segunda-feira, junho 05, 2006

SOS Mourela: A conta atras...

Novo comunicado da Plataforma:

"O Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias, notificou esta mañá á Consellería de Obras Públicas e Transportes a finalización dos traballos de excavación do círculo lítico da Mourela o vindeiro mércores día 7 de Xuño e a inmediata entrada das máquinas en días sucesivos para levar a cabo a destrucción deste importante elemento patrimonial.

Unha vez máis a Plataforma quere manifestar a súa repulsa contra esta decisión, por considerar que non só a integridade do círculo está en perigo senón tamén a das mámoas que se atopan nas inmediacións da obra.
Membros da Plataforma puideron ter acceso está mañá na Coruña aos documentos que acompañan o proxecto da Autovía. Tra-la visualización dos mesmos entendemos que se está vulnerar a lexislación vixente encanto á protección destas estructuras prehistóricas, pois se ben a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece un perímetro mínimo de protección de 200 metros, a maior parte dos túmulos atópanse a menos de 50 metros do trazado e algún pode quedar a menos de 20 metros da infraestructura.

Por isto dende a Plataforma non se descarta a adopción de medidas de carácter legal, que deteñan dunha vez este atentado patrimonial.

Sen marcha atrás, a Plataforma"

Mais informacion http://www.amigus.org/

1 comentário:

Anónimo disse...

Your are Nice. And so is your site! Maybe you need some more pictures. Will return in the near future.
»