E xa ven 500 posts... dende que escomezaramos a nosa experiencia blogueira o día de San Xoan do ano 2.005.
Durante estes anos as nosas temáticas foron variadas, dependendo en grande medida dos diferentes blogueiros que colgan nesta páxina, pero fundamentalmente as novas son relacionadas con diversos colectivos sociais, sempre coa idea do fomento da participación social en materias como o patrimonio cultural, actividades culturais, reivindicacións sociais, medio ambiente e a sustentabilidade da nosa comunidade pontesa, galega e, como non, universal.
Grazas por seguires léndonos, e non dubidedes en seguires enviándonos novas, convocatorias, fotos, videos ou comentarios ao noso e-mail para poder enriquecer este espazo de libre expresión.

7 comentários:
noraboa por o blog e por toda a informazon que aportades.
felicidades choiva...
J.A.Blanco Bouza
noraboa e gracias pola vosa labor.
a por outros 500 máis! :)
jatomiau
Aupa Choiva!
Ramiro
gracias
a por 500 +
bicos
graciñas polos ánimos.
Nova publicada en código cero-diario tecnolóxico de Galicia:
O blog de Choiva Azeda acada as 500 entradas informando dende As Pontes.
O blog da Asociación Cultural Choiva Azeda das Pontes de García Rodríguez, creado o día de San Xoán do pasado 2005 vén de acadar xa as 500 entradas.
Nestes dous anos (e pico) as temáticas que tocaron foron moi variadas e heteroxéneas, pasando de avisar ós internautas da celebración de actos culturais a informalos da existencia de reivindicacións sociais que se daban alén dos lindes do seu pobo.
Pero sen dúbida, os temas que máis inspiraron a Choiva Azeda neste tempo foron o medio ambiente e a sustentabilidade -como os seus responsables a chaman- “da súa comunidade pontesa, galega e universal”, así como o fomento da participación social pola defensa do patrimonio cultural.
Porén, a bitácora ten feitura de “caixón de xastre”, sobre todo debido a achega continua de información procedente dos internautas, con fotos, novas, convocatorias, vídeos ou comentarios que contribúen a facer un espazo máis colaborativo, permitindo o exercicio da liberdade de expresión e da participación social.
Con motivo dos 500 posts, Choiva Azeda agradece a colaboración desinteresada daqueles que botaron unha man achegando as súas inquietudes e motivacións, mentres que nós, pola nosa parte agradecemos que sigan aí ó pe do canón sen esquecer que temos un paraíso en Galicia que debemos coidar antes de que sexa tarde de máis.
http://www.codigocero.com/spip.php?article2543&var_recherche=choiva%20azeda
Enviar um comentário