Videos da festa da fraga

Loading...

quinta-feira, janeiro 31, 2008

Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".

+ info: ARREDEMO

Axudas publicadas para asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DAS SUBVENCIÓNS CONVOCADAS POLA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDAD

Os días 16, e 17 saíron publicadas no DOG as ordes que convocan as axudas destinadas a asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e realización de actividades de voluntariado e as subvencións para actividades

ASOCIACIÓNS XUVENÍS:

Convocatoria de axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude. Informa Diario Oficial de Galicia de 17 de Xaneiro de 2008. O prazo para presentalas solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte a publicación no DOG

As axudas contarán das seguintes modalidades:

-Modalidade A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento, entendido como o conxunto de actividades planificadas con coherencia co fin de acadar os obxectivos estatutarios dunha asociación.

-Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable.

-Modalidade C: realización de proxectos de promoción xuvenil, entendidos como aqueles proxectos con carácter puntual e extraordinario que unha entidade realiza co obxectivo xeral da promoción da mocidade.

VOLUNTAR
IADO:

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial galego, nalgunha das seguintes áreas: a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. b) Área de formación e participación: perséguese aquí unha modernización e adaptación permanente das entidades á realidade social. c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado, así como as iniciativas de carácter experimental que acheguen solucións innovadoras.

Anuncio enviado polo Departamento de cultura do Concello das Pontes

Aberto o prazo de solicitude de subvencións para entidades de Deputación da Coruña


Subvencións a entidades

SERVIZOS SOCIAIS
29/01/2008
Convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro para mantemento e investimentos de servizos sociais especializados, socio-sanitarios e de fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, durante o ano 2008
Prazo: até o 29 de febreiro de 2008
bases | impresos ]
CULTURA E DEPORTES
29/01/2008
Convocatoria de programas de apoio ao deporte xeral e federado, dirixidos a entidades para actividades e investimentos. 
Prazo até o 29 de febreiro de 2008
bases | impresos ]
CULTURA E DEPORTES
29/01/2008
Convocatoria de programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2008
Prazo até o 29 de febreiro de 2008
bases | impresos ]
PROMOCIÓN ECONÓMICA
29/01/2008
Convocatoria de programas dirixidos a entidades da provincia para actividades e investimentos durante o ano 2008
Prazo: até o 29 de febreiro de 2008
bases | impresos ]
PROMOCIÓN ECONÓMICA
29/01/2008
Convocatoria de programas de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores da provincia da coruña durante o ano 2008
Prazo: até o 29 de febreiro de 2008
bases | impresos ]
PROMOCIÓN ECONÓMICA
29/01/2008
Convocatoria do programa de subvencións de agricultura dirixido ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña durante o ano 2008
Prazo: até o 29 de febreiro de 2008
bases | impresos ]

Avisados polo Departamento de Cultura do Concello das Pontes

quarta-feira, janeiro 30, 2008

17 DE FEBREIRO: MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA CONTRA A DESTRUCCIÓN DO TERRITORIO


O COLECTIVO GALIZA NON SE VENDE convoca a cidadanía preocupada pola destrucción do territorio a unha manifestación o domingo 17 de febreiro en Santiago de Compostela

FAISE un chamamento contra a destrución sistemática do territorio que se está a producir coa participación do goberno ou a causa do seu deslexio. 

A especulación, o urbanismo salvaxe e a marbellización do litoral, a contaminación e recheos nas rías, a degradación dos ríos, o plan acuícola, o plan da minería, o plan eólico, o novo plan de portos deportivos, a destrucción do Courel, Reganosa, Ence,a planta de residuos proxectada en Ribadavia,a desaparición do rural, a destrución dos espazos protexidos e do patrimonio cultural...

Todas estas son manifestacións deste proceso destructivo que en maior ou menor medida afectan a todo o territorio e poñen en perigo o futuro desta sociedade e a integridade do seu medio. Para manifestar a nosa oposición e tentar poñerlles freo acudide a Compostela o 17 de febreiro e difundide agora esta convocatoria a través dos vosos correos e bitácoras.

Por unha Terra Viva e unha Vida Digna para tod@s

                           Primeira manifestación de Galiza Non Se Vende o 6 de maio de 2007
A Rede Galiza Non Se Vende, formada por máis de medio cento de colectivos ambientalistas e sociais, desembarcará o 17 de febreiro en Compostela para berrar contra a destrución do país

Velaí a grande acción global ambientalista deste 2008 na Galiza nosa. Artellada dende unha organización en rede, un tecido social composto por colectivos moi heteoxéneos pero que coinciden nunha loita común, trata de frear a destrución ambiental do territorio galego, que segundo afirman, nos últimos anos acadou cotas inimaxinábeis. Unha destrución fondamente cimentada no sistema economicista que nos goberna en todos os eidos e nuns gobernos –tamén o actual– que para eses colectivos non están a respostar ás demandas da poboación. Son, ao cabo, unha arañeira de conciencia ambiental que pretende remexer tamén a conciencia colectiva do país. Unha base social antagónica ao poder político.

Galiza Non Se Vende fai así fincapé nunha problemática dabondo extensa, nunha doenza histórica da terra que xa non soporta máis o custe ambiental de actividades económicas insustentábeis que, en gran medida, “residen en empresas de enclave que nos colonizan”.

E a listaxe de eivas évos ben longa: marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plan acuícola devastador, plan de portos deportivos, plan eólico desmesurado, especulación, plan da minaría, destrución do Courel, urbanismo salvaxe, industrias perigosas (Reganosa, Ence, Parque de Residuos no Ribeiro), modelo de transporte e mobilidade insustentábel, destrución do medio rural, dos espazos protexidos e do patrimonio cultural…

Esta marcha pola dignidade da terra terá lugar o 17 de febreiro, a rentes pois da campaña electoral para as Cortes do Estado, saíndo da alameda de Santiago ás 12 da mañá.


terça-feira, janeiro 29, 2008

Primeiras imaxes de auga no lago

Por cortesia de Amigus, aqui tedes a primeira imaxe da auga no lago. Ainda que de momento a xunta non autorizou a empezar a encher o burato da mina cas augas do eume, a choiva destas ultimas semanas e o feito de que apagaran as bombas que achicaban a auga da choiva ata a depuradora da vilavella fixeron posible que empece a apozar a auga.



Saudos, J.A.Blanco

Ofertas de emprego do mes de febreiro


Novas ofertas de emprego de A.E.S. Briante. Pódesen ollar perto dunhas 90 posibilidades. Sorte.

As mazás do Eume, patrimonio botánico e gastronómico


Productores da comarca unense para promover hortas en familias e colexios

A comarca do Eume está que se sae en materia gastronómica. Se xa fachandeaba de ter os mellores grelos e o mejoll requeixo, agora faino cas súas froitas. A Consellería de Medio Rural recoñece que o 25% das modalidades de mazás a conservar en Galicia atópanse no antigo feudo dos Andrade.

E agora acaba de costituirse a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume ca meta de fomentar o seu cultivo tanto nas hortas familiares como nas propias escolas. Juan Bautista Marcote, secretario da entidade, explica que "primeiro faremos un campo de ensaio nas parroquias do Ombre e Doroña, con mazás catalogadas dende os anos 70".

Marcote queixase de que "se perdera o cultivo da árbore, as fincas só se dedican a dar froitos pero de xeito abandonado". Para poñer fin a este estancamento, potenciarase o cultivo en hortas familiares "pero sen explotación industrial". Ahí recórrese á memoria histórica: "Ata mediados do século XIX o Eume daba moitas froitas, e entón naceu a famosa Festa das Peras".

Despois promoverase a plantación de maciñeiras en escolas: "Que esperte a mentalidade sobre o coidado da froita, que se poña en valor". Ofertaranse cursos en parroquias e divulgarase o producto en festas. Por último, rescataranse outras pezas autóctonas: a cereixa e a pera Urraca.

NOVA DO CORREO GALEGO

O PP de O Grobe retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos


Recibimos un correo que reproducimos no noso blog, ao tempo que nos solidarizamos que autora do blog denunciado.

Queridos amigos, me llamo Sol Costas y soy la autora del blog http://ogrobe.blogspot.com denunciado por el PP en el Juzgado de Cambados http://www.20minutos.es/noticia/197087/0/pp/gallego/blog/

Os escribo para comentaros que de nuevo nos estan atacando: O PP de Ogrobe retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos. Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs

Un año después de que el PP iniciara una batalla legal contra dos blogs de Cambados y O Grove por estimar ofensivos sus contenidos, los populares grovenses devuelven el asunto a la actualidad.

TE DEJO EL ENLACE A MI BLOG EN GALLEGO.
http://ogrobe.blogspot.com/2008/01/actitudes-covardes.html

LA VOZ DE GALICIA EN CASTELLANO: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/01/22/0003_6499856.htm

Si quereis alguna aclaración ó cualquier otra cosa no dudeis en escribir a mi correo.

Un saludo

domingo, janeiro 27, 2008

Victoria do choiva azeda fs


As 20:00 no pabillon da fraga, disputouse a derradeira xornada da primeira volta na liga local de futbol sala de As Pontes, con victoria de choiva azeda fs por 9-2 fronte o instituto. Xogaron este partido, oscar e pablo coma porteiros, e marcos, Sebas, David, alberto, jose e Ivan.
Marcos con 3 goles, sebas e jose con 2 goles, e david e ivan con 1 gol conseguiron perforar a meta do rival.
Despois desta victoria, choiva azeda fs, remata a primeira volta con 13 puntos en 10º posicion. Ademais marcos suma xa 17 goles e segue pelexando por o titulo de maximo goleador da competicion.



Internet e Mass Medias na cita electoral do 9M


O debate político na Internet entre Zapatero e Rajoy proposto por 20 Minutos podería quedar en nada por culpa en boa medida das canles de televisión, que durante o día de onte se lanzaron en masa a emular á iniciativa emprendida por YouTube e a CNN para crear uns debates electorais coa participación dos cidadáns a través da Internet.

TVE, Antena 3 e LaSexta parecen ser as canles que se enredan nesta absurda loita na que todos parecen querer ser os pioneiros nun formato de interactividade copiado dos EE.UU.

A primeira canle en sumarse a esta nova tendencia foi Televisión Española, que estreou unhcanle electoral en YouTube na que os cidadáns poderán enviar preguntas en vídeo dirixidas ós candidatos, das que as seleccionadas se emitirán por TVE dentro dos programas de entrevistas que se retransmitirán nos vindeiros días, podendo tamén os internautas botar polas súas preguntas favoritas a partir do 14 de febreiro.

Esta nova plataforma se promocionará a través dunha web de RTVE na que se explican os detalles desta iniciativa, dando consellos a quen desexe participar (coma que os seus vídeos non duren máis de 30 segundos, que se identifique o autor ou destacar pola orixinalidade).

Segundo Rosalía Lloret, directora de Medios Interactivos de RTVE, esta iniciativa nace «a raíz do éxito do programa Tengo una pregunta para usted» e pretende«fomentar a participación cidadá no proceso político».

Reaccionando a toda velocidade ó anuncio de RTVE, dende Antena 3 tamén estrean unha canle en YouTube, que complementará á web electoral dos seus servizos informativos. Dende Antena 3 aseguran que as preguntas remitidas en vídeo polos internautas se poderán ver en seccións especiais de Espejo Público e 360 grados, así como nas distintas edicións de Antena 3 Noticiasemitíndose as cuestións máis orixinais e as que non foran abordadas polos diferentes programas dos partidos políticos.

Amais, tamén levarán a comunicación das eleccións ós novos soportes coma Internet, a telefonía móbil (SMS, MMS, WAP, vídeo baixo demanda e televisión móbil), televisión por Internet, etc.

LaSexta decidiu seguir o mesmo camiño que o resto de canles televisivas, aínda que dun xeito menos áxil, pois a súa aposta céntrase na creación da web TúPreguntas.com, que non estará operativa ata o vindeiro luns.

A iniciativa de LaSexta preséntase coma un reto lanzado a Zapatero e Rajoy, para que respondan ás preguntas dos internautas ós dous líderes políticos, seleccionando as máis orixinais e incisivas para un potencial debate televisivo desta canle.

LaSexta permite o envío de preguntas a través de webcam na súa web especial, remitindo o enderezo dun vídeo subido a YouTube e mesmo escribindo a pregunta en texto (sen vídeo). Os usuarios da web tamén poderán opinar sobre as preguntas enviadas e intercambiar ideas con outros cidadáns.

Quén da máis?

Mapa climático de Europa no ano 2071

                             Imaxe: Centre International de Recherche sur l'Environnement et le Développement and Ecole Nationale de la Météorologie, Météo-France.

O mapa superior mostra a posición xeográfica que equivale ao clima que terán varias capitais europeas no ano 2.071 causado polo incremento das temperaturas, en base a modelos e cálculos actuais.

(Vía Guardian Unlimited / Environment.)

NOVA EXTRAÍDA DE ECOMICROSIERVOS

OGSI publicou o monográfico "O uso de Internet nas redes sociais de Galiza"



O monográfico do OBSERVATORIO GALEGO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN analiza as novas ferramentas sociais que existen para que os galegos se comuniquen na Rede.

No estudo O uso de Internet nas redes sociais de Galiza, María Yáñez e Berto Yáñez, dous especialistas na materia e con ampla experiencia en Chuza.org, ofrecen unha exposición clara e simple sobre a expansión das redes sociais en Galiza grazas a aparición de Internet. O monográfico traza unha breve historia desde os seus inicios das rede sociais, a súa potenciación a través do uso das novas tecnoloxías e analiza as novas ferramentas sociais que existen para que os galegos se comuniquen na Rede.

O Observatorio Galego inicia, coa publicación deste estudo, a edición dunha serie de dossieres de carácter divulgativo elaborados por grupos de experto sobre diversos aspectos da Sociedade da Información co obxectivo, ditado polo PEGSI, de achegar este coñecemento á sociedade galega.

Os blogs, fotoblogs, MySpace ou Facebook son algunhas das novas tendencias analizadas neste dossier como exemplo das novas formas de organización social en rede que evoluíron coa aparición de Internet. O estudo sinala que en Galiza hai dúas redes principais de blogs: A Blogoteca, que conta con máis de 1.000 blogs e unha media de 65 blogs novos ao mes, e Blogaliza, na que se crean máis de 70 blogs ao mes.

Entre as redes sociais de novas, o estudo destaca a Chuza.org como unha das redes máis consolidadas e con maior tráfico de novas e usuarios. A día de hoxe, con pouco máis de 20 meses de vida, Chuza superou os 2.000 usuarios e as 10.000 visitas diarias.

Galipedia, versión en galego da wikipedia, é outros dos fenómenos examinados no dossier. A súa gran achega está na creación de contidos propios, información de ámbito galego que non se pode atopar en ningunha outra wikipedia do mundo. A Galipedia supera xa as 29.000 entradas e conta con 2.700 usuarios.

Finalmente o estudo realiza unha reflexión da influenza de Internet e as novas ferramentas sociais nos medios de comunicación.

A forma de publicación destes informes correspóndese coa iniciativa CES-LA2-I4 Acceso libre aos contidos de orixe pública, do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). Os monográficos distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative Commons e están dispoñibles na web do OGSI.

"Ciudadanos en blanco" presentarase as Eleccións Xerais para reclamar o seu cómputo


“Ciudadanos en blanco” ha partido -y parte- de la oportunidad e incluso necesidad de fomentar y practicar el “voto en blanco” en las distintas convocatorias electorales.

El razonamiento común que en “ciudadanos en Blanco” nos hemos hecho es el siguiente:


En nuestra sociedad parece percibirse cada día con mayor amplitud un déficit de justicia y democracia en las instituciones políticas que produce en muchos ciudadanos rechazo de la política al uso y, con alguna frecuencia, rechazo del sistema político vigente, tal como está plasmado en las leyes y en la propia constitución; lo que les lleva, a la hora de las elecciones a los consistorios y a los parlamentos, a la abstención o el voto en blanco.


LER MÁIS


PARA PRESENTARTE NA SÚAS LISTAS, CLICA AQUÍ


sábado, janeiro 26, 2008

Día Internacional das Zonas Húmidas

O Convenio Ramsar ou Convención relativa aos Humidais de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, foi asinado o 2 de febreiro de 1971 en Ramsar e entrou en vigor en 1975. Na actualidade hai 145 Partes Contratantes na Convención, e 1.435 humidais (5 en Galicia), cunha superficie total de 125,1 millóns de hectáreas, designados pra seren incluídos na Listaxe de Humidais de Importancia Internacional de Ramsar.

O concello da Coruña aposta pola mobilidade sostible

sexta-feira, janeiro 25, 2008

V Festival de bandas de gaitas das Pontes

O sábado 26 de xaneiro ás 18 h no Auditorio M. Cine Alovi, celebrarase o V Festival de Bandas de Gaitas das Pontes,
 
Este ano xunto coa Banda de gaitas da Escola Municipal de Música Tradicional das Pontes, estarán:
 
A Banda de Gaitas FONTORNELA, de Mera (Oleiros)
 
e Banda de Gaitas BRISAS DO QUENLLO de Tordoia

quarta-feira, janeiro 23, 2008

Tiña 87 primaveras

Tiña 87 primaveras, e moito que contar, que vender e que lembrar. Era Jovita unha das mais recoñecidas e míticas tendeiras de Lugo. 

Podías achegarte a súa tenda a calquera hora, e atopar todo un universo de produtos, para pasar o apuro ou para regalar alguén. Nos derradeiros anos ela se foi convertendo na raíña do botellón, ninguén podía con Jovita, tan só unha mestura dese frío lugués que cala nos osos, e as veces parece que quedase a vivir no inverno, no interior de un, conseguiu que Jovita pechase. 

Agora que xa non fago o botellón, que as cousas van mais ala do fin de semana próximo, sempre que pasaba por diante de Jovita, me apetecía pasar a comprar algo, unhas patacas, iogures, galletas..., abrindo paso entre as bombonas de butano encadeadas (quen non se quedou sen auga quente, ¿e onde collo butano?, Jovita tiña a solución), ela, en bata de casa e zapatillas abría a porta, e sempre tiña conversa. Ti saias da tenda, non so co que comprabas, tamén levabas ese sentimento morriñento de cando eras pequeno e con cinco pesos, mercabas un paquete de “gusanitos” e dous “caramelos de cubalibre”, na tenda que tiñas preto da casa, onde a túa nai mandaba ir levar as 3 pesetas que lle faltarán fai unha hora para o pan. 

Esas tendas que tiñan o nome da dona, por todos coñecida. Jovita coa túa morte non só morre unha tendeira, morre unha forma de vida, coa que medramos moitos de nos. Nestes tempos onde os novos, dise que non temos inquedanzas nin ideais, nin figuras, ti xuntaches os novos e non tan novos, poñendo nos de acordo en algo, "Jovita te botaremos de menos". 

No ceo dos meus soños, Casa Jovita, seguirá sendo o verdadeiro 24 horas.


Feira do Grelo nas Pontes o domingo 3 de febreiro


As Pontes celebrará un ano máis a feira gastronómica por excelencia do concello aproveitando as animadas e laicas datas do Antroido.

A data será o próximo 3 de febreiro e xa van XXVIII feiras en honor do Grelo (non da Nabiza, que non é o mesmo nin parecido).

O cartace é do deseñador Noé López Valiña

+ info sobre o GRELO da Galipedia

O movemento ecoloxista propón "un programa para a Terra" aos partidos políticos

Son 'doce mandamentos' para «facer as paces co planeta» e, de paso, converter a España nun país máis sostible. Hai eleccións ao lonxe e os principais grupos ecoloxistas do país - Greenpeace, WWF/Adena, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e Amigos da Terra- presentaron este martes 'Un programa pola Terra' como oferta electoral e ecolóxica para os partidos políticos, por se non teñen unha propia. Fixérono antes das eleccións municipais e autonómicas de 2007 e repiten agora de face ás xenerais do 9 de marzo. Entre as súas propostas, ecotasas para os combustibles 'sucios', incentivos ás renovables, peche das nucleares e educación 'verde' para os escolares.

Pretenden «alimentar o debate ambiental» na campaña electoral e proporcionar aos futuros responsables políticos do país unha boa 'folla de ruta', afirmou Juan López de Uralde, director de Greenpeace.

'Un programa pola Terra' propón compromisos concretos sobre cambio climático, enerxía, transportes, calidade do aire, urbanismo e ordenación do territorio, industria, residuos, consumo, auga, agricultura e desenvolvemento rural, bosques, conservación, costas, e política exterior, entre outras áreas. E resúmense en 12 capítulos prioritarios:

-Reducir as emisións de CO2, un 30% para 2020 e un 80% para 2050, respecto dos niveis de 1990, por medio dunha Lei contra o Cambio Climático.

-Unha Lei de Aforro e Eficiencia Enerxética Reducir de forma drástica o consumo enerxético.

-Aposta pola enerxía limpa cunha Lei de Enerxías Renovables.

-Restrinxir o uso do automóbil, máis transporte público e plans obrigatorios de Mobilidade Sostible.

-Medidas efectivas para reducir a xeración de residuos.

-Educar en colexios e institutos para unha 'cidadanía verde', menos consumista.

-Compras públicas suxeitas a estritos criterios ecolóxicos e sociais.

-Redución dun 20% no uso de produtos químicos na agricultura.

-Incentivar o aluguer e a rehabilitación de vivendas fronte á compra e a nova construción.

-Recuperación de acuíferos sobreexplotados, peche de extraccións ilegais, máis de medio millón, e asegurar caudais ecolóxicos nos ríos.

-Completar a rede Natura 2000, tanto terrestre como mariña, e garantir o seu financiamento e xestión.

-Crear unha rede de espazos mariños protexidos, que inclúa áreas litorais e oceánicas.

Detrás destes doce enunciados escóndense propostas de difícil encaixe para algúns partidos políticos, como o peche en 2015 de todas as centrais nucleares, deixar de construír autovías e autoestradas e restrinxir a construción e a ocupación urbanística. «Fai falta maior control na concesión de licenzas de construción e para aprobar plans urbanísticos», a xuízo de Theo Oberhuber, coordinador de Ecoloxistas en Acción.

«Nos últimos anos conseguimos que o discurso ambiental forme xa parte habitual do debate político; agora o momento da acción», recalcan os ecoloxistas. As organizacións asinantes pretenden reunirse en próximos días con representantes dos partidos políticos para facerlles chegar o seu 'programa'.