sábado, janeiro 28, 2006

o día 28, estaremos no Lizeo de Betanzos

Este sábado, día 28, estaremos no Lizeo (sala azul) de Betanzos, ás 20:00 horas, invitados pola Asociación Cultural "Bernardo Miño" de Betanzos.
O coloquio tratará sobor o "Campo de extermio de Auschwitz-Birkenau" (Polonia). Como xa sabedes 7 membros da asociación foron visita-lo durante o mes de agosto do 2005; e aproveitando os documentos videográficos e fotográficos recollidos, así como as súas observacións e sensacións alí sentidas, farán unha presentación do horror, que todavía 60 anos despois do seu peche, podese sentir alí dentro.
Como xa sabedes houbo tres campos principais e trinta e nova campos subalternos. Os tres campos principais foron:
Auschwitz I, o campo de concentración orixinal que servía de centro administrativo para todo o complexo. Neste campo morren preto de 70.000 intelectuais polacos e
prisioneiros de guerra soviéticos.
Auschwitz II (Birkenau), un campo de exterminio e o lugar donde morreron aproximadamente un millón de
xudeos e preto de 19.000 xitanos.
Auschwitz III (Monowitz), empregado como campo de traballo
escravo para a empresa IG Farben.
Se calquera estivera interesado no DVD ou nas fotografías alí tomadas, pero non poidese desprazarse ata Betanzos, só ten que poñerse en contacto con nós, vía mail ou chamando a algún dos socios.

Sem comentários: