Videos da festa da fraga

Loading...

sábado, janeiro 19, 2008

Choiva Azeda súmase a iniciativa "Por un debate en Internet entre Zapatero e Rajoy"

A asociación Choiva Azeda, a través do seu blog, súmase á iniciativa promovida polo xornal 20minutos.es na que se pide que os dous principais representantes políticos en España fagan un debate por internet. 

Esta iniciativa está sendo apoiada polos medios de comunicación xeneralistas coma elpaís.comelmundo.espúblico.eslavanguardia.eselperiodico.com, xunto con outros medios dixitais tales como Buttop, servizos web como Terra e Twitter (a través do que os internautas poderán enviar as súas preguntas aos políticos) e numerosos blogs. 

Pra máis datos está dispoñible a web www.porundebateeninternet.com

OS CIDADÁNS XA ESTAMOS FARTOS DE DEBATOS PACTADOS E QUEREMOS DEBATES REAIS.

8 comentários:

shinigami disse...

Xa poderian incluir ós demais partidos a ver se dunha vez por todas deixase este modelo biparidista

aromia disse...

¿Pero van a saber teclear?, o millor así danse conta da merda/careira banda ancha hispana.

Anónimo disse...

Joer, xa estamos cos bipartidismo do carallo, non será mellor unha mesa redonda con diversos representantes. Penso que sería moito máis enriquecedor por que zapatera e rajoy non dan moito de sí. Por que non facer unha campaña en contra do bipartidismo enpobrecedor.

aclaración para politólogos disse...

España non é un país con bipartidismo, xa que non é presidencialista, seno parlamentarista.

O que ocorre é que únicamente hai 2opcións posibles de goberno, xa que os demáis partidos son minoritarios ou nen sequera representan a todos os españois, xa que somentes teñen unha política autonómica (caso do BNG) e mesmo eles rexeitarían ser presidentes dun goberno español. A única excepción é Izquierda Unida.

¿Debate en internet? Sí, grazas disse...

¿Debate en internet? Sí, grazas

Estáse a falar moito da porposta de 20 Minutos de facer un debate entre Rajoy e Zapatero en internet. Do que non se fala nada é das concidións que terían que rexir (ou non) o susodito debate. Desto último encargouse Juan Varela no seu blogo.

O xornalista de Betanzos (que alguén me corrixa se este dato é erróneo) apunta cinco condicións pra que este debate sexa real e non dirixido, coma os da tele (este matiz é meu). Estas condicións veñen sendo:

1. Limitar as ríxidas condicións dos partidos e abri-lo á cidadanía.
2. Aberto ás preguntas dos cidadáns elexidas por eles mesmos.
3. Abri-lo máis alá dos medios. Multiplataforma.
4. Non excluir a participación de outros candidatos e partidos.
5. Tempo, participantes e formato aberto.

Os cinco puntos están desenvolvidos no seu artigo. Se queres saber máis, só tés que seguir a ligazón

ENGADIDO: Juan Varela amplía o bocexo a dez puntos nun artigo en Soitu.

RECOLLIDO DO INTERESANTE BLOG: UZ

Anónimo disse...

A ver, que só haxa dous opcións para formar goberno, non quere dicir que só estes dous "fagan política". O parlamento (formado por diferentes partidos) é o reflexo da realidade, heteroxenea, do Estado. O bipartidismo sesga a realidade, favorecendo a democracia de mercados e a banalización da política.

E por suposto, deixa de lado calquer partido nacionalista, cunha concepción diferente de España e que guste ou non aos neoespañolistas, reflicten igualmente a realidade do Estado Español.

Paréceme incríble que unha Asociación como Choiva Ázeda apoie este tipo de paripés... incríble... realmente increble.

Menos bipartidismmo, más democracia.

F. Outeiro disse...

Neoespañolistas, jajajajjaj
cantos complexos neogaleguistas.

Neste país chamado Galicia o que fai falla é un sentido da liberdade máis amplo e non seguir vivindo cos prexuizos dos nosos pais e nais.

Os que tanto critican a España pola súa mentalidade conservadora, recordarlles que a día de hoxe (e xa estamos no século XXI) nunca un partido progresista ou nacionalista conseguía un maioría clara en Galicia... non será que os galegos somos máis papistas que o Papa.

Para rematar eu tamén apoio a iniciativa do xornal de 20 minutos, porque o que se reclama é un maior peso da internet na vida española (por consecuencia en Galicia), sobre todo o aproveitamento da liberdade cívica que existe na rede de redes, cousa que deixou de existir dos Mass Media fai moito tempo.

E grazas a Choiva Azeda, por divulgar esta campaña, por facer un blog en galego tan interesante, e por aturar comentarios como o meu.

FISMI disse...

DEBIDO A QUE SE TEN XERADO UNHA POLÉMICA A RAIZ DO APOIO EXPLÍCITO DE CHOIVA AZEDA Á CAMPAÑA DE "20 MINUTOS" PARA FACER UN DEBATE ELECTORAL NA REDE, EXPOÑER (DENDE O MEU PUNTO DE VISTA) O SEGUINTE:

1º DENDE ESTE BLOG XAMÁIS SE FAI PROSELISTIMO POLÍTICO, NIN MOITO MENOS APOIASE UN MODELO BIPARTIDISTA DO SISTEMA POLÍTICO (TODO O CONTRARIO)

2º CHOIVA AZEDA É UN COLECTIVO PLURAL E LIBRE, E POLO TANTO COMPOSTA POR INDIVIDUOS QUE DE FORMA INDEPENDENTE DECIDEN COMO E POR QUÉN EXERCEN O SEU VOTO DENTRO DAS ESCASAS OPCIÓNS POSIBLES (...E SE DECIDEN EXERCER O SEU DEREITO)

3º ESTOU SEGURO QUE A RECLAMACIÓN DE FONDO DESTA CAMPAÑA, NON É A POLARIZACIÓN POLÍTICA, SENÓN O FOMENTO DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E DA INFLUENZA DE INTERNET NA OPINIÓN PÚBLICA

4º A MELLOR OPCIÓN PARA ESTE DEBATE, COMPARTO QUE SERÍA A DE ESTAR ABERTA A TODOS OS PARTIDOS QUE SE PRESENTAN AS ELECCIÓNS (DESCOÑEZO O NÚMERO)

5º APARTE DA SELECCIÓN E DO NÚMERO DE CANDIDATOS, HAI ALGUÉN QUE SE OPOÑA A DEBATIR EMPREGANDO O FORMATO ABERTO DE INTERNET? OU PREFERIMOS UN DEBATE CON PERIODISTAS QUE DE SEGURO ESTÁ PACTADO DE ANTEMÁN?