Será posible grazas a un proxecto pioneiro que contempra a construcción dunha central hidroeólica, cun coste de máis de 50 millóns de euros. O sistema consiste na transformación dunha fonte de enerxía intermitente nun suministro controlado e constante de electricidade. A iniciativa será desenvolta polo Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) e polo Cabildo Insular de El Hierro, e evitará a emisión á atmósfera de 18.700 toneladas ó ano de CO2.terça-feira, março 27, 2007
A illa de El Hierro (a máis pequena das Illas Canarias) será a 1ª do mundo en abastecerse ó 100% con enerxías renovables
Será posible grazas a un proxecto pioneiro que contempra a construcción dunha central hidroeólica, cun coste de máis de 50 millóns de euros. O sistema consiste na transformación dunha fonte de enerxía intermitente nun suministro controlado e constante de electricidade. A iniciativa será desenvolta polo Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) e polo Cabildo Insular de El Hierro, e evitará a emisión á atmósfera de 18.700 toneladas ó ano de CO2.domingo, março 25, 2007
arqueoloxia industrial
TICCIH is the international organisation for industrial archaeology and the industrial heritage. Its aim is to study, protect, conserve and explain the remains of industrialisation.TICCiH é a organización internacional dedicada a arqueoloxía industrial o patrimonio industrial. O seus obxectivos son estudiar, protexer, conservar e explicar os restos da era industrial.
imaxen: parque na cidade de Monterrey nunhas antigas instalacións siderúrxicas.
As Pontes hollywoodiense
Atopamos un video que nos congratula enormemente, porque se de algo precisamos no noso pobo é de ter boa prensa, que na lingua cotiá do mundo dos negocios de hoxe en día dise ter unha boa política de márketing, que é precisamente o que transmite o video da empresa de comunicación Intermedia. Preme para velo: As Pontes (video)
sábado, março 24, 2007
O derradeiro ultimatum á Necrópole da Mourela
Segundo unha nova publicada hoxe na Voz de Galicia esta semana remata a excavación arqueolóxica na Mourela e a seguinte semana o director do equipo deberá entrega-lo informe final valorativo da situación da Necrópole que será o documento a través do cal a Dirección Xeral de Patrimonio decidirá se conserva ou permite destruir a área na que se atopa o círculo lítico megalítico.sexta-feira, março 23, 2007
Día Internacional da Auga
Como cada ano dende 1992, o 22 de Marzal conmemórase o Día Mundial da Agua, un día de acción que este ano ten como lema "Afronta-la escasez de auga".Este ano preténdese profundizar na escasez da auga a nivel mundial e a necesidade de aumenta-la cooperación e a integración para garantizar unha xestión sostible, eficiente e equitativa dos recursos hídricos, tanto a escala internacional como local.
Dende Agenda 21 Local están a promover o bo uso dos recursos, especialmente arestora que estase a padecer a súa falla en moitos lugares e para previr un futuro máis que incerto no abastecemento incluso en lugares tan húmidos como Galicia. O mal uso da auga é un problema de todos, e o senso común é a mellor ferramenta que temos pra non verter nin unha pinga.
quinta-feira, março 22, 2007
Axudas económicas para paliar os efectos negativos do lobo
Estes días está sendo tema de debate as consecuencias negativas nas parroquias norteñas das Pontes, e entre as súas posibles solucións plantéxasen as batidas e as axudas os propietarios do gando ferido ou morto.Nós queremos aportar a este debate, a convocatoria aparecida o xoves 15 de marzo no Diario Oficial de Galicia (nº53, páxina 4.013) da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e encamiñada para os danos producidos polo lobo durante o ano 2.007.
Para consultar as bases das axudas: http://www.xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/953E?OpenDocument
O estrano museo Llonovoy

Todos recordamos eses xoguetes, que co tempo imos distribuindo neses lugares da memoria onde deixamos a infancia. Isto é un museo itinerante dos restos deses xoguetes que acabamos perdendo desfacendo ou tirando a basura. Unha gran escusa para pasar o rato. Clickea no titulo se o queres visitar; o millor algún dos xoguetes foi teu.
quarta-feira, março 21, 2007
Brutalidade de Mugabe en Zimbabwe
Dende a asociación AVAAZ.ORG anda a recoller sinaturas pedindo os principais socios comerciais de Zimbabwe -Sudáfrica e a Unión Europea- que endurezan as sancións contra Mugabe e outros dirixentes do seu rexime político.European Week of Media and Diversity

participan na Semana Europea dos Medios e a Diversidade. Esta é a cuarta
edición desta iniciativa creada por OnLine/More Colour in the Media (OLMCM),
a rede europea especializada en medios e diversidade con base en Holanda. O
obxectivo é promove-lo diálogo público sobre a representación de minorías nos
medios de Europa e fortalecer o “empoderamento” das audiencias multiculturais.
Os principais protagonistas destas iniciativas son asociacións, medios de
comunicación e grupos vinculados ó ámbito dos medios e a diversidade. Todos
eles traballando na consecución duns medios de comunicación que reflictan a
realidade social diversa incorporando a participación de xornalistas, editores e outros
profesionais dos medios, institucións locais e nacionais…
"Ninguén pode nega-lo impacto dos medios nas relacións entre as maiorías e
as minorías das nosas sociedades” expresou Ed Klute, director da rede
europea Online/More Colour in the Media.
Para obter máis información, por favor contacta con…
Online/More Colour in the Media · www.olmcm.org
María García (Communications Officer Europe): magarc@miramedia.nl
Martina Valdetara (European projects coordinator): mavalde@miramedia.nl.
Tel: +31-(0)30-2399035, Fax: +31-(0)30-2302975
terça-feira, março 20, 2007
temos transporte colectivo nas pontes
Damos a benvida a este novo servicio, pois hai moita xente que non pode conducir e se este sistema se implántese o 100% permitiríalles facer desprazamentos sen ter que depender de outras persoas. Tamén pode permitir deixar o vehículo privado na casa e desprazarse de unha maneira mais sostible.
Os veciños das Pontes poden usar desde onte os autobuses de transporte escolar para realizar os seus desprazamentos. Este proxecto chamase Tes+Bus.
Este servizo funcionará soamente os días, no horario de transporte escolar desde onte e ata final de curso e só en dúas rutas do colexio A Magdalena e instituto Moncho Valcárcel. Os usuarios poderán subir e baixar do bus en calquera das paradas previstas.
Durante o acto, o alcalde pontés, Víctor Guerreiro, propuxo aos delegados da Xunta que este servizo funcione nun futuro tamén polas tardes. De momento, é só un plan experimental cuxa continuidade dependerá dos resultados que se obteñan na campaña actual.
As Pontes é un dos doce concellos rurais seleccionados polas consellerías de Educación e Política Territorial para implantar un proxecto piloto denominado Tes+Bus. Consiste en pór a disposición dos cidadáns que o necesiten o servizo de transporte escolar, a condición de que queden prazas libres. O prezo do billete será sempre o mesmo, un euro. O obxectivo desta iniciativa é, segundo a Xunta, promocionar o transporte público colectivo nas zonas rurais, utilizando para iso os autobuses escolares.
As consellerías explicaron que este programa de transporte compartido non repercutirá no calidade do servizo escolar.
+info clica aqui. post by aar
+info clica
Ofertas de emprego do mes de Marzo
Os amigos da Asocición de Economía Social BRIANTE poñen a disposición dos ciber-desempregados ou dos que se atopan a procurar un mellor traballo, dunha listaxe de ofertas de emprego actualizadas neste mes de marzo. Sorte e ánimo, que non hai maior traballo que ter que buscalo.
A SGAE inventou o mp3
segunda-feira, março 19, 2007
II CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS DE AS PONTES
CONVOCOUse O II CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS: SE TEDES UNHA BOA IDEA EMPRESARIAL, NON O DUBIDEDES; PRESENTADE O VOSO PROXECTO, E PODEREDES OPTAR A ALGÚN DOS SEGUINTES PREMIOS:
-PREMIO LIDER AS PONTES
-PREMIO Á MELLOR IDEA
-PREMIO IDEA LIDER AS PONTES
-PREMIO ESPECIAL CENTROS DE ENSINANZA/FORMACIÓN
ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN NAS BASES DA CONVOCATORIA, OU EN CALQUERA DAS ENTIDADES QUE FORMAN PARTE DO CIR. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS REMATARÁ O VINDEIRO 30 DE OUTUBRO DE 2007.
info dende amigus a su vez de
domingo, março 18, 2007
incompativilidades. PP y PSdeG defienden el derecho de los alcaldes a tener intereses inmobiliarios
La actitud de los partidos políticos galegos ante los alcaldes y concejales que simultanean sus cargos con el desempeño de actividades privadas en el ámbito de la construcción o la promoción inmobiliaria está muy lejos de ser homogénea.Partido Popular y PSdeG no ven inconveniente, aunque con diferentes matices, el BNG cree que se trata de una práctica incompatible con el servicio público.
artigo do pais
sábado, março 17, 2007
La Unión, Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez
Segue lendo aquí a investigación de Xosé María López Fernández.
Búscase xente para acoller ós 53 participantes do intercambio con Lesneven
Os promotores desta cita procuran a familias dispostas a acoller aos 53 participantes de Lesneven. Os organizadores teñen habilitado o número de teléfono 662 393 596 para que os interesados poidan facer efectiva a súa colaboración e, sobre a mesma, explícase que estas familias terán preferencia en posibles novos intercambios.
Por outra parte, a Irmandade tamén informa de que ao final serán corenta persoas as que viaxarán o próximo vrao á poboación de Carmarthen, destino que aa delegación pontesa pretende coñecer entre o día 28 de xullo e a xornada do 4 de agosto.
sexta-feira, março 16, 2007
vivendas para xovenes (innovadoras)
As constructoras participantes no concurso teran que xuntarse cun arquitecto e redactar o proxecto en 3 semanas. Menos tempo que cando saen os concursos para os carteis da fraga ou o grelo. A Consellería de Vivenda anunciou onte o inicio do proceso de licitación para construír nas Pontes 32 pisos de réxime protexido para mozos e maiores. Neste sentido, a área dirixida pola nacionalista Teresa Táboas no Goberno galego ofrece un orzamento de 2,8 millóns de euros para executar a obra nun prazo de 24 meses.
Segundo o anuncio publicado onte no Diario Oficial de Galicia, as empresas que desexen presentar as súas ofertas para esta actuación deberán expor os seus proxectos antes das 14.00 horas do día 10 de abril na sede da Consellería de Vivenda e Solo, en Santiago. A mesa de contratación abrirá as propostas en acto público o 23 de abril.
O edificio estará situado na rúa Sergio Rivera Chao, albergará vivendas dun e dous dormitorios, de entre 40 e 57 metros cadrados, e no baixo un centro de día para maiores. As vivendas ocuparanse en réxime de aluguer.
imaxen: concurso centro de acojida inmigrantes, na Rambla do Rabal.
como trazan as infraestructuras galegas
Aínda estamos intentando entender como ninguén na administración se decatou de que o trazado da autovía ferrol-vilaba cargábase o outeiro da mourela e os seus restos paleolíticos.
El trazado del AVE entre A Coruña y Ferrol, o al menos el polémico tramo que atraviesa el municipio de Cambre, contra el que se han presentado unas 10.000 alegaciones, se diseñó sobre una cartografía de hace 14 años que no se ha actualizado.
segunda-feira, março 12, 2007
As Pontes de García Rodríguez e a destrución dun sitio arqueolóxico
O museólogo da Deputación da Coruña, así como arqueólogo e xestor cultural, Felipe Senén, publicou un artigo no periódico a Opinión este domingo, apoiando o colectivo de veciños que forman parte da Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes na súa reclamación da necesidade de construir un túnel para salvar os restos megalíticos alí ubicados, e no que retrata a súa visión do que está a acontecer na necrópolis da Mourela e, por outra banda, a desidia e deixadez política e cidadán dun pobo cuns dos maiores tesouros prehistóricos de Europa.
sábado, março 10, 2007
identidade
Um dos arquitectos que travalharom no projecto para a regeneraçom e o enchido da mina de Cospunden, na Alemanha (a que sempre nos amosam como referente para o nosso lago) estreia web e tem muitas imagens inspiradoras. Botade-lhe umha olhada a Florian Beigel.Florian travalha com os lugares com flexibilidade, a abrir caminhos, a sementar. A levar infra-estruturas e energias. Busca na história, nos processos de formaçom dum lugar. O seu travalho reforça a identidade, potencia a poética dos postos, sem complexos evitando caer assím na homogeneizaçom e controlo dos espaços públicos e as paisagens às que nos tenehem acostumados.
Para ver + sobre o projecto de Cospunden.
Deixamos um linque na barra lateral.
http://aru.londonmet.ac.uk/works/cospuden/
post by aar con axudas.
quarta-feira, março 07, 2007
o día da muller traballadora
terça-feira, março 06, 2007
Urbanismo descontrolado na Mariña Luguesa
As licenzas dos edificios que a Xunta de Galicia pretende anular nos Concellos de Foz e Barreiros seguen adiante, xa que aínda que un xulgado as declare ilegais, o máis seguro é que nunca chegan a derruírse os edificios.leer máis eiquí.
sábado, março 03, 2007
Calendario Marzo DZine
Sábado 3 MarzoOS CEMPÉS
Quédanos coma legado perpetuo doce anos de traxectoria, cinco elepés e unha vertixinosa concepción musical que os fixo merecedores dun posto de honra na historia da música folk.
Puntos de venda: Cervexeria Cardeballe (Narón), DISCOS M4 (Ferrol), O Marbella (As Pontes), Sobelaira (Moeche) e na propia sala.
Próximos concertos:
9 Marzo LA PEGATINA (rumba urbana - BCN) + BANDA POTEMKIM (mestizaxe - A Coruña)
http://www.lapegatina.com
10 Marzo TOKYO SEX DESTRUCTION (soul punk - BCN) + LOS RUINES (garage - Cerdido)
http://www.myspace.com/tokyosexdestruction
http://www.myspace.com/losruines
16 Marzo RUXE RUXE (rock bravú - Santiago)
www.ruxeruxe.com
17 Marzo Saint Patricks Day SETE RAPOSOS MORTOS (folk - Ferrol)
23 Marzo RAVE PARTY ANIMALS (industrial metal) + NEKROTECH (industrial metal - Vitoria)
www.myspace.com/rpanimals
www.nekrotech.com
24 Marzo ROBIN DE LOS ESTERCOLEROS Y SU ALEGRE BANDA DE PATAFISICOS
www.estercoleros.com
30 Marzo DIOS KE TE CREW
www.diosketecrew.com
quinta-feira, março 01, 2007
lobos
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=5597909&idioma=galego
domingo, fevereiro 25, 2007
Dark Embrace e Sepultura en concerto
sábado, fevereiro 24, 2007
a familia
Esta señora ten un chalé con piscina sobre un cantil que se asoma á praia da Carabuxeira e tras unha zona arboredo. Según numerosos colectivos a sua casa invade os 100 metros de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, ao atoparse a 75 metros do mar. Apuntan ca licenza que o Concello de Sanxenxo concedeulle no ano 1998 para a construción do chalé fíxose de xeito irregular.
quarta-feira, fevereiro 14, 2007
Un bo motivo para esquiar
Todos aqueles/as que se atopen esquiando polos Pirineos mañá xoves 15 de febreiro entre as 15:00 e as 16:00 horas terán o ocioso pracer de escoitar a entrevista sobor do "I concurso fotográfico de feísmo nas Pontes", e algunha opinion sobre a futura charqueira, que realizará Cadena Pirenaica de Andorra, dende o programa "Galicia mais cerca" ó camarada Ismael Blanco.
Os ecoloxistas diríxense a Bruxelas para que estude o caso de Endesa nas Pontes
da Voz de Galicia: "A Federación Ecoloxista Galega reiterou onte a súa oposición ao proxecto de inundación da mina das Pontes e anunciou que fará xestións ante a Unión Europea para que as autoridades comunitarias estuden a súa viabilidade. Considera que existen posibilidades de que o lago non consiga manter un nivel aceptable na calidade das súas augas e critica a importante detracción que sufrirá o río Eume durante os catro anos que se calcula que tardará en encherse o oco da explotación mineira.O portavoz da federación, José Luis Baleato, explicou que a importante cesión de caudal prexudicará á rexeneración do Eume, que, segundo dixo, empezaba a recuperarse coa presenza ata de lampreas e algún salmón: «queda co caudal ecolóxico, é claro que terá incidencia sobre estas especies». Os ecoloxistas cren que pode influír ata no marisqueo na desembocadura do río."
imaxén: unha das máquinas na mina a ceo aberto de "klettwitz-nord" coincidindo coa posta do sol. Instalación luminica do artista Hans-Peter Kuhn, hoxe esta máquina é un atractivo turístico.
terça-feira, fevereiro 13, 2007
CRÓNICA | Os veciños fronte ao peche da mina e o novo lago
árticulo de J. Casabella na voz de galicia recollendo diferentes opinión de veciños, concello e a compañia ENDESA sobre o futuro da mina e a sua "reutilización".o Javier de Diego comenta: «Ata vin un DVD sobre como se vai a formar o lago», según Casabella, Javier da benvida á posibilidade de novos empregos (neste caso relativos á posible explotación turística futura do lago); pensa que a enorme masa de auga fará aínda un pouco máis húmido o microclima da vila e mostra unha certa despreocupación polos efectos contaminantes da térmica: «A nós non nos toca -explica risueño-. A contaminación das Pontes chégalles antes aos ingleses».
o según Francisco Aréchaga (ENDESA): "No pobo todo o mundo coñece o proxecto e están esperando que o lago sexa unha realidade".
o un veciño opina: "Confianza completa non teño e será difícil que a auga quede limpa".
o unha veciña di: «En días como o de hoxe [baixas presións] creo que parte da contaminación queda aquí. Nótase nas fiestras, que quedan sucias cun po amarelado»
o según Víctor Guerreiro: "Este é un pobo cunha tradición industrial de hai moitos anos e aquí, ou que se mira é ou posto de traballo".
Na 1ª imaxe mostrase un detalle do plan urbanístico que se proxectou e estase a realizar (construíronse as infraestructuras de acceso o lago e máis a infraestructura pra poder recorrelo e máis servir de apoio a calquera edificación nova ...) no entorno do lago artificial de Cospuden, na rexión mineira de Leipizg (Alemania). Hoxe os veciños gozan de un lago aberto o público rodeado de amplos espacios de ocio, residenciais e de novas industrias limpas e outros equipamentos capaces de xerar emprego. Sen embargo, parece que non poideron evita-la acidificación das augas debido a oxidación de piritas que se atopaban en vertodoiros de materiais indutriais incontrolados, ou que chegan os lagos entre as augas que se filtran dende as escombreiras. As augas non están limpas como pensaban.
Antes de encher con auga oas minas da rexión, e de forma similar o que se fixo en Gales, formáronse fundacións co a participación das diversas administracións, empresas privadas e os colectivos cidadáns implicados para estudiar as novas oportunidades cos entornos das futuras lagoas ofrecían. Apartir das suas reflexións convocáronse concursos de ideas e escolléronse profesionais de recoñecido prestixio internacional para detallar e realizar as propostas.
post by aar
segunda-feira, fevereiro 12, 2007
domingo, fevereiro 11, 2007
Nace Rede Litoral Vivo
Entre as medidas que propugna esta plataforma de colectivos ecoloxistas debemos citar as seguintes:
o Prohibición dos desenvolvementos urbanísticos e industriais naqueles lugares onde non estean garantidos a depuración completa de augas residuais, o subministro enerxético e de auga ou que a sua construcion provoque un impacto ambiental ou paisaxístico negativo.
o Posta en marcha inmediata dunha moratoria que deteña as agresións no espazo marítimo-litoral e que permita a realización dunha Planificación Integral dos Usos do litoral no que se recollan todos os aspectos derivados da ocupación humana, do uso do medio mariño e dos seus recursos así como a previsión sostible da ocupación do mesmo.
o Saneamento integral das Rías contemplando mecanismos de depuración separada de augas industriais e urbanas para facilitar a reciclado das lamas e apostando por unha rede de depuradoras de tamaño reducido e situadas preto dos lugares de xeración das augas residuais.
Aplicación de amplos recortes nos desenvolvementos previstos polos Plans Xerais de Ordenación Urbana, os Plans Parciais e as modificacións de Normas Subsidiarias municipais.
o Derribo sistemático de toda construción ilegal.
o Moratoria na construción de paseos marítimos, portos deportivos e recheos fora das rías ate avaliar a súa necesidade, emprazamento e deseño. Prohibición da realización de ningún tipo de recheo dentro das rías xa que son ecosistemas moi fráxiles.
A Rede Litoral Vivo está integrada polos colectivos: Adega, Anduxía, Bouzas Móvete, Comité Cidadán de Defensa Para a Ría de Ferrol, Foro Social de Cangas, Fusquenlla, Plataforma Ártabra 21, Plataforma contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma pola Defensa das Illas Cíes, Salvemos Monteferro, Asociación O Carballal, Amigos da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega, Greenpeace, Luita Verde y Verdegaia.
post by aar
sábado, fevereiro 10, 2007
novo cursos no CGAC
- Taller sobre arquitectura sustentable Terapia Urbana, impartido polo equipo Ecosistemaurbano (Belinda Tato e José Luis vallejo).
Neste taller preténdese afondar, a través da creación dun proxecto, na activación de espazos urbanos abandonados ou degradados coas premisas de sustentabilidade, aproveitamento de materiais e recursos naturais. O proxecto que se constrúa finalmente será susceptible de aplicacións reais.
O taller ten un carácter práctico moi claro de aí que en número de horas sexa bastante intensivo, está dirixido a estudantes ou profesionais dos ámbitos da arquitectura, belas artes, xeografía, ambientalistas, xeógrafos/as, urbanistas, deseño, ecoloxistas... e todas aquelas persoas interesadas no ámbito do espazo urbán.
Datas: 7-9 marzo
- Taller impartido por Carmen Mazaira e Izaskun Chinchilla. Ao igual que no anterior taller, Proxecto dunha continxencia forma parte do contexto da exposición “Arquitectura contemporánea en Galicia” que terá lugar a finais de xuño no CGAC. As directoras do taller están interesadas en crear un grupo de participantes moi heteroxéneo formado por persoas interesadas no desenvolvemento urbano, estudantes, arquitectos, maiores que fan seguimento das obras da cidade, urbanistas, comerciantes, colectivos de mulleres... en definitiva, un grupo cidadán moi diverso co que poder reflexionar sobre os usos e compartamentos da cidade e deseñar, tomando como referencia esas reflexións, as bases dun concurso público.
Datas: 14-15 abril
Coordinadora: Virginia VIllar
As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Servizo de Actividades e Proxectos Educativos.
981 546 602/ 623
cgac.educacion@xunta.es / cgac.actividades@xunta.es
post by aar
sexta-feira, fevereiro 09, 2007
quarta-feira, fevereiro 07, 2007
firmas para apoiar o tunel que salvaría o xacemento da Mourela
A Plataforma Cidadá en Defensa do Patrimonio das Pontes e o colectivo ecoloxista ADEGA, xunto con diversas asociacións do tecido social das Pontes están a recoller sinaturas para esixírlle a COTOP (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes) que tome a decisión de construír un túnel que evite a destrucción da necrópole, e así mesmo, que continúe o seu estudo, reconstrucción e posta en valor do xacemento milenario.
Para máis información e para asinar en apoio desta proposta pincha neste enlace
http://www.amigus.org/mourela.php
TEXTO EN CASTELLANO:
La Plataforma Ciudadana en Defensa del Patrimonio de As Pontes (A Coruña) y el colectivo ecologista ADEGA, junto con diversas asociaciones del tejido social de As Pontes se encuentran recogiendo firmas para esigirle a la COTOP (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y Transportes, de la Xunta de Galicia) que tome la decisión de construír un túnel que evite la destrucción de la Necrópolis de la Mourela, al tiempo que continué con su estudio, y se lleva a cabo una reconstrucción y puesta en valor del yacimiento milenario.
Para más información y para firmar en apoio de esta propuesta pincha en este enlace:
http://www.amigus.org/mourela.php
terça-feira, fevereiro 06, 2007
Diana Varela recibiu o premio de poesía Uxío Novoneyra
segunda-feira, fevereiro 05, 2007
Testimonios gráficos do feísmo en As Pontes
domingo, fevereiro 04, 2007
reclaman sitio onde estudar
sábado, fevereiro 03, 2007
Fuco Buxán
A Asociación Cultural Fuco Buxán prepara en Ferrol unha homeaxe a Issac Díaz Pardo e Luís Seoane conformada por diversos actos e actividades. Esta asociación de ideoloxía socialista e cuxo nome provén do poema de Celso Emilio Ferreiro: "Carta a Fuco Buxán", dispón do Programa dos Actos que se desenvolverán durante os meses de Febreiro e Marzo na súa web.
último aviso
O independent explicanos a que se refiren cientificos cando falan de caos climático, iso ca prensa, as multinacionais e as administracios chaman cambio climático:+2.4°: Coral reefs almost extinct.
+3.4°: Rainforest turns to desert.
+4.4°: Melting ice caps displace millions (as duas castelas e todo sur de españa xa son deserto, deserto).
+5.4°: Sea levels rise by five metres.
+6.4°: Most of life is exterminated.
lee o artigo completo (se alguén quere unha tradución deixe eiqui unha mensaxe) post by aar
sexta-feira, fevereiro 02, 2007
Amnistía Internacional
Unha das cousas que máis chamou a atención, é a súa forma de financiamento, xa que non aceptan cartos (nin en forma de donativos) de ningún organismo público de ningún país de mundo. Polo que o seu orzamento cíñese as cotas dos socios, que só en España contaba do ano 2.006 con 43.000. Esta forma de actuar, blinda á organización de presións económicas que imposibilitarían a súa imparcialidade e a súa arbitrariedade. Ogallá esta medida fose corrente na maioría das ONGs, ONGd ou ONL.
Aquí colgamos un enlace para actuar nas súas derradeiras campañas en activo: Amnistía Internacional
David Doubilet
1.000 Mw menos
+O consumo eléctrico en España reduciuse en 1.000 MW entre as 19.50 e as 20 horas de onte. gracias.+Todo-los nenos do Reino Unido recibiran clases nas escolas sobre os efectos do caos climatico e sobre o que eles e as suas familias poden facer para reducir as suas emisión para tratar de por freo a este proceso:
"Pupils will also be taught to understand their responsibilities as consumers - and weigh up whether they should avoid travel by air to reduce CO2 emissions and shun food produce imported from the other side of the world because of its impact on pollution."
+Un lobby estadounidense fundado por una de las mayores petroleras del mundo (exxon) y ceracno a Bush ha ofrecido a científicos y economistas 10.000 dólares para minar el informe sobre cambio climático de la ONU que se ha difundido hoy en París. Informa hoy el periódico británico The Guardian.



