domingo, outubro 07, 2007
A voltas ca ubicación da papeleira de Ence pra dentro de 11 anos
Imaxe: Mariscadoras na ría de Pontevedra e Ence ao fondo
O conselleiro insta á empresa a que decida canto antes o futuro emprazamento da fábrica de Pontevedra
Vázquez di que a pasteira se recolocará no noroeste nun municipio con moita auga e vocación industrial
Dentro de once anos, Ence desaparecerá do mapa da ría de Pontevedra, pero ¿onde trasladará planta celulosa? é desde hai tempo a pregunta do millón que tanto a empresa como a Xunta esquivan unha e outra vez. O conselleiro de Medio Ambiente, o socialista Manuel Vázquez, deu onte nas Pontes unhas pistas que poden ser definitivas para localizar o futuro emprazamento. Estará, dixo, no noroeste galego, onde se acumula «a gran masa forestal» de Galicia, nun concello cuxo nomee evitou citar en todo momento. «A consellería non ten un sitio idóneo», pero Vázquez deu as seguintes pistas. Deberá dispor de auga en abundancia, estar próximo a un porto comercial e contar cunha infraestrutura importante para garantir a subministración eléctrica. Vázquez tamén apuntou que o municipio ideal para Ence deberá ter «vocación industrial» e que o traslado da pasteira terá que obter o respaldo político local.
Blanco e en botella. O conselleiro de Medio Ambiente evitou en todo momento mencionar As Pontes como o lugar idóneo para a planta, porque, dixo, é a compañía a que debe tomar a decisión de onde trasladar a fábrica de pasta de papel. «Hai conversas con Ence, pero será ela a que decida onde situarase», manifestou Vázquez, quen engadiu que «quen ten que mover ficha agora é Ence».
O conselleiro sinalou que a empresa non poderá tardar demasiado en adoptar unha decisión sobre onde trasladar a planta de Pontevedra, xa que, destacou, a compañía precisará polo menos cinco anos para construír a nova industria, é dicir, que no 2013 deberán arrincar as obras.
Pero antes diso, Medio Ambiente intervirá no proxecto para levar a cabo todos os estudos previos e será o máximo responsable de autorizar ou non o novo emprazamento, segundo detallou o propio Vázquez.
O conselleiro realizou estas declaracións durante unha visita a Endesa, na que tamén se encontraba o alcalde pontés. á saída do acto e tras oír as declaracións de Manuel Vázquez, Valentín González Formoso subliñou que de todo o noroeste galego só As Pontes reúne as condicións mencionadas polo conselleiro como o sitio idóneo para Ence. Ademais, o rexedor, defensor acérrimo de implantar no municipio a pasteira de Pontevedra, sinalou que solicitará un encontro cos directivos de Ence para «venderlles» As Pontes como localización.
Hai dous anos, en contra
Aínda que agora o conselleiro de Medio Ambiente parece ver con bos ollos o futuro de Ence no municipio industrial das Pontes, hai dous anos non opinaba o mesmo. En declaracións realizadas no programa Voz
Nova do 6/10/2007 na Voz de Galicia
Etiquetas:
as pontes,
comarca do eume,
ecoloxía,
emprego
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário