Hoxe, xoves 19 de Xullo, o novo Ministro de Relacións Exteriores do Reino Unido, David Miliband organizará xunto con Avaaz, unha conferencia titulada “A Nova Diplomacia” e contestará preguntas de persoas de todo o mundo. Esta é unha oportunidade de abrir un diálogo honesto e nos nosos propios termos cun dos gobernos máis influentes a nivel mundial. Miliband é coñecido pola súa oposición á guerra en Líbano e á invasión de Iraq. Na súa carreira política tivo propostas interesantes con respecto á sociedade civil e defendeu unha visión dun Reino Unido aberto ao mundo. O seu nomeamento ao posto de Ministro de Relacións Exteriores sinala un cambio de valores no Goberno británico. Aseguremos que ese cambio leve ao Reino Unido a formular políticas máis xustas que tomen en conta as súas repercusións no estranxeiro. As decisións dos países como Gran Bretaña afectan a persoas moito máis alá das súas fronteiras. Por primeira vez, o inverso tamén podería ser realidade.
quinta-feira, julho 19, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário