Johannes anda sempre cunha bolsa de tela dende que volveu de Asmara. A bolsa e moi linda, ten unhas colores moi ben escollidas e debuxos xeométricos que parecen recordar as palmeiras. Prometeu que cando volva ir ver a familia traerame unha.
Contoume que cando chegas o aeroporto en Eritrea pídenche que lles entregues tódalas bolsas de plástico e cámbianchas por unha destas de tela. Díxo que estaban tentando acabar con elas e xa ninguén as utilizaba nas cidades.
Onte escoitei na BBC unha noticia: UGANDA ERA O SEGUINTE PAIS DE AFRICA ORIENTAL, DESPOIS DE kENIA, EN PROIBILAS BOLSAS DE PLASTICO.
As razoes: o gastos que produce a súa recollida, que estaban a contaminar os ríos, atascar as tubarias e por enriba de todo; que son fonte de transmisión de enfermidades. E como dixo alguén alí: "para empezar, pediunas alguén?"
Gosto de pensar que hai gobernos capaces de mellorar as vidas dos seus compatriotas con medidas sinxelas e lóxicas.
post by aar
imaxe: unha muller vai cara o mercado en Ashamara
domingo, julho 01, 2007
polietileno
Etiquetas:
africa oriental,
outras,
sostenibilidade
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário