As novas do pais, da comarca e da nosa vila

Loading...

Barra de Vídeo

Loading...
Mostrar mensagens com a etiqueta fotografía. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta fotografía. Mostrar todas as mensagens

Quinta-feira, Maio 15, 2008

Exposición en Fene


Non sempre podemos asistir a exposicións primixenias, de artistas que aínda non están metidos na boraxine dese mercantilismo feroz que rodea a todas as facetas do arte hoxe por hoxe. Tres artistas novos, invítanos a apreciar a súa obra a partires desta sexta feira no concello de Fene.

Sexta-feira, Abril 04, 2008

ADEGA desaconsella construir lagos artificiais sobre as minas de As Pontes e Meirama

Fotógrafo: Domingo Díaz Cabot (para ve-la ampliada pincha enriba)

Consideran que pueden afectar a los ríos de su entorno, y que el nivel de sismicidad de ambas comarcas puede provocar "problemas". Alertan de que en el siglo IV a.C. se registró en la zona un terremoto de escala 9, "algo que se puede repetir".

La Coruña. 01/04/2008
Alberto Varela

La Asociación Ecologista ADEGA ha alertado de que la creación de lagos sobre los socavones de las minas de lignito de As Pontes, y Meirama, ambas en La Coruña, pueden provocar problemas futuros.

Por un lado, su presidenta, Adela Figueiroa, ha explicado que el trasvase de agua disminuirá el caudal de los ríos. En el caso de As Pontes el afectado sería en Eume, que abastece al espacio natural de las “Fragas del Eume”, consideradas el último bosque atlántico de Europa.

Por otro, el catedrático de geología Xosé Ramón Vidal Romaní, ha explicado que en ambas comarcas está desaconsejada la creación de ese tipo de lagos por motivos sísmicos. Existen fallas en movimiento, y en el caso de As Pontes, una tesis doctoral que se publica estos días sostiene que en la comarca de Ferrol se produjo “en el año IV a.C.” un terremoto de grado nueve, “algo que se podría repetir”.

Figueiroa ha asegurado también que “en Alemania se han llevado a cabo iniciativas similares y han dado problemas”, y por eso ha pedido a la Xunta que “no opte por la opción más barata” y piense en los inconvenientes que pueden surgir.

Los estudios consultados por ADEGA han revelado también que en las zonas las en las que se proyectan los rellenos “se suelen llenar de agua normalmente”, por lo que concluyen reclamando la elaboración de una solución “más sensata”.


extraído de AGROCOPE


Segunda-feira, Março 17, 2008

Os estereotipos que as postais amosan do noso país apenas mudaron en cen anos






Todos as temos visto. Mozos e mozas vestidos cun traxe máis ou menos tradicional ao carón dun carro de vacas. As postais que retratan o noso país levan máis dun século a amosar unha imaxe de nós mesmos que non sempre está moi relacionada coa realidade. O antropólogo Paulo Jablonski fixo unha primeira achega a este mundo de imaxe, e descubriu que hai constantes entre a representación da Galicia de hoxe e a de finais do século XIX.

 

“A fotografía en si é xa unha imaxe esterotipada. Poucos de nós temos unha foto no baño, cando se tiran faise cunha pausta social. E as postais levan iso á máxima expresión. Ao se enviaren e distribuíren supoñen toda unha carta de presentación colectiva”, explica este investigador por que se dedicou a reflexionar sobre este medio. Segundo recoñece, no seu interese hai “un certo gusto persoal polas postais e a fotografía”. Desde un punto de vista máis académico, Jablonski sinala que a Antropoloxía da Imaxe non se desenvolveu apenas no noso país, “En casos coma o da colonización británica de África ou o da francesa en Alxeria, as fotografías eran o auténtico brazo visual do colonialismo coas súas representacións”, explica.

PINCHA PARA SEGUIR LENDO EN CULTURA GALEGA.ORG


Segunda-feira, Janeiro 14, 2008

Gañadores do III Concurso Fotográfico de Acertos Arquitectónicos


O xurado do III Concurso Fotográfico de Acertos Arquitectónicos na Provincia de Lugo, realizou unha selección das fotografías presentadas, e que serán obxecto de exposición próximamente, e de entre estas concedeu catro accesits, e tres premios.

Reunido en Lugo, na sede da Delegación en Lugo do C.O.A.G., o 21 de Decembro de 2007, o xurado do III Concurso Fotográfico de Acertos Arquitectónicos na Provincia de Lugo.

O xurado acordou outorgarlle o primeiro premio á fotografía titulada: ARQUITECTURA DE LUZ DE LUNA

Presentada baixo o lema: ARQUITECTURAS SOÑADAS POR DÉDALO

Prémiase esta fotografía entendendo que amosa dun xeito plástico e coherente novas sensacións da atracción dun espazo arquitectónico.Unha vez aberto o sobre identificativo compróbase que o autor desta fotografía é D. Isaac Alejandro Fernández Hevia, na Biblioteca Intercentros da Universidade de Lugo.

+ info sobre este concurso na web do COAG

NORABOA OS GAÑADORES DOS 2 CONCURSOS (GUAPISMO E FEISMO)

Gañadores do III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos


O xurado do III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo, seleccionou as fotografías presentadas, e que serán obxecto de exposición próximamente, e de entre estas concedeu catro accesits, dous terceiros premios, un segundo e un primeiro premio.

 

Reunido en Lugo, na sede da Delegación en Lugo do C.O.A.G., o 21 de Decembro de 2007, o xurado do III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo.

O xurado acordou outorgarlle o primeiro premio á fotografía titulada: MEDROU XUNTO A CASA DOS ABÓS

Prémiase esta fotografía entendendo que amosa unha coidada coherencia formal, dende a ironía, entre á crítica da edificación representada e a súa “evocadora” presentación.


Unha vez aberto o sobre identificativo compróbase que esta fotografía está realizada no lugar de Agruñá, no Concello de Friol, e que o seu autor é D. Miguel Ángel Fraga Vila.

+ INFO na web do COAG


Domingo, Janeiro 13, 2008

Ultimas imaxes da mina (Antes do lago)




Estas fotos corresponden co furado da mina o día 30.12.2007, coincidindo co fin da actividade industrial. Posiblemente sexan as derradeiras imaxes do furado da mina antes de que se encha de auga.

Sexta-feira, Novembro 23, 2007

III Concurso fotográfico de DESASTRES ARQUITECTÓNICOS na Provincia de Lugo




Coma algúns xa tedes experiencia, nestas lindes, podedes participar neste concurso para coller uns cartos para as vindeiras festas do Nadal, onde seguro que fan falla.

Bases:


1. ENTIDADE CONVOCANTE: Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; con sede na Rúa Puro Cora nº1 - 27002 Lugo. Tel: 982230011.


2.Finalidade do Concurso: A presente é a terceira edición dun concurso fotográfico que procura imaxes de Acertos Arquitectónicos na provincia de Lugo a fin de reclamar atención sobre a boa arquitectura pasada e presente na provincia e divulga-los bos traballos a fin de que sexan coñecidos, valorados e respectados.


3. Caracter do Concurso: O Concurso é aberto, anónimo, gratuito e de fase única; para fotografías orixináis, inéditas e non premiadas con anterioridade.


4. Concursantes: Poderán participar tódalas persoas que o desexen. Non poderán participar no presente concurso os membros do xurado, da Comisión de Cultura da Delegación de Lugo do C.O.A.G.; nin aquelas persoas ligadas a elas por relacións de parentesco ou laborais.


5. Xurado: O Xurado do presente concurso estará formado por:- O presidente da Delegación en Lugo do C.O.A.G. ou persoa en quen delegue; que actuará coma presidente do Xurado- O encargado da Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do C.O.A.G. ou persoa en quen delegue.- Un arquitecto pertencente á Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do C.O.A.G. que actuará asimesmo coma secretario do Xurado.- Dous membros escollidos entre os colectivos de fotógrafos, artistas ou intelectuais de prestixio vinculados ó tema arquitectónico.As decisións do xurado serán irrevocables, definitivas e inapelables e tomaranse por maioría simple de votosNingún premio poderá ser declarado deserto.


6. Criterios de selección: Na selección das fotografías teranse en conta tanto a calidade Arquitectónica do fotografiado coma a calidade artística da propia fotografía.


7. Presentación das Fotografías: As imaxes presentadas a concurso entregaranse na dirección da entidade convocante persoalmente ou por correo certificado, dentro dun sobre que inclúa as mesmas e outro sobre cos datos do concursante identificado exteriormente polo lema escollido polo mesmo; sendo excluidos inmediatamente aqueles traballos presentados fora de prazo ou que non respeten as condicións de anonimato do concurso.Tódalas fotografías deberán presentarse sobre un soporte de dimensións de 40x40cm de cartón pluma branco, de non máis de 4mm de espesor. Na parte posterior do soporte terá escrito "ACERTOS", o título da fotografía e o lema escollido polo concursante.A fotografía, de tamaño e formato libre ata un máximo de 30x30cm estará adherida ó soporte deixando un borde libre de alomenos 3cm. Admitirase calquera procedemento de revelado ou tratamento do papel que non desvirtúe a realidade do fotografiado.No sobre cos datos do concursante, identificado exteriormente unicamente polo lema escollido por este deberán incluirse os seguintes datos:- Nome completo do participante.- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou Pasaporte do concursante.- Dirección completa, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto do participante.- Ubicación xeográfica dentro da provincia de Lugo do fotografiado, identificada polo título da imaxe, concello e dirección.



8. Prazos: As fotografías poderán presentarse ata as 14:00 Horas do día 30 de Novembro do 2007, non admitindose ningúnha presentación con posterioridade a esta data.A resolución do xurado farase nun prazo máximo de 30 días naturais, contactandose cos autores seleccionados e premiados.As obras non seleccionadas nin premiadas poderán ser retiradas ata un mes despois da resolución do concurso, pasando a poder do C.O.A.G. a partires desa data, sendo este libre de facer con elas o que estime oportuno.
9. Premios: Dacordo ca opinión do xurado concederanse os seguintes premios:
1º Premio, dotado con 1000 Euros
2º Premio, dotado con 400 Euros
3º Premio, dotado con 200 Euros
Accesits: O Xurado poderá conceder os accesit que considere oportunos, dotados con 75 Euros cada un.
Asimesmo a tódolos concursantes dos que se seleccionen fotografías para a exposición das mesmas concederáselles un diploma acreditativo.
10. Aceptación das bases: A participación no concurso supón a aceptación plena das bases.As obras seleccionadas pasarán a formar parte dos fondos do C.O.A.G. a tódolos efectos, facendo os autores cesión dos seus dereitos sobre as mesmas a favor do C.O.A.G.Tódalas obras seleccionadas formarán parte dunha exposición a realizar no salón de Actos da Delegación en Lugo do C.O.A.G., e eventualmente daquelas mostras organizadas con posterioridade nas que se estime oportuno. Nestas mostras indicarase o título, ubicación do fotografiado e nome do autor.Os participantes eximen ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidera incurrir algun dos participantes. En caso de conflicto serán de aplicación as disposicións vixentes en materia de propiedade intelectual e de responsabilidade civil.
Para saber máis preme aquí

Quarta-feira, Setembro 19, 2007

As Pontes do século pasado

Nos anos 50 do século pasado non tiñamos unhas grandes chemineas na paisaxe local nin unha reputación internacional de serén un dos maiores productores de enerxía e de polución, mais comenzábase a transformar unha sociedade agrícola e gandeira nunha máis moderna e industrial.

Imaxe enviada por Dani Bouza.
Graciñas meu por este agasallo.

Terça-feira, Setembro 11, 2007

Exposición II República Española. 75º Aniversario (1936-2006)


Do 14 ao 29 de Setembro

Lugar: Hall Centro Cultural “A Fábrica”.

Horario: De luns a venres. De 9 a 22 horas.

Co gallo do 75º aniversario da II República Española, o Ateneo Republicano de Galicia (ARGA) achega ao Concello de Oleiros unha exposición sobre os chamados anos de “normalidade” (1931/1936), deste importante período histórico, resaltando en particular os seus logros democráticos e a vixencia actual dos mesmos.

Os distintos paneis que integran a exposición reproducen un conxunto de documentos gráficos orixinais (fotos, imaxes, deseños, artigos de prensa) e textos propios explicativos. Estas son algunhas das temáticas explicadas:A tradición republicana en Galicia e no resto do país: 1ª República.A proclamación da II República.A Constitución Republicana do 9 de decembro de 1931.As diferentes políticas postas en marcha neses anos en materia de familia, ensino, economía, cultura, teritorio, etc…A fronte popular de febreiro de 1936.O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.O Ateneo Republicano de Galicia.

Sexta-feira, Agosto 31, 2007

A. VV. de Ferrol Vello organiza un maratón fotográfico.




MARATÓN FOTOGRÁFICO
“RE-COÑECER O BARRIO”

Como primeiro acto das festas da Parrocheira deste ano, a Asociación de Veciños de Ferrol Vello ten prevista a celebración da maratón de fotografía “Re-coñecer o barrio” o próximo sábado, día 1 de setembro.

Esta maratón é, se non a primeira que se celebra en Ferrol, a primeira a se organizar (¿?) en moitos anos, e dende logo unha novidade en Ferrol Vello. Completarase cunha exposición no baluarte de San Xoan na semana do 7 ao 14 do mes vindeiro, tal e como vén recollido no programa das festas. Con ámbalas dúas actividades, maratón e exposición, pretendemos obter unha imaxe do noso barrio dende múltiples puntos de vista, de xeito que o conxunto permita amosar a todos os visitantes unha visión o mais ampla e orixinal posible. Asimesmo, gustaríanos darlle un impulso a un lugar tan atractivo e con tantas posibilidades como é o baluarte, mesmo creándolle un alter-ego que funcione como espacio cultural.

Calquera afeccionado á fotografía, sexa avezado ou principiante, novo ou vello, veciño de Ferrol Vello ou de calquera sitio, pode participar sen necesidade de inscripción previa. A única condición é ter cámara fotográfica dixital e tempo libre dende as 11 da mañá ata as 14 horas, que é o que durará a maratón.
1.- FECHA DO CONCURSO
Sábado 1 de setembro, 2007

2.- HORARIO
Mañana, de 11h. a 14h.

3.- LUGAR
O lugar de encontro será o baluarte de San Xoan, ás 11 da mañá do sábado 1. Alí se lles tomarán os datos e se lles darán as instruccións.
4.- DESENVOLVEMENTO

lugar de encontro será o baluarte de San Xoan, ás 11 da mañá do sábado 1. Alí se lles tomarán os datos e se lles darán as instruccións.
Cada participante acudirá provisto de cámara fotográfica dixital. A tarxeta de memoria da cámara deberá estar valeira. Non hai límite (nin por baixo nin polo alto) de idade.
número de fotos a presentar por participante será de 10: unha primeira de grupo que tomará no mesmo baluarte, e nove mais, correspondente cada unha a un lema no que se deberá inspirar.
Ás 11, no baluarte, daránselles os primeiros tres lemas; ás 12, no obelisco de Churruca (entre Herrera e o Parador), os seguintes tres; e á 1 do mediodía os tres últimos nos xardíns da fonte da Fama (diante do Arsenal).
Ás 14 horas aproximadamente, de novo no baluarte, os participantes descargarán as súas tarxetas no ordenador da AVV. Serán en total 10 fotos, comenzando pola de grupo feita ao principio e seguindo polas outras nove, na orde exacta dos lemas dados.
Un xurado de cinco personas, composto por fotógrafos profesionais da comarca e membros da directiva da asociación, fará a selección das 20 mellores instantáneas. Instantáneas que serán expostas a partir do venres día 7. Os participantes deberán ceder a propiedade das fotografías seleccionadas á AVV Ferrol Vello, polo tanto.
A nosa asociación invita a todos, ferroláns e forasteiros, grandes e cativos, expertos ou novatos, academicistas ou iconoclastas, a tomar parte deste evento e, de paso, a voltar a coñecer o noso barrio.

A 30 de agosto de 2007
O presidente da AVV Ferrol Vello
________________________

Sábado, Agosto 11, 2007

A asociación Ollomao repasa hoxe en imaxes o bum urbanístico en Barreiros


O colectivo cultural Ollomao de Barreiros organizou para esta noite (22.00 horas) unha proxección de imaxes que resume o bum urbanístico rexistrado no concello durante os últimos anos. O acto será aberto para todo o público e terá lugar xunto á capela de San Bartolo, xa que a proxección realizarase sobre un dos laterais do templo. A continuación terá lugar a presentación do libro O bosque de Nadgor, de Farruco Graña. O autor reflexiona sobre a relación entre o urbanismo e a destrución do territorio.

Domingo, Julho 15, 2007

Miradores nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal


Na páxina web do Clube de Montaña de Ferrol indican como chegar a algúns dos miradores máis espectaculares das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, tales como Monteventeso (Ferrol), Montefaro dende Mugardos, Coto do Esperón (Narón), Coto de Ancos (Neda), Monte Campelo (Valdoviño), Pico San Vicente (San Sadurniño), Castelo de Andrade (Pontedeume), Pena Tesa (Monfero), Garita de Eixil (Cedeira), Faladoira (Ortigueira), Cabo Ortegal (Cariño) e O Caxado (As Pontes).

Na fografía pódese olla-la Serra da Faladoira dende O Caxado, que se estivese así na época de Cervantes... Don Quixote tería traballo dabondo.

Información dos miradores comarcais

Terça-feira, Julho 10, 2007

Fotografías do cambio climático

Dez dos máis prestixiosos fotógrafos da axencia Magnum foron os encargados de obter imaxes en doce localizacións distintas para ilustrar tanto os efectos do cambio climático como as solucións que se están pondo en marcha para reducir as emisións de carbono en diferentes recunchos do planeta. Esta mostra inclúese dentro da iniciativa ZeroCarboncity, unha campaña global impulsada polo British Council para incrementar a concienciación sobre o cambio climático. A exposición, que desde o 2005 percorreu máis de setenta países de todo o mundo, poderase visitar no Aquarium Finisterrae ata o próximo 9 de setembro.

+ info

Segunda-feira, Junho 25, 2007

Unha imaxe para o galego



Felicidades os gañadores do certame "Unha imaxe para o galego" dos nosos compañeiros de Vieiros coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os gañadores foron: Alberto Dafonte co video Pelotas, e Manu Lago coa foto que vedes "Unha lingua sacada a flote". Para ver o video: Pelotas

Domingo, Junho 24, 2007

Noite de meigas é noite de festa



































































A popular noite de San Xoan celebrase dende a antiguedade pra festexar a noite máis curta do ano, e ademais como festa pagá, pra purificar as almas e de paso espantar algunha meiga ou diaño que ande por ahí.
Neste caso coma todos os anos, na Cooperativa Santiago Apóstol da rúa Celso Emilio Ferreiro celebrouse a popular noite de San Xoan, onde non faltou de nada: Viño, sardiñas, churrasco, música en vivo... e algún diaño pequeniño tamén tivemos.

Quinta-feira, Junho 21, 2007

Cultura urbanística
















... Tamén de fotografía, tamén de exposición e tamén de urbanismo vai o concurso que convocou a Asociación cultural Choiva Ázeda.

O “I Concurso Fotográfico Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes” pretendía que a xente saíse ás rúas e fotografase aquelo que lle chamaba a atención por aberrante e por irrespectuoso coa paisaxe. “Porque hai cousas que ás veces saltan á vista. Paseando polo pobo vimos tremendas barbaridades, non se segue ningún criterio e acaba habendo casas vellas ao lado de edificios enormes” denuncia Marcos Varela membro da asociación cultural que convocou o concurso.

O propio Marcos asegura que cando se “fan concursos de fotografía, a xente nunca saca as cousas feas e nos quixemos facer a denuncia”. O resultado foi un alto número de participantes e, coas fotografías recibidas, montouse unha exposición. “Temos previsto facer outra edición pero ao mellor cambiamos a temática. En lugar de facer feismo facemos o contrario, que a xente fotografíe aquelo que considera o máis bonito, por exemplo”, asegura o responsable desta asociación que leva varios anos desenvolvendo múltiples actividades como festivais ou charlas...

A imaxe é de Armando Maseda ("Benvidos a As Pontes". Lei urbanística en Galicia. Fai o que che pete)

Extraido de http://www.culturagalega.org/
Ver o artigo completo

Como non debe facerse turismo? Paraísos en perigo de extinción

O turismo e o cambio climático convértense en depredadores dos espazos naturais. Forbes publica a lista dos destinos máis ameazados do mundo. Se es amante da natureza, mellor confórmate con velos en postais. Non todos os destinos son unha boa opción para pasar as vacacións. Visitar recunchos como o parque dos Everglades en Florida, as Illas Galápagos, o val de Katmandú en Nepal ou Luxor en Exipto pode non ser unha boa idea, porque, tal e como explica a revista Forbes, algúns xa non se poden percorrer debido ás restricións e accedendo a outros podemos contribuír á súa degradación.

Nas últimas cinco décadas, o fenómeno do turismo pasou de desprazar 25 a case 700 millóns de viaxeiros ao ano, e a lugares cada vez máis remotos, segundo datos da Wikipedia. Un fenómeno de tal magnitude e cunha expansión tan rápida, loxicamente, xerou impactos alá onde se estableceu. Segundo o informe ‘A Situación do Mundo’ do Worldwatch Institute, a sobreexplotación turística que viviron destinos como as Illas Galápagos puido contribuír a que hoxe día algúns dos lugares máis paradisíacos do mundo convertéronse en paraxes nun grave estado de degradación.
A fundación Charles Darwin explica, por exemplo, que as máis de 120.000 persoas que recibiron estas illas da costa de Ecuador o verán pasado poden ser as responsables das complicacións que sofren as especies mariñas da zona. Os turistas traen consigo xermes aos que as tartarugas, iguanas ou leóns de mar das Galápagos non son inmunes.
Outro inimigo das paraxes naturais é o arrequecemento global. Este está, por exemplo, acabando co parque nacional do Glaciar de Montana. Segundo os datos do Worldwatch Institute, neste espazo, que ten máis de 130 lagos e un milleiro de clases de plantas diferentes, teñense derretido a maior parte dos 150 glaciares que se contabilizaban a mediados do século dezanove. As perspectivas, ademais, non son nada esperanzadoras. Espérase que en 20 anos non quede nin un só glaciar no parque.
Imaxe: Great Barrier Reef, Australia

Quarta-feira, Junho 13, 2007

Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia




"Na páxina Web de TVG (en Television á carta) ou na do Comité Cidadán http://comitecidadan.org, pode verse a entrevista realizada na mañá de hoxe mércores 13 de xuño de 2007, en directo, no informativo matinal de TVG titulado BOS DÍAS, cunha duración de dez minutos.

Carmelo Teixeiro prefireu non perder tempo en correxir o nome que se lle asignou de Presidente do Comite CidadÁn de Emerxencia, o cal non e correctro, xa que é Coordinador.
Tamén sinalara que as cifras que menciona de agua do mar que Reganosa pretende usar, 300.000 toneladas e 600.000 toneladas, son cifras redondeadas por día. A primeira cifra corresponde a capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaría duns 43 barcos ao ano, un cada 9 dias. A segunda cifra correspondería á ampliacion que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaría susministro duns 105 metaneiros ao ano, un cada tres días de 140.000 m3.

Ademais de responder claramente á situación de Bernardo Bastida a día de hoxe, nesa entrevista Carmelo Teixeiro tratou de aporar un contido claro de que Reganosa non é estratéxica, e tamén de que súa Pranta de gas aínda non esta feita para sair ao paso de persoeiros que están errados, unhs e outros queren enganar ao público e tamén enganarse a si mesmos. Ademais nesa entrevista trata de aportar as chaves de como pode e debe ser resolto, a favor da poboacion e dos intereses de Galicia, o conflicto social que Reganosa ven plantexando desde fai case dez anos."

As fotos adxuntas son dos vertidos de Reganosa en unha de súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escollera e preto á costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dous metros de diámetro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nestas probas debe sair unha cantidade menor da que corresponde á vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por baixo dos 11.000 m3/hora correspondientes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorizacion de Reganosa como capacidade nominal.

Domingo, Maio 13, 2007

Incivismo no río Eume



imaxes: Jose A. Blanco
Durante un paseo este sábado polo parke municipal da Fraga, poidemos comprobar a falla de respeto e de educación dalgúns veciñ@s das Pontes (supoñemos que cativería cun chute de hormonas distribuidas sen nengún sentidiño).

Nas fotografías reflíctese o pouco amor á natureza destes mequetrefes, que verteron o pó de dous extintores para lume na poza artificial á beira do río e finalmente guindaron os recipientes baleirados no Eume.

Sexta-feira, Maio 11, 2007

Taller de fotografía FOTOXOGUETE

Do 19 ó 25 de maio está prevista a realización dun taller teórico-práctico de fotografía en Paderne, (Folgoso do Courel) que pretende ser un lugar de encontro para afeccionados e profesionais no que se promova a cultura fotográfica.

O curso será impartido polo fotógrafo Oscar Molina e ten un custo de 520 euros que inclúen matrícula, estancia e pensión completa nunha casa de turismo rural.

+ info