De aí ás dúas da tarde, aproximadamente, os participantes mediranse coas bestas para cortarlles as crines e marcalas.Pero a celebración non quedará aí. Cunha parada para gozar dunha comida campestre (haberá postos comerciais instalados especificamente para a rapa das bestas), a tarde estará coroada pola competición.
Galope, marcha e trote son as tres categorías nas que se disputarán premios en metálico e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha.Ademais, os asistentes poderán participar no sorteo dunha poldra comprando as rifas da organización.
Para chegar ao curro non hai máis que dirixirse á Capela e buscar a igrexa de San Boulo. Desde alí poderanse seguir as indicacións cara a esta contorna natural.
Sem comentários:
Enviar um comentário