“Coa Lei de Protección da Paisaxe queremos que as nosas paisaxes teñan recoñecemento xurídico; que se estudien en profundidade, se cataloguen e describan as paisaxes galegas cos seus valores, degradacións, ameazas e tendencias; queremos que todos aqueles plans, programas ou proxectos que deban someterse á avaliación estratéxica ambiental ou de impacto ambiental teñan en consideración a paisaxe” explica José Benito Reza, director xeral de conservación da natureza nun texto xenérico facilitado polo gabinete de prensa. Ao tempo anuncia o incremento da superficie destinada a espazo protexido, plans de acción de conservación e a creación dunhas directrices da paisaxe que sexan determinantes na ordenación do territorio. O borrador da Lei xa foi sometido a consulta do Consello Galego de Medio Ambiente (COGAMA) e rematou a fase de consulta a nivel institucional entre as distintas consellerías. Agora mesmo, o texto está a ser revisado en función das alegacións presentadas e o documento definitivo entrará no Parlamento no vindeiro mes de setembro.
sábado, julho 28, 2007
Un observatorio e normas de protección ambiental enchen de contido á Lei Galega da Paisaxe
Está en plena fase de recuperación para entrar no parlamento en setembro. A Lei Galega da Paisaxe pretende servir de base legal para protexer o noso espazo natural, que durante séculos contribuíu a definirnos. Medidas legais, a creación dun observatorio como órgano colexiado de asesoramento son algunhas das figuras que contempla este texto que chegará ao Parlamento en outono.
Etiquetas:
ecoloxía,
galiza sos,
patrimonio,
sostenibilidade
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário