A chegada de poboación estranxeira á comarca de Ferrolterra aumentou de xeito substancial durante o último exercicio. Algo máis de 800 persoas procedentes de fóra de España inscribíronse nos padróns municipais da zona, aos que hai que sumar outros 90 no Ortegal e case un centenar no Eume. En total, case un milleiro máis de veciños que supoñen un 25% máis que no exercicio precedente, por encima das porcentaxes para o total de Galicia, que se quedaron nun 21% de ascenso.
Con ese milleiro máis, o movemento de poboación procedente do exterior é o maior que se produce na comarca nos últimos vinte anos, que é o tempo que rexistra o Instituto Galego de Estatística (IGE), que que acaba de facer públicos os datos de balence demográfico na comunidade. Pon de relevo así unha realidade que os concellos comezan agora a planificar; porque unha gran maioría deles son novos cidadáns, e unha porcentaxe pequena é poboación de volta ao que era o seu lugar de orixe, é dicir, emigrantes retornados.
Ese alza procede principalmente pola chegada de foráneos aos concellos de Narón e de Ferrol (ver táboa anexa) porque só estes dous municipios absorben máis da metade da poboación inmigrante contabilizada nas tres comarcas. Pero tamén é notable o caso de Cedeira ou o de Ares.
Nova completa na Voz
domingo, setembro 30, 2007
100 novos traballadores inmigrantes elixiron a comarca do Eume para asentarse durante o ano 2.006
Etiquetas:
comarca do eume,
emprego,
multiculturalismo
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário