quarta-feira, janeiro 31, 2007

Descubren un xacemento neolítico preto de Stonehenge

Mentres en As Pontes e en Galicia en xeral, continúa o conflicto político- administrativo co achádego milenario da Necrópole da Mourela, (sen teren decidido aínda, se destruí-los restos ou facer un túnel para conserva-los e seguir estudándoos no futuro), na terra dos anglos reman todos na mesmo sentido:
Un equipo de arqueólogos anunciou o martes o descubrimento ó suroeste de Inglaterra dos restos dun gran poboado, que data do 2.600 a.C., preto do antigo monumento de pedra de Stonehenge.

Os expertos sospeitan cos habitantes das vivendas, que forman o maior poboado neolítico atopado en Gran Bretaña, construíron o círculo de pedra (ou círculo lítico) de Stonehenge - considerado un templo, un lugar de enterramento ou un sitio astronómico - entre 3.000 e 1.600 a.C.

Sem comentários: