Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, janeiro 23, 2008

O movemento ecoloxista propón "un programa para a Terra" aos partidos políticos

Son 'doce mandamentos' para «facer as paces co planeta» e, de paso, converter a España nun país máis sostible. Hai eleccións ao lonxe e os principais grupos ecoloxistas do país - Greenpeace, WWF/Adena, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e Amigos da Terra- presentaron este martes 'Un programa pola Terra' como oferta electoral e ecolóxica para os partidos políticos, por se non teñen unha propia. Fixérono antes das eleccións municipais e autonómicas de 2007 e repiten agora de face ás xenerais do 9 de marzo. Entre as súas propostas, ecotasas para os combustibles 'sucios', incentivos ás renovables, peche das nucleares e educación 'verde' para os escolares.

Pretenden «alimentar o debate ambiental» na campaña electoral e proporcionar aos futuros responsables políticos do país unha boa 'folla de ruta', afirmou Juan López de Uralde, director de Greenpeace.

'Un programa pola Terra' propón compromisos concretos sobre cambio climático, enerxía, transportes, calidade do aire, urbanismo e ordenación do territorio, industria, residuos, consumo, auga, agricultura e desenvolvemento rural, bosques, conservación, costas, e política exterior, entre outras áreas. E resúmense en 12 capítulos prioritarios:

-Reducir as emisións de CO2, un 30% para 2020 e un 80% para 2050, respecto dos niveis de 1990, por medio dunha Lei contra o Cambio Climático.

-Unha Lei de Aforro e Eficiencia Enerxética Reducir de forma drástica o consumo enerxético.

-Aposta pola enerxía limpa cunha Lei de Enerxías Renovables.

-Restrinxir o uso do automóbil, máis transporte público e plans obrigatorios de Mobilidade Sostible.

-Medidas efectivas para reducir a xeración de residuos.

-Educar en colexios e institutos para unha 'cidadanía verde', menos consumista.

-Compras públicas suxeitas a estritos criterios ecolóxicos e sociais.

-Redución dun 20% no uso de produtos químicos na agricultura.

-Incentivar o aluguer e a rehabilitación de vivendas fronte á compra e a nova construción.

-Recuperación de acuíferos sobreexplotados, peche de extraccións ilegais, máis de medio millón, e asegurar caudais ecolóxicos nos ríos.

-Completar a rede Natura 2000, tanto terrestre como mariña, e garantir o seu financiamento e xestión.

-Crear unha rede de espazos mariños protexidos, que inclúa áreas litorais e oceánicas.

Detrás destes doce enunciados escóndense propostas de difícil encaixe para algúns partidos políticos, como o peche en 2015 de todas as centrais nucleares, deixar de construír autovías e autoestradas e restrinxir a construción e a ocupación urbanística. «Fai falta maior control na concesión de licenzas de construción e para aprobar plans urbanísticos», a xuízo de Theo Oberhuber, coordinador de Ecoloxistas en Acción.

«Nos últimos anos conseguimos que o discurso ambiental forme xa parte habitual do debate político; agora o momento da acción», recalcan os ecoloxistas. As organizacións asinantes pretenden reunirse en próximos días con representantes dos partidos políticos para facerlles chegar o seu 'programa'.

Sem comentários: