A Asociación Memoria Histórica Democrática presentará o libro Retallos dá memoria o vindeiro xoves na Biblioteca Municipal de Narón, ás 20.00 horas.A obra, dunhas 200 páxinas, componse de oito historias de veciños da comarca, xente non relevante con algo que contar. Entre elas, está a do debuxante Siro López contada pola súa irmá, «unha crónica preciosa e emotiva», segundo o presidente da asociación, Manuel Fernández .
Aínda que é a primeira publicación desta organización, aseguran que lle seguirán máis, a medida que as familias conten as súas historias.
«Retallos da Memoria» é unha iniciativa da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática que pretende trazar, a traverso de súas lembranzas ou das dos seus familiares e achegados, apuntes biográficos de xentes que desde as máis diversas posicións enfrontaron o levantamento fascista de 1936 e sofriron a represión en carne propia e -as máis das veces- tamén na de súas familias.
Este libro contén as historias de:
1 .- A FAMILIA DE RUDESINDO DÍAZ BECEIRO E BENIGNA CORRAL YÁÑEZ (e morte de seu fillo Rudesindo Díaz Corral).
2 .- A FAMILIA CARRODEGUAS.
3 .- FELIPE NOGUEROL OTERO.
4 .- PLÁCIDO CARRO SERANTES.
5 .- MODESTO DEL RÍO.
6 .- MANUEL LANDEIRA MANEIROS.
7 .- DAVID FERNÁNDEZ DOPICO.
8 .- ANTÍA PEÑA DÍAZ.
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
- Ateneo Ferrolán, 202-204. 15001 Ferrol
memoriahistoricademocratica@gmail.com
http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Sem comentários:
Enviar um comentário