Segundo publica hoxe o xornal da Voz de Galicia, o goberno local das Pontes (PSOE) solicitou á Vicepresidencia da Xunta a construción dun centro xeriátrico público. Así llo puxeron de manifesto as concelleiras Montserrat García e Eva Conde á delegada provincial Tareixa Novo durante un encontro mantido antonte. Na mesma entrevista, as edís pediron a Novo que axilizase os permisos que debe outorgar o seu departamento para a posta en funcionamento das novas dependencias da escola infantil, cuxas obras acabaron recentemente.
Ademais, García e Conde interesáronse polo proxecto de pisos de protección oficial, pendente de adxudicación.
Sem comentários:
Enviar um comentário