+andalucía investiga. para recordar a Efrén.
+memoria histórica en galicia. Asociacións e Fundacións que se adican á recuperación da Memoria Histórica da Guerra Civil e da Represión
imaxen: Chantada 12-11-06

sábado, novembro 11, 2006

Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL

4 ANOS DESPOIS...
... segue existindo un alto risco no tránsito marítimo
... Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio
... seguen sen determinarse os “Lugares Refuxio” e os Centros de Almacenamento
... a escaseza de medios é evidente
... non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra
... continúa a deterioración do noso medio mariño
... permanece a débeda histórica do Estado
Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL.
É obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe
marítima e medioambiental aínda é posíbel. É obriga da
sociedade galega reclamar que non suceda NUNCA MÁIS.


Manifestación o domingo 12 de nobembro as 12 dende a Almeda de Santiago.

quarta-feira, novembro 08, 2006

SOS Mourela: Plataforma: Comunicado 6-11-2006

A Plataforma na Defensa do Círculo Lítico da Mourela, quere manifestar o seu descontento e preocupación, pola situación de abandono que se está a producir nas escavacións do círculo lítico, no concello das Pontes de García Rodríguez.
Recentemente a plataforma puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, a necesidade de aportar tódolos medios técnicos e humáns dispoñíbeis para garantir a continuidade dos traballos arqueolóxicos durante os meses de inverno.
Ler o comunicado premendo aquí

segunda-feira, outubro 30, 2006

conferencia “Centrais térmicas: fábricas de cambio climático”.

Dentro das actividades de verdegaia relacionadas co cambio climatico, o Sábado, día 11, ás 18.30h na Casa do Peso (As Pontes) Xosé Veiras García de verdegaia dará unha conferencia sobre o “Centrais térmicas: fábricas de cambio climático”.

Antes de asistir a conferencia podese documentar un vendo o video no que a sección inglesa de greenpeace explica a importancia de descentralizar a produción enerxética e como se pode sacar un maior rendimento as centráis térmicas, por exemplo mostra como en holanda usan a auga quente da refrixeración para dar calefación as vivendas, edificios públicos e negocios das áreas cercanas.

imaxen: www.climatecamp.org.uk post by aar

Nova derrota do noso equipazo

Ontes as 20 horas, tivo lugar no polideportivo municipal das Pontes o encontro do noso maravilloso equipo, perdendo 7-2. Cabe destacar a beleza deses dous goles, marcados por Marcos e Pilatos, xogadores que xa nos teñen habituados, coa sua destreza, a facernos disfrutar co seu dominio do esférico. Segúndo declaracións posteriores do noso Mister
Alfonso," o equipo ten que millorar en defensa, ainda que o noso porteiro Fari perfilase como un dos millores do campeonato, e talento arriba non falta, polo cal tan so temos que perfeccionar a defensa, para conseguir millores resultados". Esperamos que todos os aficionados que nos vides apoiando nestas xornadas sigades animandonos de forma incondicional coma ata agora. ¡SOMOS O EQUIPO COA MILLOR AFICIÓN DO MUNDO¡

domingo, outubro 29, 2006

5,5 trillons de euros

5,5 trillones de Euros es el coste que tendrá para las economías mundiales el no tomar medidas rotundas para frenar el cambio climático en menos de 10 años.
Mañana lunes se presenta ante la prensa los resutados del
informe redactado para el gobierno Británico.

Según este estudio el mundo necesita invertir un 1% del GDP global (unos 275 billones de Euros)para empezar a actuar sobre el cabio climatico o esperar que las perdidas sobre las economias mundiales sean 20 veces más improtantes si se espera para actuar unos años.
Este panel de espertos ha recomendado no esperar para poner en marchas, los anuanciados en Eurorpa, impuestos verdes que afectarían a los combustibles contaminantes (de automoción y por primera vez los carburantes de aviación). Esperan reducir con ello tanto los desplazamientos privados así como forzar a la industria para desarroyar vehiculos menos contaminantes con mayores prestaciones. Así mismo estos impuestos afectarían al transporte de mercancias favorececiendo el cosumo de productos locales .
Como ya publicamos hace un par de días 7 países de Europa (con España a la cabeza) se alejan de cumplir Kioto lo cual nos impide mantener una actidud de exigencia en las próximas negociaciones con países en rápido crecimiento como China o India.

El cambio clímatico machacará con más fuerza a los más humildes. En Europa los aumentos previstos de impuestos sobre la energía y el transporte serán doloros para las clases más bajas, a no ser que los gobiernos terminen decidiendose por sistemas más justos de cuotas personales (en el Reino Unido hay en marcha varios estudios de "racionamiento" de emisiones). Del mismo si bien las inundaciones de centro europa del 2002 costaron 22 billones de euros y produjeron 100 muertes un desastre similar produjo 700 victimas el mismo año en Mozambique aunque las perdidas fueron inferiores por el bajo valor de las propiedades afectadas. Los paises del tercer mundo que apenas contribullen en las emisiones serán los más castigados.

sexta-feira, outubro 27, 2006

españa na portada de "The Guardian"

Unha vez + o nome de España aparece como o país que máis se distancia do seus obxectivos para cumprir o protocolo de Kioto en Europa. Esta vez España aparece un sábado en grande e amarelo na portada de periódico máis lido e de maior influencia en Inglaterra .

clic eiqui para:
1.
articulo completo
2. descentralización energética
3. + info sobre cambio climático no Guardian
4.
o impacto económico do desorde climático na economía
5.
como condenan a morte as nosas emisións a un neno somali
6.
unha verdade inconveniente

A Unión Europea, a quen lle gusta presumir de se-la campiona na loita contra o cambio climático, está fallando no seu obxectivo de reduci-las súas emisión de gases invernadoiro e vai ter que tomar medidas moito máis contundentes para poder conseguilo, según as novas proxección presentadas en Bruxelas. A Comisión Europea dixo, que en base os seus datos e tendo en conta as políticas que se están a poñer en marcha, as emisións dos 15 países da Unión Europea orixinal serán so un 0.6% inferiores as de 1990 no 2010. A Eu-15 tiña a intención e compromiso no protocolo de Kioto dunha reducción do 8% no 2012. (...)

Mr Dimas sinalou que, de seguir así sete países -Austria, Bélxica, Dinamarca, Irlanda, Italia, Portugal e Spain - excederan as súas emisión individuais, que están blindadas baixo a leis da EU. Incluso tomando medidas extraordinarias, España verá incrementadas as súas emisións de 1990 en un 51.3 no 2010 comparado co 15% de aumento que lle permitía o protocolo de KiotoO crecemento económico de España e aproximadamente do 4% anual, un dos máis alto da Unión, pero sufriu nestes anos episodios climáticos extremos que fan que se emitan aínda máis gases de efecto invernadoiro.Según as proxeccións Irlanda incrementará nun 30% os niveis do 1990 no 2010, (se lle permitía un 13%), Portugal un 42.7% (se lle permite un 27%). (...)

Datos europeos para a esperanza:

+ o ano pasado vendéronse un 20% de coches limpos (eléctricos, que utilizan bio carburantes,...) en Estocolmo; o segredo o concello penaliza fortemente con impostos os vehículos contaminantes.
+ 22% foi o incremento en uso de bicis para chegar o traballo na capital británica (onde tamén chove).
+11.000 británicos deixaron o anos pasado de ter coche privado para facerse socios dun club de alquiler de vehículos.
+ 2050 o ano en que o goberno sueco espera deixar de emitir gases contaminantes a atmosfera.
+ A enerxía eólica é xa capaz de subministrar electricidade os fogares galegos.

post by aar

segunda-feira, outubro 23, 2006

Izquierda Unida pide explicaciones: "El Gobierno de España está abandonando a su suerte al pueblo saharaui".
El Gobierno se abstiene en la ONU en una resolución sobre la descolonización del Sáhara.
http://www.larepublica.es

O Concello de Compostela presentará unha proposta para que se conceda o nome dunha rúa a Don Manuel Fraga

Por tanto, a Asociación MpDC (Movemento polos Dereitos Civís) está promovendo unha campaña para evita-lo. Este é o texto que hai na súa bitácora:

"A pesar de ter recibido máis de 2.000 mails, máis 500 cartas e que o MpDC recollera mais 2500 asinaturas o Concello de Compostela ten decidido concederele ese honor ao anterior Presidente da Xunta e antigo Ministro de Franco".

Por ese motivo a Asociación MpDC están a recoller sinaturas da xente que esté en desacordo (por si for o caso, novamente) remitindo ao Concello de Compostela un email, carta ou recollendo asinaturas para que esa iniciativa non pase a ser unha realidade.

Para + información e para asinar, pincha aquí.

liga local

Choiva hizo un equipo de futbolSala, jugaron ayer el primer partido, los vi un poco nerviosos pero entregados, se esforzaron mucho aunque al final perdieron 10-2. Eso sí los 2 goles fueron los mas aplaudidos de la jornada y ya te digo animación y fans no faltaban!!!
post by

Migrantes

GALICIA, dígase o que se diga, por ser pobre en riqueza e, seguramente por iso, pobre en cultura, foi, é, secularmente, non so país de emigrantes, senón país de migracións. Xa van un pouco esquecidos os miles de galegos que regaren América co suor de seu, que era o único que podían dar. Non están lonxe na memoria os traballadores galegos, sen formación, amoreados en barracóns suízos, belgas, alemáns e a facer as tarefas que ninguén por alí quería. Están presentes os traballadores da construción, galegos, hoxe repartidos polo Estado. E, cada día, estamos a ver a persoas que queren arribar a Europa rica e morren afogados estragando vidas miserablemente. A organización do mundo é, coma tantas obras humanas, un sinsentido: a división en Estados, o fácil recurso á guerra, a distribución das riquezas e o chamado dereito de propiedade póñense por riba do ser humano, sacrificado, unha e outra vez, para defender cuestións tan circunstanciais coma un Estado ou unha propiedade. Faría falla reflexionar máis e caer na conta de que a propia existencia é o único que temos e non está vinculada a un ou outro lugar. Miren: os suevos, que repoboaren Galicia, foren avalanchas de inmigrantes do Norte que viñeren a establecerse e integrárense tanto que, hoxe, ata presumimos de tal orixe. Os romanos que pararen aquí non eran propiamente veciños de Roma, senón soldados, funcionarios, poboadores recollidos de aquí e de acolá. Mesmo os árabes, no resto de España, conformaren a raza española ao afincárense na Iberia oitocentos anos: ¿Quén, non sendo Aznar coa súa pinta de turco, pode presumir de non levar sangue árabe nas veas?. Nestes tempos de compartir, simultaneamente, emigración con inmigración, por sermos pobres para nós e ricos para outros, convén darse conta de que pola nosa historia non está de máis que nos vexamos como somos: iguais.
X.A. OCHOA na Voz de Galicia (21/10/06)

sexta-feira, outubro 20, 2006

Por qué no quiero que Alonso gane el Mundial

Hace un mes, mis amigos John y Marta volvían a casa bordeando la muralla romana de Lugo cuando por detrás suya un coche a toda velocidad tomaba la curva perdiendo el control, subiéndose a la acera y llevándose la vida de John...(link: carta competa) ...no te olvidamos.

Abel Armental - Londres, Reino Unido. EL PAÍS - Opinión - 19-10-2006
post by aar,jonh; non te esquezo.

quinta-feira, outubro 19, 2006

Unha Erasmus con sentimento

CARTAS AO DIRECTOR :: lavozdegalicia.es
estudiante erasmus do curso 05/06

Annegret Jacobs

Martes, 10 de Octubre de 2006

Ya en mi primer mes de Erasmus conocí las Fragas de Eume y el Forgoselo por las salidas con el Club Montaña de Ferrol. En ellas, los biólogos del Club nos explicaron cosas increíbles sobre los animales y las plantas únicas que hay en estos lugares naturales. Tras estas visitas regresé muchas veces con amigos, Erasmus y alemanes. A todos les encantaba un paisaje tan hermoso. De Alemania no conocemos bosques tan vírgenes. Y lo más impresionante: justamente al lado de esto, el Forgoselo, también una joya de naturaleza, pero totalmente distinta. Hace unas semanas que nos fuimos a As Pontes. Para mi lo que vimos no era tan especial ya que conozco la térmica de Jülich (Renania del Norte- Westfalia). En un bar preguntamos a la gente qué pasará después con el enorme agujero de la mina y como se proyecta la renaturalización, pero también sobre lo que pensaban de las maravillas que tienen en su alrededor. Sabían que se iba a hacer una gran laguna en la zona con zonas de picnic y esas cosas. Pero nada de su entorno natural. Nada de sus animales y plantas únicas en Europa. La gente de As Pontes vive al lado un paisaje precioso y aparentemente no lo aprecia. No sé si yo soy la persona adecuada de criticar esta postura del "no doy valor a que hay al lado de mi casa". Yo no vivo en As Pontes, pero, yo quiero regresar más veces a esta zona, aprovechar más de un paisaje que es imposible en la Europa industrializada porque lo hemos destruido hace tiempo. (Y admiró muchísimo que han logrado ustedes de combinar la naturaleza con la industria). Lo que hace falta entonces puede ser una sensibilización de la gente.
As Pontes es la capital de esta naturaleza, pero no fuimos capaces de encontrar nada de información de ella. A ver que habrá en el futuro!

Atentamente, Annegret Jacobs

terça-feira, outubro 17, 2006

A banda Dr. Funkstein pubrica novo disco titulado 'TODA LA NOCHE'.


O novo disco estará disponible a fináis de Outubro, e poderá mercarse no Corte Inglés e na cadena de tendas "discos Gong", entre outros establecementos. Tamén se poderá adquirir on-line no sitio web www.trastenda.com. En breve concretaremos tódolos puntos de venda.

A presentación oficial do novo disco terá lugar o día 31/10/2006 na discoteca OH! Caramba de As Pontes, á partir das 00:00h, e contará con algunha que outra sorpresa. A entrada será de balde. Tras esta presentación oficial, a banda percorrerá multitude de localidades galegas presentando o seu primeiro traballo. Estas son as datas confirmadas do 'TOUR DE L'AMOUR', aínda que se irán ampliando nos vindeiros días:

31/10/2006 - Presentación oficial novo disco e web - Discoteca OH! Caramba (As Pontes) - 00:00h
03/11/2006 - Sala DZine (San Sadurniño)
10/11/2006 - La Reserva (Ferrol)
01/12/2006 - Sala Baranda (O Barco de Valdeorras)

Próximamente, máis información e sorpresas en www.drfunkstein.com

Fonte: http://www.amigus.org/web/archives/006191.php

segunda-feira, outubro 16, 2006

IMAXES CONTRA O ESQUECEMENTO

Esta páxina é de máximo interese para tod@s os que estén interesad@s en non esquece-la vergoña que supoxo para ESPAÑA, a guerra civil-revolución social e a posterior e infernal posguerra-represión-dictadura militar-católica.

"Las diferentes películas que forman este ciclo de documentales sobre la memoria histórica en España repasan el espectro de los numerosos ámbitos donde actuó la represión franquista desde el levantamiento militar del 18 de julio de 1936. Si una cosa parece clara es que, desde ese día, el franquismo no pretendió otra cosa que lo que hizo y llevó a cabo durante la década que siguió al final de la guerra".

PINCHADE EIQUI:
http://www.imagenescontraelolvido.com/

seminario: Documentalidades.

Prezados amigos,
durante o vernes 20 e o sábado 21 de outubro terá lugar no CGAC o seminario dirixido por María Ruído: Documentalidades. Sobre imaxes, lugares e políticas de memoria. Inscrito dentro do Plan Rosebud contarácoa presenza de Jorge Blasco, Antonio Weinrichter, José Luis Castro de Paz, Helena López, Javier Rodrigo, Julio Prada e Justo Beramendi.

As inscripción do mesmo pódense enviar por fax (981-546605), correo electrónico ( info@proxecto-edicin.net) Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver ) ou na recepción do CGAC (R/ Valle Inclan, s/n). O número de prazas é limitado. A matrícula é de 12 euros (7 euros para membros da Asociación de Amigos do CGAC).

XVII Feira de Fungos e Cogumelos


Un ano máis, ca chegada do outono, chegan as saídas ó monte, e chegan as comelladas...

Graciñas a xente de amigus pola presentación molona (sodes a hostia, aínda que algúns todavía non se dan de conta... pero esa é outra historia). Pincha:http://www.amigus.org/festas/fungos2006/fungos2006.php

mobilización contra a Pobreza

Semana de Mobilización contra a Pobreza. Do 16 ao 21 de outubro.
Este sábado unete a calquera das manifestaciones que se celebraran por todo o país.
http://www.galiciasolidaria.org/

domingo, outubro 15, 2006

216 mortos

A día (13-10-2006) Galiza soporta xa 216 mortos, dende o principio do ano, entre accidentes e imprudencias relacionas co tráfico

+ + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + +

non os esquezemos

sábado, outubro 14, 2006

desertificando españa

Eiqui foron os lumes, en castilla os negocios dós concellos, o goberno rexional, o banco santander e certos promotores.
A diferencia é que ós piromanos se os pescan van a prisión e estes señores seguro que hoxe andan por ahi tan ricamente...<La Junta firmó que indemnizaría al constructor si los técnicos frenaban la recalificación.>>
http://www.elpais.es/pinares1
http://www.elpais.es/talando pinares 2
http://www.elpais.es/artalando pinares centenarios ahora en avila (Villanueva de Gómez, donde un pueblo de Ávila con 143 habitantes planea 7.500 chalés y tres campos de golf.)

http://www.stopclimatechaos.org/

terça-feira, outubro 10, 2006

vivenda digna

O ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, confirmou hoxe que o cume de ministros da vivenda da UE, prevista para os días 16 e 17 en Barcelona, aprazouse por motivos de seguridade.
O ministro explicou que a Junta de Seguridade de Cataluña decidiu onte por «unanimidade» recomendar ao Goberno que se aprazase a reunión de ministros, unha decisión que se adoptou tras falar coa ministra de Vivenda, María Eugenia Trujillo. «En materia de seguridade máis vale previr que curar», recalcou o ministro.

da voz de galicia 10 de oct 2006

http://www.youtube.com/watch?v=507YixKuXjE&mode=related&search=
Dende a cordinadora
catalana por unha vivenda digna prefiren falar de cortina de humo;os convocantes das manifestacións previstas para o día do cumio afirman que, ainda coa cumbre suspendida, "el problema sigue" + acusan o Goberno de eludi lo debate sobre a vivenda pola coyuntura electoral.


Josep Ramoneda en el Pais 15 oct 2006
....Las rentas de los españoles se están hipotecando por el coste de los pisos hasta límites que afectan negativamente a la calidad de vida. Y la escalada inmobiliaria es un factor determinante, no el único, por supuesto, del retraso de la emancipación de los jóvenes, sin parangón en el entorno europeo.

Estos problemas no afectan sólo a las personas que lo sufren, tienen también efectos sobre la dinámica social. Tener a la ciudadanía asfixiada para poder pagar un lugar donde vivir, puede parecer positivo desde el punto de vista de quienes sólo piensan en el control social -en tener a las gentes maniatadas, sin tiempo ni recursos para pensar y decidir por sí mismos-. La plenitud personal creativa sólo puede adquirirse desde la autonomía: el retraso en la emancipación mutila a los jóvenes, a los que se somete a una superprotección que no es la mejor escuela para moverse en la vida....

Con todo, lo más grave vuelve a ser lo de siempre: una vez más se hurta a los ciudadanos el debate sobre la cuestión de la vivienda...>>

post by aar

OBRADOIRO DE INICIACIÓN á MÚSICA MODERNA

Todavía está aberto o prazo ( durante toda a semán do 9 ao 13) ata cubrir as prazas totais para as duas disciplinas

Este obradoiro vai dirixido tanto a persoas que queren comezar na aprendizaxe destes instrumentos como para aqueles que desexan amplia-los coñecemento adquiridos de forma autodidacta.

Especilidades en dous obradoiros diferentes:

- PERCUSION : no que se pode elexir entre
percusión latina ( bomgós , timbales, caixa, tumbadoras etc..... ) e
batería.
- GUITARRA : no que se pode elexir, guitarra eléctrica e baixo eléctrico

Estes obradoiros serán impartidos por profesorado cualificado e con experiencia neste tipo de obradoiros.
Faranse dous grupos atendendo ao nivel do alumnado.

Dirixido a: xovenes maiores de 12 anos e adultos.
Datas.- todolos Venres de outubro a decembro.

+ información. Dpto de cultura do Concello ou en cultura@aspontes.org

segunda-feira, outubro 09, 2006

Ranking de blogs

Estamos de posto 99 no ranking galego de blogs!! e de 9º na lista de blogs que usan a lingua galega!!!!!!!

http://www.alianzo.com/top-blogs/spain/galicia

Para n´os ´e un gran orgullo que a xente nos visite e participe activamente desta experiencia, que s´o pretende ser unha canle m´ais de informaci´on e de difusi´on das actividades asociativas do noso colectivo, as´i como de calquer outra asociaci´on cuxos intereses sexan o fomento da participaci´on cidad´a.
Gracias a todas e todos os que participades e nos ollades.

domingo, outubro 08, 2006

don alejandro

na Chocolatería (ORFAS, 15-SANTIAGO DE COMPOSTELA) se expoñen actualmente diversas maquetas de edificios e proxectos dun dos arquitectos e mestres de maior influencia na segunda metade do século xx: ALEJANDRO DE LA SOTA, realizadas por alumnos de universidade de Munich.
http://www.alejandrodelasota.org/03_01_00.cfm

o Martes 10 de outubro terá lugar, de 16:00 a 19:00 horas, una sesión crítica con 3 arquitectos que son bós coñecedores da obra e pensamento do mestre.

interveñen:
VICTOR LÓPEZ COTELO- que traballara durante anos con no estudio de Alejandro. Catedrático en Munich e autor, entre outros, do proxecto de rehabilitación e extensión Da Vaquería en Santiago.
JOSE LLINÁS CARMONA- arquitecto con estudio en Barcelona. Autor de numerosos proxectos na cidade condal como a nova Biblioteca de Gracia e a de plaça Lesseps.

MANUEL GALLEGO JORRETO- profesor da escola de arquitectura da Coruña e autor de imnumerables proxectos en Galicia, como o museo de Belas Artes da Coruña.
organiza: colexio oficial de arquitectos de Galicia+ coa colaboración do consorcio de Santiago.

sexta-feira, outubro 06, 2006

Éxposición sobre as árbores na vila

Oragnizada pola Fundación Caixa Galicia, pretende achegar á sociedade os aspectos máis interesantes e curiosos do mundo natural, sobre todo destes xigantes vexetais.
No Mercado Vello deica o 19 de outubro, e constará de 30 paneis fotográficos de grande formato, conta ademais con cortes de madeira, onde se poden aprecia-los aneis de crecemento, un semilleiro de diferentes especies, no que poden compararse tamaños, cores e formas.
Estará aberta para colexios pola mañá e o día 19 haberá un taller para nenos de 4º de primaria. Ademais cada foto está acompañada dun texto no que describe os aspectos máis importantes de cada árbore, as súas dimensións, enfermidades, pragas e usos tradicionais...
...Unha iniciativa moi acertada, tendo en conta que a maioría dos rapaces apenas coñecen o seu entorno natural, e os cambios climáticos que se agardan no futuro poden facer desaparecer moitas destas especies.
da páxina web do concello.

domingo, outubro 01, 2006

fubol

esta temporada temos equipo na liga local de fubolsala

sábado, setembro 16, 2006

ninguen pode escapar

Para a maioría de nos o desorde climático ameaza hoxe o noso estilo de vida. Para os habitantes de Banglasesh, o cambio climático pon en perigo a súa supervivencia.O futuro xa esta eiquí. Bangladesh ten unha poboación de 150 millóns de persoas e un 70% do territorio a cotas moi baixas (o delta do Ganges e do Brahmaputra...)Cada un dos seus habitantes producen de media o ano 0.3 toneladas de CO2. A media para un cidadán americano e de 20 toneladas.Os bangladeshis suplican nos, os habitantes das nacións ricas e mais contaminantes, que poñamos freo o as nosas emisións e fagamos algo para reducilos efectos do cambio climático xa.Cada grado centígrado que suba a media de temperatura global implica un 10% de terreo perdido en Bangladesh.

Para ler +:
+ http://comment.independent.co.uk/commentators/article1603631.ece
+ http://news.independent.co.uk/environment/article1603660.ece
Para calcular a tua huella ecoloxica:
+ http://www.earthday.net/footprint/index.asp

post by aa da información publicada no Independent o 15 de sep 2006

sexta-feira, setembro 15, 2006

a cidade interpretada

A iniciativa pretende amosar que a obra de arte situada no espazo público pode ser un estímulo e un medio de conciencia da nosa presenza activa no mesmo. A obra de arte pública proponse na actualidade máis como unha “mediación” que como un obxecto en si mesma, xa que o interese dos artistas está en establecer un diálogo entre a obra, o lugar e a audiencia. O espectador transfórmase nun actor, un “intérprete” do espazo.

As intervencións dos oito artistas invitados a traballar sobre o contexto de Santiago de Compostela inciden en tópicos inseparábeles da percepción da cidade, como son a Historia, a crenza ou a cultura, e noutros aspectos como a xeografía urbán, a sociedade ou a industria turística. Pero se pretendeu unha aproximación a estas cuestións desde a concepción do espazo público non como algo físico senón como un proceso temporal de construción colectiva. Trátase de ler o texto da cidade histórica a través dos rasgos profundos das súas rúas e prazas, dos seus relatos e itinerarios, pero tamén de facer política dos seus espazos, de examinar a transitividade existente entre os seus suxeitos e obxectos. Para iso é necesaria a apelación ao espectador como aquel suxeito de experiencia ou ‘intérprete que pode estabelecer conexións críticas entre tempo e espazo, forma e contexto, memoria e cotidianeidade.

No proxecto ‘A cidade interpretada’ participan Nathan Coley coa intervención no COAG e outra na praza de Cervantes de Camouflage Church;

Hans Schabus con Melodie Finisterre instalado no paseo da Ferradura;
Germaine Kruip con Wish, un orixinal proxecto que versa sobre as estrelas fugaces, visible desde diferentes puntos da cidade;
Roman Ondák, con Lucky day na praza da Praterías;
Jorge Barbi coa obra Minarate, situada no Pazo de Bendaña;
André Guedes, coa Visita de Eugenio na praza do Obradoiro;
Carme Nogueira coa obra Refuxio na praza da Trisca;
e Apolonija Sustersic que aporta Manifestation Platform no parque de Hortas.

terça-feira, setembro 12, 2006

concurso de expresión grafica rápida

A Cámara Oficial Mineira de Galicia convoca o primeiro certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia, que está patrocinado por Endesa e apoiado pola Consellería de Industria.
Esta primeira edición terá lugar no vertedoiro das Pontes o 30 de setembro. Entre as 10 e as 18 horas dese día, os artistas que se anotaron previamente deberán inmortalizar un recuncho dese antigo vertedoiro de escorias procedentes da mina, hoxe convertido nun espazo arbolado e pasteiros dun milleiro de hectáreas.

Os premios en metálico suman 6.000 euros. O primeiro 2.000 euros, 1.500 o segundo e 1.000 o terceiro. O xurado concederá tres accésit de 300 euros cada un.
A inscrición no certame é gratuíta. Os interesados poderán anotarse ata o mesmo día 30 a través do teléfono 981 139 664 e do correo electrónico cmg@camaraminera.org. As bases pódense consultar na web www.camaraminera.org.
Cada concursante aportará o seu propio material. Terán liberdade á hora de elixir a técnica e o estilo, aínda que a temática deberá limitarse ao vertedoiro. O concurso pretende destacar os proxectos de restauración ambiental na minería.

informacion da voz de galicia. imaxen: aru (proxecto para a rexeneracion dunha explotacion a ceo aberto cerca de Leipiz)

sexta-feira, setembro 08, 2006

feira medieval

09-09-2006 + 10-09-2006 feira medieval na Vila

-
-- - - --
------ --
-----
- -

quarta-feira, setembro 06, 2006

vida no rural

O deputado nacionalista Fernando Blanco , das Pontes, entregou onte á conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, informes elaborados pola comunidade educativa de Cabanas que xustifican a permanencia da escola de Lavandeira, que a Xunta pretende pechar.
Segundo explicou o concelleiro do BNG Xosé Manuel Pérez Sardiña, o documento inclúe 200 firmas contrarias a clausúraa do centro. Tamén o compromiso de dez pais para matricular aos seus fillos pequenos en Lavandeira.
Blanco fixo entrega a Sánchez Piñón tamén de informes similares para evitar a pechadura das escolas de Covas (Ferrol) e Cervás (Ares), condenadas ambas por Educación.

da voz de galicia

sexta-feira, setembro 01, 2006

verdegaia, salvemos monteferro e o COLECTIVO MAUXO

Realizarase o domingo 3 de setembro, aberto a todo aquel que queira coñecer as paisaxes e hábitats desta zona do concello de Nigrán, ameazada polo proxecto dun campo de golf. Ademais, aproveitaremos o roteiro para facer unha limpeza nas covas do Folón. Sairemos da igrexa de Coruxo ás 10:00. O roteiro durará todo o día. Cómpre levar comida, calzado axeitado e luvas para a limpeza.
* * *
E para os máis marchosos: mañá, sábado 2, ás 11 da noite, no aparcamento de Panxón:
CONCERTO DE DAKIDARRÍA (a reivindicativa banda de punk-ska-reggae de Nigrán, fondamente ligada a Salvemos Monteferro). Porque a cousa promete, recomendámola. Tamén estarán os amigos de The Gotxos Party.

(nota que nos chega desde o colectivo salvemos monteferro)