Videos da festa da fraga

Loading...

segunda-feira, janeiro 14, 2008

Gañadores do III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos


O xurado do III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo, seleccionou as fotografías presentadas, e que serán obxecto de exposición próximamente, e de entre estas concedeu catro accesits, dous terceiros premios, un segundo e un primeiro premio.

 

Reunido en Lugo, na sede da Delegación en Lugo do C.O.A.G., o 21 de Decembro de 2007, o xurado do III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo.

O xurado acordou outorgarlle o primeiro premio á fotografía titulada: MEDROU XUNTO A CASA DOS ABÓS

Prémiase esta fotografía entendendo que amosa unha coidada coherencia formal, dende a ironía, entre á crítica da edificación representada e a súa “evocadora” presentación.


Unha vez aberto o sobre identificativo compróbase que esta fotografía está realizada no lugar de Agruñá, no Concello de Friol, e que o seu autor é D. Miguel Ángel Fraga Vila.

+ INFO na web do COAG


1 comentário:

Aromia disse...

Moi boas,Orozco xa pode facer o panfleto turístico sobor a muralla, co seu tren chuchu, direción Mariña, desviandose por Friol.