Videos da festa da fraga

Loading...

segunda-feira, fevereiro 05, 2007

Testimonios gráficos do feísmo en As Pontes

La Voz de Galicia publicou hoxe no seu diario dixital no apartado de FOTOS DE DENUNCIA, unha referencia o "I Concurso Fotográfico de Feísmo", facendo unha especial mención os nosos 3 galardonados: Ana Belén Ardao, Carolina Leal e David Cabarcos.

4 comentários:

Anónimo disse...

Despois de leer o artigo na Voz de hoxe, pareceme que o diario comete un erro.

A exposicion e "Feísmo nas Pontes" e eles falan de "Feo es la expresion que mejor ejemplifica los males que aquejan al urbanismo das Pontes y gallego" (Estes non foron a Allariz, non coñecen Ares, nin Mondoñedo )

Eu penso que As Pontes e o máis feo que podemos encontrar en Galicia , xunto con Marín , pero da provincia da Coruña si facemos unha votacion ..... gaña As Pontes fixo

De todos modos, a anécdota esta sirveu para que eu coñecera a vosa páxina, que pareceme que está moi ben en contido .Na forma permitideme que vos diga que ese galego lusitanizado que utilizades ... en fin ( o das feiras e exclusivo de Portugal, por exemplo), penso que e pasarse un pouco.

Pese a todo, agora que xa os coñezo visitarei a vosa páxina de novo.

Unha preguntiña .... ¿Hai algun estudios feito sobre os apelidos "Ramil" ou "Illade"
Interesaríame saber algo destas especies ,
Noraboa ós premiados .Un saúdo

Garcia Maron, Maria Loreto

Anónimo disse...

Ola María, creo que antes de facer unha crítica hai que pararse a pensar un pouco, e non dicir, o primeiro que se che pasa pola testa.

A noticia da Voz de Galicia di literalmente o que cremos: "feo é a expresión que millor exemplifica os males que aqueixan o urbanismo pontés e galego". Sí, así é.

Os males poden resumirse en feísmo; ninguén está a falar de que o urbanismo en galicia sexa en todos os casos unha barbarie.
Ti falas de tres casos, bondades que ti pos de referencia dalgún concello, que ten plans municipais que protexeron, a través da conservación e restauración os seus cascos históricos. Eses son exemplos a seguir, o de Ares, xa non o teño tan claro, menos que edificar a pé de praia sexa o paradigma de sustentabilidade para ti.

Con respecto a que As Pontes é o máis feo de Galicia ou provincia, perdoa que che diga, de que tes que volver a As Pontes. Por qué ti que coñeces das Pontes?

Para comezar, As Pontes é o municipio máis grande de Coruña, con 250 quilómetros cadrados, ti coñeces as parroquias. Coñeces o Parque Natural das Fragas do Eume, coñeces o Caxado, a Serra da Faladoira,a Carballeira, o parque da Fraga...vou ficar, pero hai para largo.
En canto o núcleo urbano, é certo que é un desastre na súa planificación e aqueixado de abandono institucional e cidadán, por elo, facemos o concurso: para chamar a reflexión ás conciencias benintencionadas, de que é preciso reformarse.

Facemos crítica, pero non destructiva, é coñecemos casos en Galicia moito máis sangrantes urbanísticamente, casos hai arreo, sobre todo no litoral.
E a nós gústanos o noso pobo, porque o coñecemos, e está pragado de belos rincóns e espazos para disfrutar. Cando queiras amósochos.

E xa para rematar, a túa opinión de que é pasarse un pouco por ter o formato da nosa páxina web en portugués.... mira maría, poñemo-la así 1º por que nos da a gana de facelo, 2º porque blogspot non dispón do galego e a lingua máis parecida que existe é o portugúes, e 3º porque é mellor lusitanizar o galego, que non castrapealo. non che parece? Ou temos que pedir permiso para emprega-lo portugués, seguro que se fora en français ou english semellaríamos moito máis chic, non? Pois somos igual de bos ou malos usando a lingua de Camoes e de Saramago.

Nada máis, e encantado de que che prestara a nosa bitácora e o concurso.

saúdos azedos

Ismael Blanco

Anónimo disse...

Leo o comentario de Maria e cabreome, ¿porque sera?. Bueño teño que tranquilizarme.
De donde sera esta tipa que lle chama a As Pontes "o concello mais feo da Coruña"? Pois finamente, digoche, que te quedes no teu fermoso concello, e non veñas por aqui, non vaia a ser que te contaxies.
en segundo lugar, so che faltou recomendar que se use o castelan no blog, porque, xa che vale. Esta xente usa o idioma que lle peta, e punto.
por certo eu presentei fotos no concurso, autenticas aberracions urbanisticas, pero dende logo de ningun modo creo que o problema sexa As Pontes, e se non entrade no enlace http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=100000118184, e xa veredes o que e feismo en galiza.

J.A.Blanco

Anónimo disse...

Vaites, vaites.Parece que alguen cabreouse.Pido desculpas dende Cabanas (onde tamen hai moito que rañar) E, por suposto que eu referíame a paisaxe urbana nas Pontes . non a todos eses sitios fermosísimos dos que falabas .
Sintoo, disculpas outra vez a quen se sentira agraviado coas miñas verbas.>Grazas