Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, janeiro 31, 2007

Dir. Xeral de Obras Públicas semella preferir cargase o círculo

Dir. Xeral de Obras Públicas (Sr. Manuel Morato Miguel, PSsG) manifestounos a súa intención de continuar co proceso administrativo en marcha, isto é de executar o proxecto previsto inicialmente.

Lembremos que este proxecto (trazado sen contar cos restos megalíticos) propuña a construcción dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña en troques dun túnel que incrementaría apenas un 5,3 % do coste de ese tramo.

Descubren un xacemento neolítico preto de Stonehenge

Mentres en As Pontes e en Galicia en xeral, continúa o conflicto político- administrativo co achádego milenario da Necrópole da Mourela, (sen teren decidido aínda, se destruí-los restos ou facer un túnel para conserva-los e seguir estudándoos no futuro), na terra dos anglos reman todos na mesmo sentido:
Un equipo de arqueólogos anunciou o martes o descubrimento ó suroeste de Inglaterra dos restos dun gran poboado, que data do 2.600 a.C., preto do antigo monumento de pedra de Stonehenge.

Os expertos sospeitan cos habitantes das vivendas, que forman o maior poboado neolítico atopado en Gran Bretaña, construíron o círculo de pedra (ou círculo lítico) de Stonehenge - considerado un templo, un lugar de enterramento ou un sitio astronómico - entre 3.000 e 1.600 a.C.

caos climático: manda un sinal

L’Alliance pour la Planète lance un appel simple à tous les citoyens, 5 minutes de répit pour la planète : tout le monde éteint ses veilles et lumières le 1er février 2007 entre 19h55 et 20h00.

Unimo-nos os franceses. O desorde clímatico e ó problema global.
Imos apaga-las luces o xoves 1, entre as 19,55 e as oito da noite, en galiza, para mandar unha mensaxe clara: ninguén pode agacharse frente o caos climatico que estamos a producir é as Administración teñen que poñer solución xa sobre a mesa.

O tempo esgotase.
Podemos frenar caos climático.

terça-feira, janeiro 30, 2007

S.O.S. MOURELA !!!

A Plataforma Cidadá en Defensa do Patrimonio das Pontes desplega unha enorme pancarta no futuro viaducto do Eume, reclamando a atención dos representantes políticos e dos cidadáns para a non demolición do noso pasado.
www.amigus.org/mourela.php

Dous blogs críticos cos governos locais do PP en Cambados e no Grove, no xulgado


O PP na ría de Arousa decide levar ó xulgado dous blogs, cuxa finalidade é introducir e comentar novas de política e actualidade local. Nós visitámolas e consideramos que a denuncia máis que mal, vaille vir moi ben. Publicidade de balde. O único que van conquerir os dous alcaldes é unha oleada de apoios para os creadores dos blog, que exercitan a súa condición de cidadáns libres, xerando críticas e opinións de temas públicos, eso sí, con moita ironía e moito humor acedo.

Solidarizámonos cos blogueiros afectados
(TODOS SOMOS MR. X):

www.camba2.blogspot.com (BLOG DE CAMBADOS)

www.ogrobe.blogspot.com (BLOG DO GROVE)

Para deixar o teu parecer sobre este asunto, clica máis abaixo no enlace de AROUSA OPINA da Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/opina.jsp

segunda-feira, janeiro 29, 2007

¡Hai que salvar Ponzos!

A Xunta planea a maior piscifactoría de rodaballo de Galicia sobre os humidais e a praia de Ponzos, en Ferrol, unha reliquia natural ó pé do cabo Prior protexida pola rede Natura 2000 como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC Costa Ártabra). Pedimos á Xunta que actúe en consecuencia e evite a destrucción de tanta riqueza, que a valore, conserve e protexa.

Para informarse máis e mellor preme: aquí.

domingo, janeiro 28, 2007

peóns e ciclistas: soas ante o perigo

+Dúas mulleres morren atropeladas en Lugo (mentres cruzaba un paso de peóns) e Mazaricos (mentres un conductor realizaba un adiantamento). O de Lugo é, non podo nin defini-lo. Alguén debería comezar a dar explicacións (e dar solucións) de por que nesa Vila un non pode estar nunha beira rúa nin cruzar un paso de peóns sen arriesga-la sua vida.

+ Por outro lado o Pais publica un artigo no que se afirma cos galegos estamos a cabeza de Europa no uso do automóbil. Na Voz se afirma: "Os condutores galegos, os segundos de España que circulan a máis velocidade".

*La primera causa de muerte entre los jóvenes y uno de los principales culpables del cambio climático se ha convertido en compañero inseparable de los gallegos.
*Más del 15% de los españoles emplean el transporte público para ir a trabajar, una opción que sólo seduce al 7% de los gallegos.
*El estudio considera que las ciudades gallegas son "ejemplos claros de insostenibilidad en el transporte" y culpa del problema a la "mala planificación urbana" y a la "inexistencia de planes de movilidad compatibles con el desarrollo sostenible".
*Stop Accidentes coincide en los errores que se han cometido en los diseños urbanísticos de las villas y ciudades gallegas. Aprecia un problema "de ordenación del territorio" y critica que dotaciones como colegios, instalaciones deportivas y centro de trabajo se hayan trasladado a los extrarradios de los núcleos urbanos.
*El transporte por carretera provoca en Galicia el 23% de las emisiones causantes del cambio climático en el planeta. "El tráfico urbano es la principal causa de deterioro de la calidad de vida en nuestras villas y ciudades", critica la asociación ecologista Adega.
*Adega insta a los ayuntamientos gallegos a reforzar los controles de velocidad y las sanciones a los estacionamientos irregulares, aumentar la anchura de las aceras, crear zonas en las que no se puedan superar los 30 kilómetros por hora y, sobre todo, mejorar el transporte público para que los ciudadanos tengan una alternativa para desplazarse.


post by aar (as bicicletas forman parte da paisaxe europea, na imaxen a policia britanica descansando)

sábado, janeiro 27, 2007

algo é algo

Polo menos carlos fai algo para reduci-la sua huella ecológica. ¿Que estan a facer os nosos políticos e a nosa monarquía? Sabedes dalgún alcalde de capital que vaía o concello en metro como o de Londres ou o parlamento en bici como o lider do partido conservador inglés?

El príncipe Carlos de Inglaterra y su esposa Camila Parker Bowles vuelan hoy a EE UU como en un vuelo regular de British Airways, para recoger un premio medioambiental el próximo domingo. Carlos utiliza habitualmente un servicio chárter, pero las críticas de organizaciones ecologistas por la contaminación que provocaría un viaje que consideran innecesario ha motivado esta decisión.

El portavoz de la ONG Plane Stupid, Joss Garman, sugirió que el príncipe aceptara el galardón por videoconferencia y le llamó "hipócrita" tras comparar su viaje en avión.

Carlos se ha caracterizado por su defensa del medioambiente. El año pasado escribió un artículo en el que advertía de la gravedad del cambio climático. Recientemente se ha comprometido a cambiar su estilo de vida y reorganizar su residencia para reducir el consumo de energía y las emisiones de gases nocivos.
A partir de ahora ya no irá de vacaciones a la estación de esquí suiza de Klosters, a la que acude desde hace 25 años, para reducir sus emisisones asociadas al transporte aereo.

post by aar

quarta-feira, janeiro 24, 2007

As Encrobas...a ceo aberto

Nos anos 70 viviuse en Galiza un estoupido reivindicativo contra o abuso do capitalismo en zonas rurais. Concretamente no ano 77 estala o conflicto de As Encrobas (Cerceda) no que os labregos e labregas se ven amenazadas debido a un proceso expropiatorio aprobado por un Consello de Ministros presidido por Franco no que se autoriza á empresa a expropiación forzosa pola via de urxencia de un val no que vivian preto de cincocentas persoas.

Unha boa parte dos vecinos e veciñas das Encrobas non estiveron de acordo cos prezos que lles e iniciaron unha das movilizacións labregas que máis deron que falar en galiza, apoiadas por partidos e sindicatos e coa que se movilizaron a meirande parte dos colectivos sociais do país. “Cartos non, traslado de povoación” foi a consigna máis berrada.
A loita das Encrobas dou a volta a Europa, chegou á opinión pública estatal, ocupou portadas en prensa e tv.

Enfrentamentos entre labregos e labregas coa garda civil, detidos, feridos, un morto, manifestación que convoca na cidade da Coruña a 8.000 persoas forzan un acordo que suponía multiplicar por 10 o prezo inicial ofertado polos terreos, postos de traballo ós mayores de 18 anos, xubilacións para os vellos....

Máis...cumpliuse aquel acordo? Que aconteceu coas máis de 100 casas que foron devoradas nos últimos 15 anos? Que ocurre coas personas que aínda, en pleno 2006 conviven ó carón do burato da mina? Como evolucionou o Concello de Cerceda industrialmente falando? Cumpriuse a legalidade por parte de FENOSA? A administración preocupouse por que así fose?
Protagonistas desa historia falan case 30 anos despois: Vecinos e veciñas (algúns que siguen vivindo nas Encrobas e sufren as consecuencias da destrucción, persoas que abandonaron o seu pobo fai 25 anos...), FENOSA, Concello de Cerceda, sindicalistas da época serán os protagonistas deste documental necesario.
Este é o enlace ó avance do documental “As Encrobas.... ACEO ABERTO” que estará rematado para maio.

domingo, janeiro 21, 2007

Novo blog en Ortigueira

Os nosos veciños de Ortigueira dispoñen dunha nova blog onde reclamar e traballar cara un desenvolvemento sostible para o seu concello: Ortigueira Sostible.

a web de Salvemos Monteferro cumpre un ano

O colectivo "Salvemos Monteferro" e un máis dentro dos moitos que están a aparecer por todo o país para salvalo da especulación e outros males asociados á "economía do ladrillo".


Eles celebran esta semana o primeiro aniversario da súa WEB cunha boa noticia: conseguiron para-la construcción dun vial, de gran impacto ambiental, que simbolizaba a entrada do asfalto neste monte que eles defenden como o derradeiro reducto non cementado entre Vigo e Baiona.

Celebramos que colectivos sociais coma este, ou como o de Defensa do Circulo Lítico da Mourela, estean a dar guerra e gañar batallas na defensa do noso futuro e traballando por unha democracia máis participativa e real.

+Unhas 1.600 persoas protestan contra o edificio comercial previsto na praza de España de Ferrol
.

post by aar

sábado, janeiro 20, 2007

O falo de Manolo Rivas

Érase una vez una empresa pública… Para mí Endesa no es una abstracción bursátil, una prolífica máquina que tintinea con jolgorio reclamos luminosos y eléctricos en la cumbre del casino. Al contrario. Siempre, desde que sé que existe, la identifiqué con una chimenea. Con el llamado, en gallego, o máis grande carallo de Europa. Así era conocida la salida de humos de la central térmica de As Pontes, núcleo de la riqueza de la empresa, en un altiplano próximo a Ferrol. No se trata de una exageración chovinista, teniendo tantas cosas de las que presumir. En efecto, es el más formidable falo industrial de Europa. En las imágenes por satélite puede verse que la poderosa estela de sus emisiones alcanza nada más y nada menos que los cielos de la Gran Bretaña.

seguir lendo...

quarta-feira, janeiro 17, 2007

Crónica do circulo lítico da mourela, n´As Pontes

Por Franjo Padín, arqueólogo e profesor de Geografia e História.
(...)
Hai 20 anos non tiñamos círculos líticos en Galicia. Ou polo menos, non os recoñecíamos. Agora temos alomenos un estudado arqueolóxicamente, e se o destruímos, cecais perdamos un saber antigo para sempre. Imaxinade Stonehenge ameazado por unha autovía. Poida que a Mourela non sexa Stonehenge, pero dende a perspectiva galega, non hai nada máis semellante, nada máis senlleiro, nada máis merecedor do noso respeito. Como dixo un membro da plataforma veciñal: “do círculo pouco queda xa, pero trátase das nosas pedras”.
resto do artigo en amigus e http://www.blogoteca.com/arqueoloxia/index.php?cod=7841

terça-feira, janeiro 16, 2007

Verdegaia organiza roteiro polo LIC da Costa Ártabra

O L.I.C. Costa Ártabra repártese polos concellos costeiros de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira. Trátase dun tramo de costa moi variado en canto a ecosistemas se refire, albergando areais, cantís, humidais, pequenas illas e mesmo serras, e que conforman un espazo único integrado dentro da Rede Natura 2000. O tramo de costa que imos percorrer correspóndese coas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas.
Ademais dos seus valores ambientais e patrimoniais, Verdegaia pretende salienta-las múltiples agresións que ameazan a conservación deste espazo protexido como é o proxecto de parque acuícola ideado para Ponzos.

Data: Domingo 28 de Xaneiro de 2007. Saída: 10:00h.
Contacto:616 03 92 68 ou 661 63 69 46
Máis información en www.verdegaia.org

proteger el litoral

IGNACIO RAMONET 17/01/2007 (El Pais)

Coincido con el presidente de la Xunta cuando afirma que la ley de medidas urgentes de protección del litoral de Galicia que su Gobierno presentará en el Parlamento el mes próximo es "una de las cuestiones más relevantes del futuro del país". Es obvio que no se puede seguir tolerando el urbanismo salvaje y la lepra inmobiliaria que han arrasado ya las mas hermosas riberas de nuestras rías.

Por los malos hábitos y la dejadez de los gobiernos del Partido Popular, heredero aquí del peor franquismo, el del "todo vale", un tercio de los municipios del litoral gallego triplicaron la edificación en los tres últimos años, y autorizaron en los últimos cinco la construcción de más de 120.000 viviendas. Si continuamos así, todas las orillas de Galicia yacerán pronto sepultadas bajo abominables pisos de hormigón. De ahí la urgencia de una ley que establezca una banda de protección del litoral de 500 metros.


Algunos timoratos, en el seno mismo del Gobierno bipartito, temen que, adoptada a escasos meses de las elecciones municipales, esta ley le pase factura en las urnas a la coalición gobernante. Hablan ya de posponer su adopción, o de reducir su alcance limitando a 200 metros, o incluso a 100 la anchura de la banda de proyección. Deben calmarse. La inmensa mayoría de los ciudadanos tiene la sensación de que todo el territorio, atacado de concierto por incendios, riadas y hormigón, se está degradando de manera dramática. Y sancionarán en las urnas con extrema severidad toda señal de retroceso -o de simple pasividad - del Gobierno en estos tres frentes.

Porque ha recibido una Galicia destrozada y arrollada por decenios de gestión irresponsable, la misión del Ejecutivo actual es, en su sentido literal, salvar el país. Y tal deber sagrado -que le ha confiado una mayoría de electores de Galicia- supone voluntad política. Y no medidas a medias, paños calientes y retrocesos.

Los especuladores inmobiliarios y los corruptos de la construcción, principales afectados por la futura ley de salvación de nuestras costas y verdaderos matadores del patrimonio territorial gallego, ya han puesto el grito en el cielo. Y movilizan sus redes de influencia y sus relevos mediáticos. Así, por ejemplo, la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) no ha tardado en declarar que considera "no admisible" la propuesta de la Consellería de Política Territorial de la Xunta.

No sin cierto descaro, la organización empresarial pretende que siempre ha sido partidaria de una "ordenación razonable de la zona costera de Galicia", por tratarse de "un bien general", que ha de ser "preservado de posibles intervenciones que puedan dañar su entorno". Aunque se apresura a afirmar que "la defensa de la riqueza natural que configuran las costas no consiste sólo en adoptar medidas tan indiscriminadas como la anunciada", que podría provocar, según la CEG, "una seria distorsión del mercado" y "enturbiar múltiples proyectos empresariales".
Bienvenida sea la ley si consigue "enturbiar" algunos turbios negocios urbanísticos y si detiene por fin el asesinato de nuestro litoral. Los especuladores no deberían quejarse. En otras partes de Europa, existen leyes más severas. En el Connemara irlandés, por ejemplo, donde medidas mucho mas drásticas han permitido preservar la hermosura salvaje de uno de los territorios mas bellos de Europa. O en Córcega, donde no deja de parecer insólito descubrir bahías y playas de ensueño, bordeadas por inmensos bosques de pinos, perfectamente desprovistas de cualquier edificio.


Esa impresionante belleza natural del paisaje y de las costas esta protegida, no por una ley, sino por el Frente de liberación Nacional de Córcega (FLNC), que en ocasiones pone bombas contra edificios y proyectos turísticos con la excusa de pretender salvar el litoral. "Proteger la identidad geográfica de nuestro país es una prioridad", afirman los nacionalistas. Pero nosotros decimos que lo que valen son las leyes, no las bombas.

Cacerías de raposos "ao inglés" no Carballiño e nas Fragas do Eume


A Asociación ADEGA de O Carballiño pronunciase en contra das batidas de raposos e sinalan que "o Medio Ambiente na localidade está de luto" precisamente nun día en que se acaba de presentar unha nova agrupación ecoloxista na vila e que se vai a sumar a outras dúa xa existentes.
A asociacion ecoloxista Outeiro apoia a ADEGA mostrando o seu malestar, e comunícanos que o próximo venres día 19 haberá no Carballiño unha reunión para estudar as medidas a tomar para impedir a celebración da "Copa de España de caza do raposo" que a Federación Galega de Caza e Concello do Carballiño teñen programada para o Domingo de Antroido. Será ás 8.30 na Bodeguiña (Barrio de Flores). Confirmar asistencia no 687958161.
Ler o artigo: La Voz de Galicia
No mesmo senso, na comarca do Eume, a Federación de Caza celebrará o día 20 o campionato provincial de caza de raposo, unha cita á que acudirán uns 700 cazadores. Nesta ocasión, os participantes celebrarán a proba, na súa maioría, cos montes do Eume como testemuñas. Non en van, o campionato celébrase en Monfero, Pontedeume, Vilarmaior e Irixoa e os tecores eumeses participan na organización.
Ler na web da Federación Galega

sexta-feira, janeiro 12, 2007

Ofertas de Emprego de Xaneiro

A Asociación de Economía Social Briante facilita ofertas de emprego na nosa bisbarra e en Galicia, cunha base de datos actualizada cada mes. Xa teñen dispoñible a do mes de xaneiro.

“Hay que pararlo”: proposta de envío de cartas á Ministra de Vivenda

A Fundación Utopía Verde pon a disposición na súa web, unha carta para asinar e remitir á Ministra, vía correo electrónico ou postal, para recodarlle a importancia de que na nova Lei do Solo se contemplen restriccións á urbanización dos espazos naturais.
Para máis datos clicar no titular.
imaxen: elroto@inicia.es

quinta-feira, janeiro 11, 2007

Amigus.org colga unha Hemeroteca da Necrópolis Megalítica da Mourela

+ A web de Amigus pon a disposición dos internautas unha Hemeroteca que recolle tódolos artigos da prensa escrita dos derradeiros 8 meses, relacionados co conflicto social xerado pola destrucción de parte dos restos arqueolóxicos do lugar da Mourela.

+ un equipo de 30 personas dirigido por el arqueólogo Andrés Bonilla retomó ayer los trabajos en la excavación del círculo lítico de A Mourela. (artigo na opinión da Coruña 070104)

+ programa de radio cerma dedicado"o Círculo lítico da Mourela"

sexta-feira, janeiro 05, 2007

loita contra o desorden climático

+ o consumo de productos locales (euroeume) reduce as emisión de gases debido o transporte e coida da nosa paisaxe.
consumo resposable:

1. consumir menos.
2. http://www.cooperativaxoaninha.org/
http://www.arbore.org/
comercio xusto:
http://www.covadaterra.org/
+ Climate care é unha das moitas ONGs que traballan no terceiro mundo en programas para minimizar as emisión de gases de efecto invernadoiro e mellorar a calidade de vida de poboacións desfavorecidas. A sua finaciación depende de doazons particulares de persoas que pretenden compesa-las suas emisión personais.
+pranta unha árbore.

leer máis: Os expertos vinculan o aumento dos incendios ao cambio do clima. Os científicos denuncian a pasividade dos Gobernos ante unha situación dramática.

terça-feira, janeiro 02, 2007

Exposición fotográfica "feísmo nas Pontes" na rede

Link para ve-la GALERÍA fotográfica do concurso "Feísmo Urbanístico nas Pontes". Lembrar ca exposición estará na Casa da Cultura (Casa Dopeso) na entrada e no primeiro andar ata mediados do mes de xaneiro.
Esta mostra fotográfica xurde do “1º Concurso Fotográfico de Feísmo nas Pontes”, convocado pola Asociación Choiva Ázeda, ca única pretensión de concienciar, ao poñer en evidencia os efectos (máis cas causas) dos distintos prototipos de feísmo máis demostrativos do Concello das Pontes, e desta forma contribuír a sensibilizar ao estado de opinión da cidadanía pontesa.
As fotografías estarán expostas na Casa da Cultura (Casa Dopeso) durante as datas do Nadal, en horario de mañá e tarde, e por outra banda, poden ser olladas na páxina web da asociación de informática Amigus e no xornal Vieiros. Esgótanse as explicacións ao falar do feísmo, un fenómeno que transformou a paisaxe de Galicia nas derradeiras décadas e que, curiosamente, desaparece ao atravesar as fronteiras que delimitan a nosa comunidade autónoma. Nós entendemos, en poucas palabras, o "feísmo arquitectónico, urbanístico ou paisaxístico" como todas aquelas construccións ou obras humanas que degradan dalgún modo o seu entorno, desentoando por unha ou outra causa co entorno, e constituíndo un elemento desagradable para a vista. Polo tanto “FEO” é a expresión que mellor exemplifica case tódolos males que aqueixan ao urbanismo pontés e galego.

As imaxes expostas nesta exposición, representan unha selección das 200 fotografías presentadas ao concurso polos participantes, permitíndonos captar a atención do perceptor do fenómeno do feísmo local dende 23 perspectivas distintas e complementarias. Queremos agradecer aos membros do xurado encargado de face-la selección das fotografías, pola complexa labor de premia-las instantáneas que mellor mostraban os desmanes urbanísticos, e no que primaron en gran medida, o abandono do casco histórico local, os permisos de novas edificacións e reformas, así como a falla de respeto urbanístico global nalgún das nosas rúas.

O xurado estivo composto por representantes dalgúns dos colectivos máis dinámicos do tecido asociativo local: Asociación Informática Amigus, Asociación de Estudos Históricos Hume, Plataforma Cidadán pola Defensa do Patrimonio Arqueolóxico das Pontes e Irmanamento As Pontes-Lesneven-Carmarthen, así como por unha arquitecta das Pontes que actualmente desenvolve o seu labor en Londres.