Videos da festa da fraga

Loading...

domingo, fevereiro 25, 2007

Dark Embrace e Sepultura en concerto

Aproveitamos a ocasión para promocionar o bolo que ofrecerá coa sua banda Dark Embrace o noso compañeiro Sebas, o cal ten unha oportunidade de ouro para ofrecer o seu enorme talento ante os recoñecidos brasileiros de Sepultura. Moita sorte, bo amigo.

sábado, fevereiro 24, 2007

a familia

A actual xefa de costas legalizóu un chalé na praía ao edil de Urbanismo de Sanxenxo (pepe). O informe de Cristina de Paz permitiu o seu colega construir nunha zona de dominio público.

Esta señora ten un chalé con piscina sobre un cantil que se asoma á praia da Carabuxeira e tras unha zona arboredo. Según numerosos colectivos a sua casa invade os 100 metros de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, ao atoparse a 75 metros do mar.
Apuntan ca licenza que o Concello de Sanxenxo concedeulle no ano 1998 para a construción do chalé fíxose de xeito irregular.

quarta-feira, fevereiro 14, 2007

Un bo motivo para esquiar

Todos aqueles/as que se atopen esquiando polos Pirineos mañá xoves 15 de febreiro entre as 15:00 e as 16:00 horas terán o ocioso pracer de escoitar a entrevista sobor do "I concurso fotográfico de feísmo nas Pontes", e algunha opinion sobre a futura charqueira, que realizará Cadena Pirenaica de Andorra, dende o programa "Galicia mais cerca" ó camarada Ismael Blanco.

Os ecoloxistas diríxense a Bruxelas para que estude o caso de Endesa nas Pontes

da Voz de Galicia: "A Federación Ecoloxista Galega reiterou onte a súa oposición ao proxecto de inundación da mina das Pontes e anunciou que fará xestións ante a Unión Europea para que as autoridades comunitarias estuden a súa viabilidade. Considera que existen posibilidades de que o lago non consiga manter un nivel aceptable na calidade das súas augas e critica a importante detracción que sufrirá o río Eume durante os catro anos que se calcula que tardará en encherse o oco da explotación mineira.
O portavoz da federación, José Luis Baleato, explicou que a importante cesión de caudal prexudicará á rexeneración do Eume, que, segundo dixo, empezaba a recuperarse coa presenza ata de lampreas e algún salmón: «queda co caudal ecolóxico, é claro que terá incidencia sobre estas especies». Os ecoloxistas cren que pode influír ata no marisqueo na desembocadura do río."


imaxén: unha das máquinas na mina a ceo aberto de "klettwitz-nord" coincidindo coa posta do sol. Instalación luminica do artista Hans-Peter Kuhn, hoxe esta máquina é un atractivo turístico.

terça-feira, fevereiro 13, 2007

CRÓNICA | Os veciños fronte ao peche da mina e o novo lago

árticulo de J. Casabella na voz de galicia recollendo diferentes opinión de veciños, concello e a compañia ENDESA sobre o futuro da mina e a sua "reutilización".

o Javier de Diego comenta: «Ata vin un DVD sobre como se vai a formar o lago», según Casabella, Javier da benvida á posibilidade de novos empregos (neste caso relativos á posible explotación turística futura do lago); pensa que a enorme masa de auga fará aínda un pouco máis húmido o microclima da vila e mostra unha certa despreocupación polos efectos contaminantes da térmica: «A nós non nos toca -explica risueño-. A contaminación das Pontes chégalles antes aos ingleses».
o según Francisco Aréchaga (ENDESA): "No pobo todo o mundo coñece o proxecto e están esperando que o lago sexa unha realidade".
o un veciño opina: "Confianza completa non teño e será difícil que a auga quede limpa".
o unha veciña di: «En días como o de hoxe [baixas presións] creo que parte da contaminación queda
aquí. Nótase nas fiestras, que quedan sucias cun po amarelado»
o según Víctor Guerreiro: "Este é un pobo cunha tradición industrial de hai moitos anos e aquí, ou que se mira é ou posto de traballo".

Na 1ª imaxe mostrase un detalle do plan urbanístico que se proxectou e estase a realizar (construíronse as infraestructuras de acceso o lago e máis a infraestructura pra poder recorrelo e máis servir de apoio a calquera edificación nova ...) no entorno do
lago artificial de Cospuden, na rexión mineira de Leipizg (Alemania). Hoxe os veciños gozan de un lago aberto o público rodeado de amplos espacios de ocio, residenciais e de novas industrias limpas e outros equipamentos capaces de xerar emprego. Sen embargo, parece que non poideron evita-la acidificación das augas debido a oxidación de piritas que se atopaban en vertodoiros de materiais indutriais incontrolados, ou que chegan os lagos entre as augas que se filtran dende as escombreiras. As augas non están limpas como pensaban.

Antes de encher con auga oas minas da rexión, e de forma similar o que se fixo en Gales, formáronse fundacións co a participación das diversas administracións, empresas privadas e os colectivos cidadáns implicados para estudiar as novas oportunidades cos entornos das futuras lagoas ofrecían. Apartir das suas reflexións convocáronse concursos de ideas e escolléronse profesionais de recoñecido prestixio internacional para detallar e realizar as propostas.

imaxen arriba, plano de ARU (architectural research unit ). A foto inferior mostra as novas escaleiras mecanicas, ocupando o lugar das cintas transportadoras do carbón, que dan acceso a un edificio; reforma das antiguas instalación mineiras en centro de visitantes . proxecto de OMA.

post by aar

domingo, fevereiro 11, 2007

Nace Rede Litoral Vivo

18 colectivos únense para defender o litoral galego.

Entre as medidas que propugna esta plataforma de colectivos ecoloxistas debemos citar as seguintes:
o Prohibición dos desenvolvementos urbanísticos e industriais naqueles lugares onde non estean garantidos a depuración completa de augas residuais, o subministro enerxético e de auga ou que a sua construcion provoque un impacto ambiental ou paisaxístico negativo.
o Posta en marcha inmediata dunha moratoria que deteña as agresións no espazo marítimo-litoral e que permita a realización dunha Planificación Integral dos Usos do litoral no que se recollan todos os aspectos derivados da ocupación humana, do uso do medio mariño e dos seus recursos así como a previsión sostible da ocupación do mesmo.
o Saneamento integral das Rías contemplando mecanismos de depuración separada de augas industriais e urbanas para facilitar a reciclado das lamas e apostando por unha rede de depuradoras de tamaño reducido e situadas preto dos lugares de xeración das augas residuais.
Aplicación de amplos recortes nos desenvolvementos previstos polos Plans Xerais de Ordenación Urbana, os Plans Parciais e as modificacións de Normas Subsidiarias municipais.
o Derribo sistemático de toda construción ilegal.
o Moratoria na construción de paseos marítimos, portos deportivos e recheos fora das rías ate avaliar a súa necesidade, emprazamento e deseño. Prohibición da realización de ningún tipo de recheo dentro das rías xa que son ecosistemas moi fráxiles.

A Rede Litoral Vivo está integrada polos colectivos: Adega, Anduxía, Bouzas Móvete, Comité Cidadán de Defensa Para a Ría de Ferrol, Foro Social de Cangas, Fusquenlla, Plataforma Ártabra 21, Plataforma contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma pola Defensa das Illas Cíes, Salvemos Monteferro, Asociación O Carballal, Amigos da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega, Greenpeace, Luita Verde y Verdegaia.

post by aar

sábado, fevereiro 10, 2007

novo cursos no CGAC

Infórmovos de que próximamente desenvolveranse no CGAC, dous talleres de artista en relación á arquitectura e os espazos urbanos:

- Taller sobre arquitectura sustentable Terapia Urbana, impartido polo equipo Ecosistemaurbano (Belinda Tato e José Luis vallejo).
Neste taller preténdese afondar, a través da creación dun proxecto, na activación de espazos urbanos abandonados ou degradados coas premisas de sustentabilidade, aproveitamento de materiais e recursos naturais. O proxecto que se constrúa finalmente será susceptible de aplicacións reais.

O taller ten un carácter práctico moi claro de aí que en número de horas sexa bastante intensivo, está dirixido a estudantes ou profesionais dos ámbitos da arquitectura, belas artes, xeografía, ambientalistas, xeógrafos/as, urbanistas, deseño, ecoloxistas... e todas aquelas persoas interesadas no ámbito do espazo urbán.

Datas: 7-9 marzo

- Taller impartido por Carmen Mazaira e Izaskun Chinchilla. Ao igual que no anterior taller, Proxecto dunha continxencia forma parte do contexto da exposición “Arquitectura contemporánea en Galicia” que terá lugar a finais de xuño no CGAC. As directoras do taller están interesadas en crear un grupo de participantes moi heteroxéneo formado por persoas interesadas no desenvolvemento urbano, estudantes, arquitectos, maiores que fan seguimento das obras da cidade, urbanistas, comerciantes, colectivos de mulleres... en definitiva, un grupo cidadán moi diverso co que poder reflexionar sobre os usos e compartamentos da cidade e deseñar, tomando como referencia esas reflexións, as bases dun concurso público.

Datas: 14-15 abril

Coordinadora: Virginia VIllar

As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Servizo de Actividades e Proxectos Educativos.
981 546 602/ 623
cgac.educacion@xunta.es / cgac.actividades@xunta.es

post by aar

quarta-feira, fevereiro 07, 2007

firmas para apoiar o tunel que salvaría o xacemento da Mourela

A Plataforma Cidadá en Defensa do Patrimonio das Pontes e o colectivo ecoloxista ADEGA, xunto con diversas asociacións do tecido social das Pontes están a recoller sinaturas para esixírlle a COTOP (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes) que tome a decisión de construír un túnel que evite a destrucción da necrópole, e así mesmo, que continúe o seu estudo, reconstrucción e posta en valor do xacemento milenario.

Para máis información e para asinar en apoio desta proposta pincha neste enlace
http://www.amigus.org/mourela.php

TEXTO EN CASTELLANO:

La Plataforma Ciudadana en Defensa del Patrimonio de As Pontes (A Coruña) y el colectivo ecologista ADEGA, junto con diversas asociaciones del tejido social de As Pontes se encuentran recogiendo firmas para esigirle a la COTOP (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y Transportes, de la Xunta de Galicia) que tome la decisión de construír un túnel que evite la destrucción de la Necrópolis de la Mourela, al tiempo que continué con su estudio, y se lleva a cabo una reconstrucción y puesta en valor del yacimiento milenario.

Para más información y para firmar en apoio de esta propuesta pincha en este enlace:
http://www.amigus.org/mourela.php

terça-feira, fevereiro 06, 2007

Diana Varela recibiu o premio de poesía Uxío Novoneyra

O concelleiro de Cultura das Pontes, Hixinio Adega, fixo entrega a Diana Varela do premio de poesía Uxío Novoneyra, convocado polo Concello con carácter bienal, non transcurso dun acto institucional que se celebrou ou venres pola noite na Casa Dopeso. Varela, avogada de profesión, gañou 5.000 euros coa súa obra titulada Xardín de palabras.

segunda-feira, fevereiro 05, 2007

Testimonios gráficos do feísmo en As Pontes

La Voz de Galicia publicou hoxe no seu diario dixital no apartado de FOTOS DE DENUNCIA, unha referencia o "I Concurso Fotográfico de Feísmo", facendo unha especial mención os nosos 3 galardonados: Ana Belén Ardao, Carolina Leal e David Cabarcos.

domingo, fevereiro 04, 2007

sábado, fevereiro 03, 2007

Fuco Buxán

A Asociación Cultural Fuco Buxán prepara en Ferrol unha homeaxe a Issac Díaz Pardo e Luís Seoane conformada por diversos actos e actividades. Esta asociación de ideoloxía socialista e cuxo nome provén do poema de Celso Emilio Ferreiro: "Carta a Fuco Buxán", dispón do Programa dos Actos que se desenvolverán durante os meses de Febreiro e Marzo na súa web.

último aviso

O independent explicanos a que se refiren cientificos cando falan de caos climático, iso ca prensa, as multinacionais e as administracios chaman cambio climático:
+2.4°: Coral reefs almost extinct.
+3.4°: Rainforest turns to desert.

+4.4°: Melting ice caps displace millions (as duas castelas e todo sur de españa xa son deserto, deserto).
+5.4°: Sea levels rise by five metres.
+6.4°: Most of life is exterminated.

lee o artigo completo (se alguén quere unha tradución deixe eiqui unha mensaxe)
post by aar

sexta-feira, fevereiro 02, 2007

Amnistía Internacional

Dende Choiva Azeda sempre apoiamos "a morte" (é unha forma de falar) a Amnistía Internacional. Fai poucos anos tiveron a ben que os invitasemos a As Pontes, e aquí se plantou a súa delegación da Coruña. Visita que se plasmou nunha conferencia sobre a situación dos Dereitos Humáns no Iraq dende a súbida ó poder (do xa cadáver) Sadam Husseim e ata a situación de caos deixada pola liberación-invasión occidental.
Unha das cousas que máis chamou a atención, é a súa forma de financiamento, xa que non aceptan cartos (nin en forma de donativos) de ningún organismo público de ningún país de mundo. Polo que o seu orzamento cíñese as cotas dos socios, que só en España contaba do ano 2.006 con 43.000. Esta forma de actuar, blinda á organización de presións económicas que imposibilitarían a súa imparcialidade e a súa arbitrariedade. Ogallá esta medida fose corrente na maioría das ONGs, ONGd ou ONL.

Aquí colgamos un enlace para actuar nas súas derradeiras campañas en activo: Amnistía Internacional

David Doubilet

David Doubilet é -para os que non o coñezan- un dos más importantes fotógrafos submariños do mundo. As súas imaxes non deixan indiferentes no seu camiño, mostrando a beleza extrema da natureza acuática, e os seres que a habitan. Enlace: David Doubilet

1.000 Mw menos

+O consumo eléctrico en España reduciuse en 1.000 MW entre as 19.50 e as 20 horas de onte. gracias.

+
Todo-los nenos do Reino Unido recibiran clases nas escolas sobre os efectos do caos climatico e sobre o que eles e as suas familias poden facer para reducir as suas emisión para tratar de por freo a este proceso:

"Pupils will also be taught to understand their responsibilities as consumers - and weigh up whether they should avoid travel by air to reduce CO2 emissions and shun food produce imported from the other side of the world because of its impact on pollution."

+
Un lobby estadounidense fundado por una de las mayores petroleras del mundo (exxon) y ceracno a Bush ha ofrecido a científicos y economistas 10.000 dólares para minar el informe sobre cambio climático de la ONU que se ha difundido hoy en París. Informa hoy el periódico británico The Guardian.