Hai xa uns cantos meses, a estrada que une Pontedeume con Monfero, Irixoa e Monte Salgueiro aparecía chea de cruces coas que os veciños desta vía, especialmente os do tramo entre Monfero e *rixoa, pretendían chamar a atención polo pouco coidado que demostran os responsables de Obras Públicas da Xunta sobre o estado da mencionada estrada. Efectivamente, as cruces eran un reclamo un pouco tétrico, pero a iso víanse obrigados os veciños pola neglixencia dos administradores do ben común, ao non realizar obras que permitisen aos coches superar fochancas, cambios de rasante, desniveis e outros obstáculos ben visibles para os automobilistas, que parecían circular por unha montaña rusa e non por unha vía normal.
Nos meses pasados, a Xunta comezou unhas obras de mellora que van máis lentas que o xa famoso ascensor do monte de San Pedro coruñés. Seguramente esperaban -digo eu- os resultados electorais e, unha vez celebradas as eleccións, posiblemente comécese a dotala dun firme que evite fochancas e demais deficiencias. Pero velaquí que a atención a este vello concello coruñés de Monfero, que si existe, sorprendeu a moitos coruñeses defraudados por non pertencer ao área metropolitana, pois as súas 3.000 habitantes (con preto de 2.500 electores nos pasados comicios municipais) senten máis preto da Coruña que doutros núcleos urbanos.
Pero aí está esta pequena vila montañosa, de gran fama polo seu histórico mosteiro e pola súa proximidade ás Fragas do Eume, das que forman parte. Todos, veciños e forasteiros, piden con máis afán non só que se mellore a estrada, senón outras medidas a favor do si existente municipio de Monfero.
Artigo de Ángel Padín pubricado na Voz de Galicia
Sem comentários:
Enviar um comentário