Videos da festa da fraga

Loading...

segunda-feira, janeiro 30, 2006

as pontes

A Conselleria de vivenda anuncia un plan para a rehabilitación da Vila. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp 060208

Sobre o futuro dos activos e proxectos de ENDESA nas Pontes:
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=4484369

Nota de prensa dos Guerrilleiros Das Fragas:
''O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas oponse a que Endesa obteña a licencia municipal de obra para construir a central de ciclo de combinado.
O alcalde do concello de As Pontes ten a competencia na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. A lexislació establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000m de calquera núcleo urbano, este proxecto da central ubica as instalacións a escasos 300m do núcleo urbano de As Pontes polo que estre proxecto queda claramente invalidado. ..."

http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/01/25/o-grupo-ecoloxista-guerrilleiros-das-fragas-oponse-a-que-endesa-obtena-a-licencia-municipal-de-obra-para-construir-a-central-de-ciclo-de-combinado/


imaxen: a mina 2012 ???

sábado, janeiro 28, 2006

os almanaques ázedos seguén á venda

nos seguintes negocios:

+ Bar Super8
+Cervexería Excalibur
+Bar A Ronda
+ 3 Lúas
+Moda Juaneta
+Panadería Pontesa
+Bar A Cueva

por suposto tamen se poden adquirir falando con nós.

EXPOSICION MATEMÁTICAS PARA DISFRUTAR

EXPOSICION MATEMÁTICAS PARA DISFRUTAR da Asociación Galega de profesores de Educación matemática.

O Concello das Pontes a través da Concellería de Cultura , incluiu dentro da programación de exposicións para este novo ano unha exposición que creemos de interese para o público en xeral e moi en particular para os alumnos e profesorado dos centros das Pontes.

Matemáticas para disfrutar itinirouse por moitos concellos de Galicia, nesta mostra ademais das vsitas de escolares recibiron a aprobación do público de tódalas idades que se achegou as matemáticas a través de xogos.

Tal e como se fixo noutras ocasións esta exposición estará aberta en horario de mañá para visitas de centros escolares e para o público en xeral polas tardes.; Nela o pu´blico contará cun guía que lles explicará o material que nela se amosa.
En documentos anexos remitimos fotografías e unha explicación detallada, facilitada pola asociación, dos materiais cos que vai contar a exposición.


DATAS DA EXPOSICION: DO 19 xaneiro ó 1 de Febreiro.
LUGAR: Sala de exposicións do Mercado Vello

o día 28, estaremos no Lizeo de Betanzos

Este sábado, día 28, estaremos no Lizeo (sala azul) de Betanzos, ás 20:00 horas, invitados pola Asociación Cultural "Bernardo Miño" de Betanzos.
O coloquio tratará sobor o "Campo de extermio de Auschwitz-Birkenau" (Polonia). Como xa sabedes 7 membros da asociación foron visita-lo durante o mes de agosto do 2005; e aproveitando os documentos videográficos e fotográficos recollidos, así como as súas observacións e sensacións alí sentidas, farán unha presentación do horror, que todavía 60 anos despois do seu peche, podese sentir alí dentro.
Como xa sabedes houbo tres campos principais e trinta e nova campos subalternos. Os tres campos principais foron:
Auschwitz I, o campo de concentración orixinal que servía de centro administrativo para todo o complexo. Neste campo morren preto de 70.000 intelectuais polacos e
prisioneiros de guerra soviéticos.
Auschwitz II (Birkenau), un campo de exterminio e o lugar donde morreron aproximadamente un millón de
xudeos e preto de 19.000 xitanos.
Auschwitz III (Monowitz), empregado como campo de traballo
escravo para a empresa IG Farben.
Se calquera estivera interesado no DVD ou nas fotografías alí tomadas, pero non poidese desprazarse ata Betanzos, só ten que poñerse en contacto con nós, vía mail ou chamando a algún dos socios.

terça-feira, janeiro 17, 2006

Concurso de Carteis - Feira do Grelo 2006

Co motivo da celebraciónda feira do Grelo que se celebrará o vindeiro mes de Febreiro, o Concello das Pontes convoca un concurso de carteis coas seguintes bases:

Primeira.- Poderán participar todos os xoves que teñan cumpridos os 14 anos antes do 31 de decembro de 2006, e non superen os 30 na mesma data.

Segunda.- O motivo do cartel é anuncia-la XXVI edición da Feira do Grelo. A técnica será libre, e aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto: XXVI FEIRA DO GRELOAS PONTES26 DE FEBREIRO DE 2006As medidas do cartel serán de 40x70 cm como máximo, e preferiblemente en orientación vertical. Só se poderá presentar un cartel por persoa/s, e deberá ser inédito e orixinal.

Terceira.- O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará o 2 de Febreiro de 2006 ás 12:00 h. Os carteis serán entregados ou enviados ao Depto. de Cultura do Concello das Pontes, sito na Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28 - 15320 As Pontes, A Coruña. (981 44 03 44 /
cultura@aspontes.org). O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome, enderezo, fotocopia do DNI, e teléfono do autor/es.

Cuarta.- Establécese un premio único de 300 € (trescentos euros). O cartel premiado quedará en propiedade do Concello das Pontes. A entrega do premio realizarase o mesmo día da feira.

Quinta.- O xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas e representantes do Concello, estes con voz pero sen voto. Corresponde ao xurado a interpretación das bases, sendo o seu fallo inapelable. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.

Organiza Concello das Pontes e a Concellería de Cultura-OMIX


domingo, janeiro 15, 2006