Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, janeiro 23, 2008

Tiña 87 primaveras

Tiña 87 primaveras, e moito que contar, que vender e que lembrar. Era Jovita unha das mais recoñecidas e míticas tendeiras de Lugo. 

Podías achegarte a súa tenda a calquera hora, e atopar todo un universo de produtos, para pasar o apuro ou para regalar alguén. Nos derradeiros anos ela se foi convertendo na raíña do botellón, ninguén podía con Jovita, tan só unha mestura dese frío lugués que cala nos osos, e as veces parece que quedase a vivir no inverno, no interior de un, conseguiu que Jovita pechase. 

Agora que xa non fago o botellón, que as cousas van mais ala do fin de semana próximo, sempre que pasaba por diante de Jovita, me apetecía pasar a comprar algo, unhas patacas, iogures, galletas..., abrindo paso entre as bombonas de butano encadeadas (quen non se quedou sen auga quente, ¿e onde collo butano?, Jovita tiña a solución), ela, en bata de casa e zapatillas abría a porta, e sempre tiña conversa. Ti saias da tenda, non so co que comprabas, tamén levabas ese sentimento morriñento de cando eras pequeno e con cinco pesos, mercabas un paquete de “gusanitos” e dous “caramelos de cubalibre”, na tenda que tiñas preto da casa, onde a túa nai mandaba ir levar as 3 pesetas que lle faltarán fai unha hora para o pan. 

Esas tendas que tiñan o nome da dona, por todos coñecida. Jovita coa túa morte non só morre unha tendeira, morre unha forma de vida, coa que medramos moitos de nos. Nestes tempos onde os novos, dise que non temos inquedanzas nin ideais, nin figuras, ti xuntaches os novos e non tan novos, poñendo nos de acordo en algo, "Jovita te botaremos de menos". 

No ceo dos meus soños, Casa Jovita, seguirá sendo o verdadeiro 24 horas.


2 comentários:

Manuel Rivas disse...

¿Morreu a Jovita? Non tiña nin idea... A verdade é que o sinto ben..

exveciño de lugo disse...

o meu máis sentido pésame.