Videos da festa da fraga

Loading...

terça-feira, junho 26, 2007

A web agrogandeira da Cooperativa da Capela





Hai uns días falabamos neste web do galardón concedido á Cooperativa do Campo Capela na Feria de Silleda polo concurso internacional do Día do Agricultor. Hoxe queremos presentarvos a súa porta no internet, onde amosan os seus excelentes productos, entre eles o sabroso requeixón e o queixo fresco.

Productores do Campo da Capela Sociedade Cooperativa Galega, está constituida por explotacións gandeiras adicadas á producción de leite, á cría de gando de carne, e á horta.Como ámbito territorial a Cooperativa comprende a provincia de A Coruña, tendo socios actualmente dos concellos de:A Capela-Ares-As Pontes-Cabanas-Fene-Miño-Mugardos-Neda-San Sadurniño.

O fin principal da Cooperativa é a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ó mellor aproveitamento das explotacións dos seus socios, e á mellora da poboación agraria e o desenrrolo do medio rural a través de servizos, actividades e formación.

SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA LTDA. PRODUCTORES DO CAMPO DA CAPELA
R/ Calzados 15613, A Capela, A Coruña
Telf. 981459028 Fax. 981459300
ana@coopcapela.com
www.coopcapela.com/

1 comentário:

Anónimo disse...

Pois vaia merda de web. Ademáis de ter un deseño prehistórico, leva logo un ano sen rematar.
Que pasa, ¿non a pagaron ou qué?