Videos da festa da fraga

Loading...

quinta-feira, agosto 31, 2006

ÚLTIMA HORA: paralisada a urbanización da Frouxeira!

unha boa:
según a web de ADEGA: paralisada a urbanización da Frouxeira!
outra mala:
+ construccións ilegais: agora no Parque Natural de Corrubedo...
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=242&Itemid=2

quarta-feira, agosto 30, 2006

hai que paralos... a frouxeira

"As leis deben ser iguais para todos", avisan desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, laiándose de que unha promotora inmobiliaria semelle ir triunfar na súa intención de levantar unha urbanización a pé da praia da Frouxeira, en Valdoviño, en terreos incluídos na Rede Natura de espazos protexidos. Os ecoloxistas insisten en acelerar os mecanismos necesarios para que deixen de producirse este tipo de agresións medioambientais nas costas galegas.

"A Lei de Protección da Paisaxe Galega, que verá a luz en 2007 e o Plano Reitor de Usos da Costa anunciado para este ano, poden chegar tarde se non se declara unha moratoria urbanística xa", advirten desde a delegación Trasancos da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Insisten en que hai que evitar que noutras zonas da costa "para onde aínda non hai protección legal aínda que teñan un alto valor paisaxístico" se poidan levar a cabo actuacións que "deteriorarán de xeito irreversíbel o litoral".

De xeito concreto, a denuncia de Adega sinala desta volta a obra que se estaría facendo en terreos incluídos no Lugar de Interese Comunitario da Costa Ártabra, incluído na Rede Natura 2000, en hábitats considerados de atención prioritaria pola Unión Europea. Expoñen por iso o seu "rexeitamento á urbanización que a promotora Construccións Rías Galegas está construíndo na praia da Frouxeira, no concello de Valdoviño" (gobernada por centristas de valdoviño), complexo residencial "afectado pola Lei de Costas e situado a poucos metros da dobre muralla do castro da Frouxeira".

Piden por isto que se proceda "á súa inmediata paralización, tamén por cuestións de xustiza social". "Sería inxusto que nun espazo protexido pola Directiva de Hábitats da UE, pola Lei de Costas do Estado e pola Lei do Patrimonio Cultural de Galiza, alén das normas subsidiarias provinciais, no que por razóns obvias existen importantes restriccións ás construccións, un promotor inmobiliario poidera facer o que non poden os propios veciños".

da web de vieiros.
+ http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=241&Itemid=2
+ http://www.elmundo.es/suplementos/suvivienda/2006/438/1144360812.html

alguén viu o proxecto de rexeneración da Mina???

29/08/2006. artículo da voz de galicia ferrol . A Sociedade Galega de Historia Natural oponse ao futuro lago da mina de Endesa.

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) manifestou onte o seu rexeitamento ao proxecto de Endesa para rexenerar o oco mineiro das Pontes enchéndoo de auga procedente, na súa maioría, do río Eume, a partir do 2008. A empresa iniciou fai dúas semanas as primeiras obras hidráulicas.

A SGHN explicou que se opón porque a actuación non garante que as augas do futuro lago artificial, de 811 hectáreas de superficie, teñan a calidade suficiente para que poidan albergar vida, «ou que implica a posibilidade dá formación final non dun lago, senón dunha enorme poza de augas contaminadas», sinala nun comunicado.

A sociedade ecoloxista engade tamén que o proxecto tampouco asegura a estabilidade e impermeabilidad dos noiros que rodearán o lago, o que provocaría filtracións aos acuíferos, segundo a SGHN.

Este grupo recordou que presentou alegacións no seu momento ao proxecto presentado por Endesa, que finalmente non foron tidas en conta. Ademais, di, interpuxo un recurso contra a actuación de rexeneración, ao que a Administración autonómica aínda non contestou.

A Sociedade Galega de Historia Natural forma parte do Consello Galego de Medio Ambiente, como asesora da Consellería de Medio Ambiente.


+ http://www.edenproject.com/

terça-feira, agosto 29, 2006

Deteñen tres presuntos incendiarios nas Pontes...

...ACUSADOS DE PROVOCAR DOUS LUMES QUE QUEIMARON 16 HECTÁREAS
da web de vieiros: [29/08/2006 13:17]

Segundo o informe remitido pola brigada de investigación de incendios forestais, os lumes acontecidos os días 29 de xuño e 12 de xullo no lugar do Castiñeiriño, na parroquia de Ribadeume do concello coruñés das Pontes, foron causados pola "imprudencia" dos tres operarios que realizaban tarefas de construción na estrada Ferrol-Vilalba.

terça-feira, agosto 15, 2006

Exposición: A arquitectura e o cómic

O mércores 16 de agosto as 20.00 h terá lugar na sala de exposicións da delegación do colexio de Arquitectos de A Coruña na Rúa Federico Tapia, 64, a exposición A arquitectura e o cómic.
Dita exposición permanecerá aberta de luns a venres de 18:30 a 21:30 h. ata o 31 de agosto.

segunda-feira, agosto 14, 2006

hai que paralos

hoxe Maruja Torres dende a sua experiencia de muller nacida na beira do Mediterraneo avisa: "Yo que ustedes dejaría de preocuparme por las hectáreas arrasadas en los incendios de hogaño y empezaría a hacer planes para el futuro. Lo sé, es una cabronada que el comienzo del himno gallego (¿Qué din os rumorosos na costa verdecente?) quede obsoleto por falta de materias primas, pero no me digan que el siguiente arreglo no atraería montones de bienes al lugar: ¿Qué din os chaleciños adousadiños nas Mariñas D'Ouro urbanizadiñas?...

http://www.elpais.es/articulo/revista/agosto/Cambien/himno/gallego/elpporcul/20060814elpepirdv_30/Tes/

domingo, agosto 13, 2006

hai que paralos

Un dos factores que estan contribuindo a dificultar gañarle a guerra os lumes son as altas temperaturas é a falta de choivas. ¿Está o desorden climático axudando os incendiarios?
Ata o comenzo do mes de Agosto este vrao sufrimos dous grados centígrados máis de media que nos anos anteriores. Os espertos levan anos avisando o desorden climático que estamos producir xenera a sua vez máis contaminación...

A onda de lumes emitiu máis de 500.000 toneladas de contaminación. Galicia deixa de ser a autonomía española que máis dióxido de carbono fixaba nos seus bosques.
http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=39094&TEXTO=5019841&idioma=galego

sábado, agosto 12, 2006

hai que paralos...colle a bici

máis convocatorias de axuda: "O colectivo ecoloxista Verdegaia, vén de facer un chamamento aos cidadáns para participar nunha iniciativa de vixiancia dos montes en varias comarcas. No contorno de Santiago, Vigo, Ferrol e Ourense estanse organizando xa patrullas en bicicleta "encargadas de manter unha presenza contínua disuasoria nos montes das comarcas e fornecer de información aos dispositivos contraincendios das distintas administracións". Toda a información na web de Verdegaia."

4 mortos + de 50.000 hectareas arrasadas

sexta-feira, agosto 11, 2006

hai que paralos...

+ Anunciase a reactivacion do movimento NUNCA MAIS co lema "Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes"
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51918

+ Facemonos eco desta campanha, que ten como obxetivo forzar unha resoluci'on da ONU que pare o derramament de sangue inocente no Oriente Proximo. No momento de publicar tinha recollidas 194,474 sinaturas de persoas no mundo.

" O mundo não pode permitir que o derramamento de sangue continue no Oriente Médio. Milhares de civis inocentes já foram mortos e feridos, 500.000 estão desabrigados e uma conflito maior e catastrófico é possível. Exigimos que o presidente Bush, dos EUA, Blair, o primeiro-ministro britânico, e o primeiro-ministro de Israel, Ehud Olmert, apoiem o pedido do secretário-geral da ONU, Kofi Annan, em defesa de um cessar-fogo imediato e do envio de uma força internacional ao local para estabilizar a situação."

Sobre o Ceasefirecampaign.org :

Esta campanha foi organizada por um grupo de amigos de todo o mundo que estão horrorizados com o que está acontecendo no Oriente Médio e com a inércia dos nossos líderes. Somos cidadãos de vários países diferentes incluindo o Brasil, Alemanha, Israel, Síria, Líbano, Grã-Bretanha, Canadá, EUA, Austrália e Indonésia.
Acreditamos que nesta situação — e em muitas outras como esta — a pressão pública é essencial para que os nossos líderes façam o que é certo. A campanha é patrocinada – e todas as doações serão recebidas – pela Res Publica ( http://www.therespublica.org/) , um grupo de activismo cívico global e organização não-governamental e sem fins lucrativos com sede na cidade de Nova York.

passo 1 assine en:

http://www.ceasefirecampaign.org/index.php?id=11

quinta-feira, agosto 10, 2006

axuda. hai que paralos.

Voluntari@s contra o lume
www.concienciasolidaria.com

CÓMO PARTICIPAR?
1. Quén pode participar?

Calquera persoa maior de 18 anos

2. Qué requisitos se deben cumprir?
Cubrir os datos contidos na inscrición e manifestar o coñecemento das obrigas e dereitos da persoa voluntaria é condición necesaria para participar

3. A ónde dirixirse?
Subdirección Xeral de Solidariedade e Participación
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Rúa Eduardo Pondal, 30 4ª andar
15702 Santiago de Compostela

Teléfono solidario: 900 400 800

4. Qué se debe presentar?
- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade

5. Información complementaria

a. Características do voluntariado contra o lume
- As persoas voluntarias realizarán tarefas de vixilancia activa de incendios forestais nos montes galegos, de apoio nos labores de intendencia na súa extinción e de limpeza e recuperación das superficies queimadas.
- As persoas voluntarias serán avisadas con antelación suficiente para incorporarse ao programa, dentro dos días sinalados como dispoñibles na súa solicitude, na medida das posibilidades
- A incorporación da persoa voluntaria producirase tras ter recibido a formación teórica e práctica adecuada. En todo caso e tendo en conta as circunstancias, esa incorporación dependerá das necesidades do programa, das características técnicas e das condicións meteorolóxicas adecuadas.

b. O compromiso das persoas voluntarias
As persoas que participen neste programa:
- Disporán de seguro de accidente e responsabilidade civil
- Se lles facilitará o material necesario para o desenvolvemento das súas funcións
- Recibirán a formación e información adecuada ás funcións a desenvolver
- A realización das súas funcións non lles xerará gasto algún
- Ao finalizar o período de voluntariado, recibirán unha certificación das actividades realizadas e das horas dedicadas.

As persoas que participen neste programa deberán:
- Colaborar desinteresadamente os días que se indiquen
- Participar activamente nas actividades, respectando os horarios establecidos
-Respectar as normas de convivencia propias da actividade e aceptar e seguir as indicacións das persoas responsables.

monteferro

Nota dos compañerios de Salvemos Monteferro:

"SALVEMOS MONTEFERRO ven de brindar o seu apoio ó servicio de voluntariado, onde nos informaron do seguinte:
Ningún voluntario estará en contacto directo co lume, e a súa colaboración estará limitada a tres facetas diferentes:
1. Vixilancia activa.
2. Apoio ó persoal especializado.
3. Reforestación.
Quen queira sumarse a algún destes traballos ou máis información, pode poñerse en contacto con nós no número 647965193"




quarta-feira, agosto 09, 2006

arde galiza

http://ardegaliza.info/
http://www.concienciasolidaria.org/ga/web/notic.php?idc=1

terça-feira, agosto 08, 2006

defendendo galicia

Outra vez necesitamos fotos de satélite para poderse explicar o desastre.
Denovo a poboación galega sae, traballa e pon en perigo a sua vida para defendela terra.

112: teléfono do centro de emerxencias de Galicia + 85 teléfono de incendios + 900-400-800, 24 horas do día, para coordinar o dispositivo de voluntariado na materia de incendios e facilitar o aporte de datos o suxerencias o respecto.




A sociedade civil :

* http://lumenuncamais.blogsome.com/
http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/7889.shtml

* Adega chama aos veciños a organizar vixilancia e denunciar os incendiarios. "Na loita contra o lume, fai un CHAMADO URXENTE A TODA A CIDADANÍA GALEGA para que, na medida do posíbel, se poña a disposición de Protección Civil para colaborar na loita contra este andazo. Telfs: 085 Incendios / 112 Emerxencias" http://www.adega.info/

* Comunicado de hoxe firmado polos colectivos Verdegaia e Ecoloxistas en Acción, ao tempo que piden "a máxima prioridade para o monte en Galiza".
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51849
http://www.ecologistasenaccion.org/inicio.php3


* A rede berra contra o lume :

http://www.vieiros.com/noescaner/nova.php?Ed=1&escaner=51859&id=51841

* Canto nos custan os incendios?
http://www.vieiros.com/noescaner/noescaner.php?Ed=1&id=51859

Un colectivo de actrices e os actores galegos, entre os que se atopan Luis Tosar, Flor Maceiras, Vítor Fábregas ou Yolanda Muíños, entre outros, leron esta mañá en Compostela un manifesto "diante da barbarie destrutora do lume que asola o noso país".
Os actores fan un chamamento á cidadanía a loitar contra a vaga de incendios e póñense ao dispor de goberno e cidadáns para prestaren "colaboración desinteresada" frente ás iniciativas que se artellen.
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51851

domingo, agosto 06, 2006

que pena mais grande

"O diñeiro é capaz de mercar a deus bendito"

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo O empresario segue a recibir adhesións. Onte recibíu a presidencia do Pedrón de Ouro. Fraga púxome unha carta dicindo que isto era indignante.

Dará guerra ata morrer, algo polo que, segundo di el, están pregando os seus adversarios, os mesmos que o botaron do consello de administración de Sargadelos, empresa que se construíu a partir do Laboratorio de Formas a carón de Luís Seoane e Andrés Fernández-Albalat. Pero chóvenlle os apoios. O xoves foi o Consello da Cultura Galega e onte onte recibíu a presidencia de honra do Pedrón de Ouro. A iso súmaselle a insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego, o premio Otero Pedrayo, o Araguaney de Ouro ou o galardón "Os Bos e Xenerosos" que entrega a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ademais dos apoios da Sociedad Española de Mineralogía, o Colexio de Arquitectos de Galicia, dos ensinantes galegos ou dos que asinan na campaña de internet. (a entrevista en http://firgoa.usc.es/drupal/node/30769)

+ no Pais Columna de Manolo Rivas. Isaac.
http://www.elpais.es/articulo/ultima/Isaac/elpporopi/20060729elpepiult_2/Tes/

+ en: http://firgoa.usc.es/drupal/node/30251

post by aar

sexta-feira, agosto 04, 2006

fabricando o caos climático

Según asociación ecoloxista Verdegaia: "Transcorrido un ano desde a toma de posesión do actual goberno galego, se ben se deron avanzos a respecto dos gobernos anteriores, a actual Xunta non ten integrada a sustentabilidade na súa acción. Desenvolve unha política errática e contraditoria en asuntos ambientais.
A presión social e a normativa ambiental europea son os principais motores das melloras ambientais na nosa terra."
http://www.verdegaia.org/content/view/77/112/

As Pontes, o maior foco contaminante do Estado.
http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=28&id=51770

El calentamiento global modifica ya hábitats y migraciones marinas.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=5019098

quarta-feira, agosto 02, 2006

ciclos do coag Agosto

Ciclo de performance. Mércores de agosto 2006 no CGAC
Horario: 20:30 h
Lugar: parque de San Domingos de Bonaval


Ciclo de performance.

3Marías 2 de agosto
Nieves Correa 9 de agosto
Rita Rodríguez 16 de agosto
Mar Caldas 23 de agosto
Davide Salvado 30 de agosto
Coordinación: Carmen Hermo


Verán cine verán xoves de agosto 2006
Estraños e estrañados.

Horario: 22:30 h
Lugar: parque de San Domingos de Bonaval (no caso de mal tempo a proxección terá lugar no auditorio do CGAC)


As proxeccións realizaranse en V.O.S.
Ciclo dirixido por Patricia Dopico.

L’Enfant sauvage. 3 de agosto
(1969, Francia. Director: François Truffaut)


Les Vacances de M. Hulot 10 de agosto
(1953, Francia. Director: Jacques Tati)


Blow Up 17 de agosto
(1966, Inglaterra. Director: Michelangelo Antonioni)


American Beauty 24 de agosto
(1999, Estados Unidos. Director: Sam Mendes)


www. cgac. org post by aar

e dalle

Ducias de troitas aparecen mortas en regatos do Eume en
As Pontes. O Seprona e Medio Ambiente investigan o suceso.
Os pescadores dA Venatoria din cas obras da autovía estan contaminando as augas do noso Río.


http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4990963
post by aar