quarta-feira, janeiro 24, 2007

As Encrobas...a ceo aberto

Nos anos 70 viviuse en Galiza un estoupido reivindicativo contra o abuso do capitalismo en zonas rurais. Concretamente no ano 77 estala o conflicto de As Encrobas (Cerceda) no que os labregos e labregas se ven amenazadas debido a un proceso expropiatorio aprobado por un Consello de Ministros presidido por Franco no que se autoriza á empresa a expropiación forzosa pola via de urxencia de un val no que vivian preto de cincocentas persoas.

Unha boa parte dos vecinos e veciñas das Encrobas non estiveron de acordo cos prezos que lles e iniciaron unha das movilizacións labregas que máis deron que falar en galiza, apoiadas por partidos e sindicatos e coa que se movilizaron a meirande parte dos colectivos sociais do país. “Cartos non, traslado de povoación” foi a consigna máis berrada.
A loita das Encrobas dou a volta a Europa, chegou á opinión pública estatal, ocupou portadas en prensa e tv.

Enfrentamentos entre labregos e labregas coa garda civil, detidos, feridos, un morto, manifestación que convoca na cidade da Coruña a 8.000 persoas forzan un acordo que suponía multiplicar por 10 o prezo inicial ofertado polos terreos, postos de traballo ós mayores de 18 anos, xubilacións para os vellos....

Máis...cumpliuse aquel acordo? Que aconteceu coas máis de 100 casas que foron devoradas nos últimos 15 anos? Que ocurre coas personas que aínda, en pleno 2006 conviven ó carón do burato da mina? Como evolucionou o Concello de Cerceda industrialmente falando? Cumpriuse a legalidade por parte de FENOSA? A administración preocupouse por que así fose?
Protagonistas desa historia falan case 30 anos despois: Vecinos e veciñas (algúns que siguen vivindo nas Encrobas e sufren as consecuencias da destrucción, persoas que abandonaron o seu pobo fai 25 anos...), FENOSA, Concello de Cerceda, sindicalistas da época serán os protagonistas deste documental necesario.
Este é o enlace ó avance do documental “As Encrobas.... ACEO ABERTO” que estará rematado para maio.

Sem comentários: