sábado, setembro 22, 2007

A UNESCO declara reserva da biosfera a ría de Ribadeo


Galicia xa ten unha cuarta reserva da biosfera declarada pola UNESCO. O territorio integrado por catorce concellos (sede do lado galego e sete do asturiano) da ría de Ribadeo e Terras de Burón, na provincia de Lugo, recibiu onte esta distinción en París, onde estaba reunido o comité do programa “Home e Biosfera” da UNESCO. Agora, para xestionar este espazo, as dúas comunidades autónomas deberán crear un consorcio conxunto.


Sem comentários: