Galicia ten dous puntos negros menos no litoral que no ano pasado, 43 fronte ós 45 do 2006, pero os datos son máis alarmistas: 6.000 vivendas ilegais e 800.000 en proxecto, unha cifra similar ás construídas en toda a historia, e casos de corrupción urbanística agromando sen cesar, segundo informa a organización ecoloxista Greenpeace no seu informe Destrución a toda costa, presentado onte.
No ránking negro a nivel de España, Galicia ocupa o terceiro lugar só por detrás de Andalucía e Canarias, con 16 tramas nos xulgados e plans para construír máis de 8.000 amarres deportivos, e cun dato significativo: só un dos 86 municipios costeiros, o da Pobra do Caramiñal, adoptou o seu plan urbanístico á Lei do solo, o que dá unha idea para o colectivo "da permisividade e o descontrol practicado pola Xunta en anos anteriores".
Un dos autores do informe do 2007, Miguel Ángel Soto, sinala un antes e un despois da tristemente célebre operación Malaia e afirma que a nosa comunidade non é allea a este fenómeno. "Despois do caso de Marbella asistimos a un despertar da Fiscalía respecto dos delitos de ordenación do territorio e Galicia é moi sinalada con 16 tramas de corrupción moi significativas".

Ademais, o experto de Greenpeace indica que a autonomía ten o 16 por cento da costa ocupada, "un dato que pode non parecer moi significativo, pero que está por enriba da media estatal, situada nun 14", e expresa unha alegría contida por lograr un cambio nas prácticas e na mentalidade co logro da Lei de medidas urxentes de protección do litoral aprobada pola Xunta, aínda que apunta: "A experiencia que temos con estas normativas de blindaxe da liña dos 500 metros é que se acaban incumprindo porque hai intereses económicos dos promotores e os que teñen competencia na materia, polo que ademais de lexislar, cómpre manter un control".
A provincia galega máis ameazada é Coruña, con 24 puntos negros cercadas polo ladrillo, o aumento descontrolado dos campos de golf e dos portos deportivos, os efectos do cambio climático, que estiman un retroceso medio da costa de 35 metros para o 2050, ou a escasa depuración das augas. SÉguelle Pontevedra, con 12, e Lugo, con sete puntos conflitivos. Entre as súas numerosas demandas, os autores de Destrución a toda costa esixen da Administración galega un Plan de Portos Deportivos que fale alto e claro sobre a súa acción no medio.
Artigo completo en Galicia Hoxe
Descarga-lo informe completo dende o web de Greenpeace
Sem comentários:
Enviar um comentário