Videos da festa da fraga

Loading...

sábado, junho 24, 2006

o debate da enerxía

Unha serie de articulos sobre o impacto ecónomico, paisajistico, social e mediombiental dos pantanos e a enerxía eólica masificada.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=4887024

(...) Durante la construcción de las presas, miles de personas participaron en las obras -alquilaron hasta casas deshabitadas de parroquias como San Fiz-, alimentando el espejismo de la prosperidad hidroeléctrica. Durante un tiempo corrió el dinero y los trabajadores en los poblados de la eléctrica se contaron por decenas, pero pronto declinó el revulsivo inicial. Era Fenosa la que, usando el bien público del agua, contaba millones de kilovatios, inmediatamente distribuidos y facturados.

Hoy, en Chantada no son capaces de contar más de dos trabajadores fijos en Belesar, apoyados por otras empresas como Soluziona(...)

(...) <<40.000 propietarios que perciben al año sólo el 1% de la facturación que genera el sector, estimados en unos 600 millones de euros anuales.


La organización agroganadera presentó ayer en Santiago una asociación de afectados que luchará en los próximos meses por conseguir una mayor contraprestación económica. El sindicato denuncia que los solares eólicos, que las empresas pagan como rústicos, deberían repercutir hasta diez veces más en los propietarios particulares y las comunidades de montes. «As empresas, a maioría de fóra, están facendo un expolio dos recursos eólicos dos habitantes do rural porque conseguen un enorme beneficio, que para nada repercute na sociedade rural», denunció ayer Roberto García, secretario xeral de UU.AA. (...)>>


e o PP (11 de xullo): <>el partido de la oposición propone la puesta en marcha de una tarifa eléctrica diferenciada para Galicia y más reducida que la del conjunto de España.>> ... «Ao dispoñer dunha enerxía máis barata, a comunidade aumentaría o seu potencial de atracción de investimentos foráneos, xeradores de emprego e riqueza», explicó Tahoces.> http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=4933563

quarta-feira, junho 21, 2006

ESTE ANO TEMOS DÚAS FESTAS DA FRAGA!!

ESTE DOMINGO, 25 de XuÑo con Ñ, iremos xantar á fraga e a pasalo ben, a modo de merendas, manta no chan e mesiña da plaia, será unha festa da Fraga como o era ata non hai moito... non hai que apuntarse, nen pedir permiso, nen marcar nada, nen cravar nada, nen pelexar por sitio... solo hai que ter ganas de pasalo ben e compartí-la festa cos mais, levar comida para 1-2 persoas e unha manta nunha mochiliña e a baliar e arrolar, que a fraga nos agarda...
IMOS TODOS ALÓ !!!!! xa estamos moitos preparando as empanadas, os liscos, o cafe de pota e os chupiños, pasádeo !! :))))

O Concello revindicaba o valor da Mourela no 2003...

O Concello e a institución francesa descobren para a prensa a riqueza arqueolóxica da zona.
(...)
...E é que As Pontes, segundo dín os expertos, é un lugar singular no tocante ós vestixios do neolítico. Aquí hai preto de 200 mámoas, ou o que é o mesmo, monumentos funerarios datados entre o quinto e o cuarto milenio antes de Xesucristo. Tal cantidade de restos arqueolóxicos converten a nosa vila nun lugar imprescindible para descubri-la época na que o home pasou de cazador recolector a agricultor e gandeiro.
(...) A primeira parada da viaxe foi na Mourela, onde se atopa un dos xacementos megalíticos máis importantes de Galicia. Alí hai unha necrópole que xa estudiou o arqueólogo Federico Maciñeira a comezos do século XX. Unha necrópole case destruída por completo e moi ameazada pola actividade industrial. (...)

http://www.aspontes.org/novasdet.php?lang=gal&noticia=48

información fusilada de amigus.org onde dan as gracias polo enlace a Paisa

terça-feira, junho 20, 2006

memoria histórica

... informamos dunha convocatoria publicada no DOG (19 xunio 2006) que consiste na subvención a actividades que fomenten a recuperación da memoria histórica do golpe de estado do 1936, da guerra civil e da revolución social, así como da represión, da emigración ou doutros efectos posteriores.
Dende a nosa Asociación, estamos abertos a calquera proposta de colaboración para levar a cabo algúnha actividade ó abeiro desta axuda económica: xornadas, seminarios, grabación dun documental facendo entrevistas a xente de idade, etc.
Para máis información poñervos en contacto con nós.

segunda-feira, junho 19, 2006

O agasallo que nos fixo Geni

CHOIVA ÁCIDA

No “SUPER-OITO”
chovéume por dentro
un post-coito
salgado e salvaxe.

Non me chega o orzamento
para tanto agradecemento
a AS PONTES
qué non eran as de Madison.

Arancha non semellaba ser Meryl
nin Isma ser Clint,
pero nos ollos de Xaquín
tremía un adoquín,
espido,
de un Maio
que non foi florido,
de tantos Parises
que xa non nos quedan...

Ogalla ós reis republicanos
vos deixen sempre carbón,
ogallá unha mina
vos contaxie de ouro... sen febre.

A miña pluma
que estivo con disfuncións, flácida
torna ergueita
empapadiña coa: ¡”CHOIVA ÁCIDA”!


GENI

VIDEO: As crónicas da barbarie

A Plataforma pola Defensa do Círculo Lítico da Mourela ben de preparar un documento video-fotográfico, que non é máis cun exemplo da barbarie practicada nas últimas décadas no concello das Pontes, a todo aquelo que teña valor patrimonial.

Non perdades a ocasión de botarlle un vistazo, atópase na páxina de amigus.org.

Pincha aqui:
http://www.amigus.org/web/archives/005660.php

quinta-feira, junho 15, 2006

poesía e música

VENRES, 16 de Xuño ás 22:00 HORAS. BAR SÚPER 8

Confirmado:
O poeta betanceiro, Eugenio Luis Sánchez López, retorna a nosa vila para deleitarnos outra vez coas súas rimas, e para presentar as súas novas creacións adicadas ó pobo das Pontes.
¡Non te perdas as poesías cheas de frescura, erotismo, irreverencia e provocación, do inimitable e admirado poeta de Betanzos, GENI!
+ De seguido actuará o grupo Sax-appeal, integrado por xoves saxofonistas ponteses.

Colabora:
Asociación Cultural Choiva Azeda.

post by aar.

quarta-feira, junho 14, 2006

SOS Mourela: Mesa redonda “As pedras tamén morren”

Espazo en directo para a emisora local RadioEumeSábado 17, ás 11 da mañá, no salón de actos da Casa DopesoDebido á destrucción patrimonial que se está a producir no lugar da Mourela, entorno ao xacemento megalítico máis importante do noso concello, nas obras do treito As Pontes-Cabreiros da Autovía Ferrol-Vilalba, consideramos necesaria a apertura dun debate local con tódalas forzas sociais das Pontes, onde xurdan unha serie de medidas encamiñadas á protección e defensa do noso patrimonio.

Dende a plataforma entendemos que este problema é un problema de todos, non só dos veciños senón tamén dos que nos representan. Por iso convocamos a todos a participar desta mesa redonda o vindeiro sábado.


Plataforma Cidadá na defensa do Círculo Lítico da Mourela

segunda-feira, junho 05, 2006

SOS Mourela: A conta atras...

Novo comunicado da Plataforma:

"O Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias, notificou esta mañá á Consellería de Obras Públicas e Transportes a finalización dos traballos de excavación do círculo lítico da Mourela o vindeiro mércores día 7 de Xuño e a inmediata entrada das máquinas en días sucesivos para levar a cabo a destrucción deste importante elemento patrimonial.

Unha vez máis a Plataforma quere manifestar a súa repulsa contra esta decisión, por considerar que non só a integridade do círculo está en perigo senón tamén a das mámoas que se atopan nas inmediacións da obra.
Membros da Plataforma puideron ter acceso está mañá na Coruña aos documentos que acompañan o proxecto da Autovía. Tra-la visualización dos mesmos entendemos que se está vulnerar a lexislación vixente encanto á protección destas estructuras prehistóricas, pois se ben a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece un perímetro mínimo de protección de 200 metros, a maior parte dos túmulos atópanse a menos de 50 metros do trazado e algún pode quedar a menos de 20 metros da infraestructura.

Por isto dende a Plataforma non se descarta a adopción de medidas de carácter legal, que deteñan dunha vez este atentado patrimonial.

Sen marcha atrás, a Plataforma"

Mais informacion http://www.amigus.org/

domingo, junho 04, 2006

venres 16, xuño no Super 8

Estamos planeando a volta de Geni, o gran poeta de Betanzos, a recitar ó Super8, e a presentar a súas nosas poesías adicadas a As Pontes. Xa estivo con nós hai uns meses e encantounos a tod@s.

Que teñen en Nigran???

Da wed do colectivo:"salvemos monteferro:
"Ante as graves agresións xa sufridas no entorno natural de Monteferro (Nigrán) e fronte as accións anunciadas e propostas no proxecto de obras presentado polo Concello de Nigrán e a Deputación, ca conivencia da Comunidade de montes de Panxón, un grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor, tiveron o 12 de Xaneiro o primeiro encontro para unificar futuras actuacións na defensa dun dos últimos reductos verdes da nosa ría, e para amosar a nosa total repulsa ante os feitos acaecidos, e a nosa decidida oposición a deforestación e urbanización de Monteferro (único paraxe costeiro con espacio aínda sen urbanizar na banda sur da Ría de Vigo, dende Redondela a Nigrán).
O grupo está aberto a quén queira sumar ideas e accións na defensa de Monteferro. "
http://salvemos.mundoserver.org/inicio.html

sábado, junho 03, 2006

SOS Mourela: SÁBADO 3 DE XUÑO 16:30 H

A Plataforma e o pobo de As Pontes teñen unha nova cita para esta fin de semana, na sala polivalente, no 2º andar da Casa da Cultura Doctor Dopeso, na que se tratará e falará da situación actual e das tarefas semanais da organización e da xente disposta a colaborar e a defende-lo patrimonio de todos nos.