terça-feira, setembro 18, 2007

A Irmandade abre o prazo de inscripción en cursos de idiomas


A asociación ofrece as modalidades de iniciación e perfeccionamento.

A irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen organiza unha nova edición dos cursos de lingua francesa e inglesa, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, e dirixidos tanto a adultos como a escolares. As clases de francés terán lugar os sábados de 10.00 a 13.30 horas e as de inglés, os martes e xoves de 20.00 a 21.30 horas.
Os dous cursos impartiranse na Casa Dopeso, xa que a asociación carece de local propio. A Irmandade fixou como requisito para o inicio das clases que se inscriban un mínimo de seis alumnos por grupo. A presentación dos cursos de inglés está prevista para o 27 de setembro, ás oito da tarde en casa Dopeso e a dos de francés, para o 29.

As persoas que desexen solicitar máis información poden chamar ao número de teléfono 662 393 596. A asociación pontesa tamén está traballando na organización doutras actividades culturais, así como no encontro Lesneven 2007, para o que xa abriu o prazo de inscrición. Os interesados en participar no intercambio coa cidade bretoa poden chamar ao mesmo número de teléfono.

Sem comentários: