
(...)
Hai 20 anos non tiñamos círculos líticos en Galicia. Ou polo menos, non os recoñecíamos. Agora temos alomenos un estudado arqueolóxicamente, e se o destruímos, cecais perdamos un saber antigo para sempre. Imaxinade Stonehenge ameazado por unha autovía. Poida que a Mourela non sexa Stonehenge, pero dende a perspectiva galega, non hai nada máis semellante, nada máis senlleiro, nada máis merecedor do noso respeito. Como dixo un membro da plataforma veciñal: “do círculo pouco queda xa, pero trátase das nosas pedras”.
resto do artigo en amigus e http://www.blogoteca.com/arqueoloxia/index.php?cod=7841
Sem comentários:
Enviar um comentário