quinta-feira, junho 07, 2007

A sala DZine pecha a súas portas

A sala DZINE de San Sadurniño pecha definitivamente o día 23 de xuño, o que é unha grande mágoa para os amantes da música en vivo, xa que é un dos garitos da bisbarra que máis estaba a apoiar os espectáculos musicais en directo. Desexámoslles o mellor e agradecémoslles as noites de festa innovidables que nos brindaron. Incluímos na nova a súa carta de despedida e unha programación para o mes de xuño que non vos debemos de perder.

Moi boas amigos!!

Hoxe no info DZine unha nova que costanos moito dar, pero... a DZine pecha as suas portas o vindeiro 23 de Xuño.

Despois de 3 inesquecibles anos con todos vos, despois de facer amigos e amigas por toda Galiza e parte do extranxeiro, despois de vivir momentos que os nosos netos vanse a cansar de escoitar, despois de disfrutar un fin de seman si e outro tamen da millor música en directo, o equipo da DZine decimos pechar as portas da sala e abrir as de novos proxectos e novas ilusions.
Moitos preguntaredesvos os motivos, pero non me vou a poñer aquí con letanias, o que si e que a decisión foi moi meditada e creemos que ten que ser así.

E para despedirnos como vos merecedes temos preparado un mes de xuño cheo de música ao vivo pero, sobretodo, cheo de amigos. A ver si vos gusta.


PROGRAMACIÓN MES DE XUÑO:

Venres 8 a partir das 12 da noite e con entrada de balde
FUCKIN' FUNKY grupo ferrolán que fusionan soul jazz e funky

Sábado 9 a partir das 23:30h
Gustavo Almeida & Brasilian Night (
www.gustavoalmeida.com)
Gustavo e a súa banda irán quencendo os motores da DZine a ritmo de brasil para que xusto despois suban o esceario...

LAMATUMBÁ (
www.lamatumba.com)
Que decir destes grandes amigos da terra da chispa que non saibades xa todos os DZineros.
Simplemente LUUUUUUMEEEEEEEEE!!!!

Venres 15 a partir das 23:30h
1ª Semifinal do concurso para bandas noveis organizado polo FENE ROCK FESTIVAL
3 grupos en directo loitando por unha praza no esceario do FRF 07

Sábado 16 a partir das 12 da noite
Festa de presentación do FESTIVAL DO RIO CASTRO 07
un ano máis temos o orgullo de organizar a festa de presentación do festival de "Naraio" e esta vez contaremos coa música en directo de QUEMPALLOU.

Venres 22 e Sábado 23 FESTA 3º ANIVERSARIO SALA DZINE
E para este último fin de seman estamos preparando unha festa por todo o alto na que queremos que todos sexades participes.

Empezaremos o Venres 22 cun dobre concerto duns grandes amigos como son GUEZOS do Ourense e a BANDA POTEMKIM de A Coruña.

E o sábado 23.... isto imos a esperar un pouco antes de contalo, eso sí, este ano olvidadevos de "sardiñadas caseras" e vinde todos a San Sadurniño

Moitas grazas a todos por 3 anos DZine!!!
Pero como din unhos grandes amigos...
AINDA QUEDA MOITA FESTA!!!!!!!


Entrevista a Ivan Sanjurjo na Voz

Sem comentários: