A festa da Fraga ou día de Santiago, celebrada o 25 de xullo, é a que pon punto final ás festas do Carme nas Pontes. Constitúe a celebración máis bonita e atractiva dos Festexos Patronais das Pontes de García Rodríguez.
Desde a súa orixe, en 1904, foi enxebre e alegre, adquirindo nos últimos anos grande renome e concorrencia. Comezou a se celebrar por iniciativa do entón Xuíz de Paz D. Manuel Fernández Vidal, para satisfacer os desexos de prolongar un día máis a Festa Patronal e elixindo como escenario unha pequena illa do Eume: "A Fraga da Ramalleira". Chamóuselle "festa da Isla" por abrazala totalmente o río, sendo o seu único acceso unha alineación de pasadoiros.
Sen embargo, en 1949 a illa foi asolada polo encoro que construíu a empresa Calvo Sotelo, e a romaría trasladouse definitivamente no ano 1950 á Fraga de Doña Rita (barrio do Barreiro), lugar onde se segue a celebrar hoxe en día.
Sen embargo, en 1949 a illa foi asolada polo encoro que construíu a empresa Calvo Sotelo, e a romaría trasladouse definitivamente no ano 1950 á Fraga de Doña Rita (barrio do Barreiro), lugar onde se segue a celebrar hoxe en día.
Trátase dun lugar encantado en que se xuntan familias, veciños e mozos para comer, disfrutando da paisaxe (grandes carballos, un chan verde, música, clima de alegría e irmandade).
É costume tradicional a participación nun concurso de elaboración de exquisitas empanadas, de orixinais casetas e cabanas. En definitiva, a romaría comprende, unha actividade relixiosa (a Santa Misa é oficiada: hai xa uns anos que non se celebran por falta de asistencia popular) e a posterior sesión Vermú, que dá comezo ao festín do xantar... porque o que é beber xa hai que comezou.
Sem comentários:
Enviar um comentário