Para os que non coñezan SEXPEARE está é unha boa ocasión para achegarse a disfrutar do último espectáculo desta compañía de teatro ao Auditorio Cine Alovi.
Dende a súa creación en 1995, pasou máis dunha década na que sexpeare colaborou con grandes compañías e co ministeriode cultura na feira anual Juvenalia.
Recibiron importantes premios de público e crítica e o que é mellor aun, non pararon de crear historias esperpénticas e persoaxes entrañables en 8 produccións cheas de gags e efectos visuais imposibles.
O vindeiro venres pasan por As Pontes antes de recalar no afamado Festival FIOT. Os actores de indudable talenrto interpretativo, representan FOR SALE coa súa particular forma de facer teatro saltando dunha historia a outra sen que o espectador poida facer outra cousa que rir e rir...
un carniceiro namorado da sua longaniza
un asasino en serie que peina seus crimes nun andamio cheo de gatos
un pub onde se canta no intermedio dos partidos.....
+ info http://www.efekto.com/
PREZO: 3€
descontos do 50% para carne xoven, maiores de 65 anos e carne de estudante ata 26 anos
VENDA DE ENTRADAS:
xoves de 11.30 a 13.30h e venres de 11.30 a 13.30h e a partir das 19.30h
PUBLICO: xuvenil e adulto
Sem comentários:
Enviar um comentário