Esta iniciativa elabórase de forma conxunta pola Confederación Hidrográfica do Norte e o Concello de Lugo. Con este proxecto auméntase a cantidade de auga potable dispoñible para o sistema de abastecemento e optimízase o uso da auga depurada de forma sostible e ecolóxica.
O alcalde de Lugo e o presidente de Acuanorte asinaron o protocolo de colaboración para a acometida desta ampliación.
Optimizará do emprego da auga depurada da nova EDAR para usos urbanos e estudarase o uso de enerxía solar para abaratar os custos do bombeo.
A segunda fase mellorará tamén a capacidade de almacenamento de auga de Lugo ao construír un novo depósito en Penarrubia e outro no Ceao.
Sem comentários:
Enviar um comentário