

O vindeiro sábado 19 de xaneiro a Rede de Acción Sociocultural Arredemo presenta o seu novo portal de comunicación no Instituto Galego de Información (IGI) a días escasos do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do Grupo Sargadelos e da máis que posible liquidación do proxecto cultural a el asociado. No contexto desta agresión e aloxado no portal, reábrese o Foro Negro (ver anterior edición) como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.
Arredemo invita a participación na construción da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo contribuíndo a tecer a rede de todas e todas.
Para confirmar a asistencia individual ou de colectivos escribir un correo a: foronegro@arredemo.info
Sem comentários:
Enviar um comentário