quinta-feira, junho 21, 2007

Como non debe facerse turismo? Paraísos en perigo de extinción

O turismo e o cambio climático convértense en depredadores dos espazos naturais. Forbes publica a lista dos destinos máis ameazados do mundo. Se es amante da natureza, mellor confórmate con velos en postais. Non todos os destinos son unha boa opción para pasar as vacacións. Visitar recunchos como o parque dos Everglades en Florida, as Illas Galápagos, o val de Katmandú en Nepal ou Luxor en Exipto pode non ser unha boa idea, porque, tal e como explica a revista Forbes, algúns xa non se poden percorrer debido ás restricións e accedendo a outros podemos contribuír á súa degradación.

Nas últimas cinco décadas, o fenómeno do turismo pasou de desprazar 25 a case 700 millóns de viaxeiros ao ano, e a lugares cada vez máis remotos, segundo datos da Wikipedia. Un fenómeno de tal magnitude e cunha expansión tan rápida, loxicamente, xerou impactos alá onde se estableceu. Segundo o informe ‘A Situación do Mundo’ do Worldwatch Institute, a sobreexplotación turística que viviron destinos como as Illas Galápagos puido contribuír a que hoxe día algúns dos lugares máis paradisíacos do mundo convertéronse en paraxes nun grave estado de degradación.
A fundación Charles Darwin explica, por exemplo, que as máis de 120.000 persoas que recibiron estas illas da costa de Ecuador o verán pasado poden ser as responsables das complicacións que sofren as especies mariñas da zona. Os turistas traen consigo xermes aos que as tartarugas, iguanas ou leóns de mar das Galápagos non son inmunes.
Outro inimigo das paraxes naturais é o arrequecemento global. Este está, por exemplo, acabando co parque nacional do Glaciar de Montana. Segundo os datos do Worldwatch Institute, neste espazo, que ten máis de 130 lagos e un milleiro de clases de plantas diferentes, teñense derretido a maior parte dos 150 glaciares que se contabilizaban a mediados do século dezanove. As perspectivas, ademais, non son nada esperanzadoras. Espérase que en 20 anos non quede nin un só glaciar no parque.
Imaxe: Great Barrier Reef, Australia

Sem comentários: