O movemento ecoloxista de Ferrol e comarca, representado por entidades como Fusquenlla, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia, pide á Consellería de Medio Ambiente a realización dunha investigación independente e externa a Endesa con respecto ao proxecto que transformará en lago o oco da mina de lignito.
Os demandantes expoñen cuestións como posibles filtracións aos acuíferos ou o excesivo caudal que será extraído do río Eume para esixir "respostas axeitadas ás inquedanzas que suscita a obra", tal e como se pon de manifesto no comunicado de prensa.
No mesmo tamén se apunta que existen datos que fan pensar que "tomáronse atallos fáciles e de alta rendibilidade para a empresa e se tivo pouco ou nada en conta ou alto valor ecolóxico do espazo afectado" á hora de elaborar o plan que se prevé levar á práctica a partir do peche da mina, previsto para decembro deste ano.
Dada a proximidade do prazo, os ecoloxistas tamén piden o adiamento temporal da obra ata coñecer os datos que poidan desprenderse do informe que agora pon en mans da Consellería de Medio Ambiente da Xunta.

2 comentários:
Non hai proxecto para o entrono do lago. Faráse o que quera ENDESA.
Confio, espero mais ben, en que tecnicamente non será un desastre. Pero dende o punto de vista da ordenación territorial, urbana e paisaxística non hai proxecto. Ten todo a pinta de ser unha ocasión perdida.
En Alemania, Gales e Francia problemáticas similares, tomáronse coma oportunidades e fixéronse cousas moi interesantes que implicaron as empresas explotadoras, os gobernos, as administracións e os diversos colectivos locais. Como ben dis convocáronse concursos, fixéronse exposicións públicas, discutiron se os plans.
Eiqui parece que Endesa vainos facer unha praia de mentira, unha illa artificial, algunha escultura fixo que cae e ben seguro que moitas farolas para gastar voltios.
¿é o que queremos?
comparto o teu parecer. é moi triste que dende os poderes públicos non estén a liderar este proxecto, a partires da procura da participación da sociedade civil. NOn hai información, non hai folla de ruta, non hai responsables públicos con iniciativa (concello, xunta, para que valen?).
Enviar um comentário