Videos da festa da fraga

Loading...

sábado, janeiro 12, 2008

26 DE XANEIRO DE 2008 • Día de Mobilización e Acción Global


Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocan a un acto cívico de mobilización para expresar dende Galicia a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.

ESTE É O COMUNICADO:

DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO

26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de movementos sociais en Santiago

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.

Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (por mor do espazo limitado organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o Día de Mobilización e Acción Global que este ano substitúe ó Foro Social Mundial centralizado.

A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela , o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).

O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:

  • Contra a globalización neoliberal

  • Para erradicar a pobreza

  • Pola paz e contra o armamentismo

  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais

  • Abolición da débeda externa

  • Igualdade real das mulleres

  • Sustentabilidade ecolóxica

  • Defensa dos recursos naturais

  • Pola Sobreranía dos pobos

  • Agricultura e alimentación fóra da OMC

  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria


Sem comentários: