Videos da festa da fraga

Loading...

terça-feira, junho 12, 2007

Novo número do xornal comarcal Pegadas

Pegadas é unha publicación mensual orientada á comarca do Eume (San Sadurniño, Moeche, As Somozas, As Pontes, A Capela, Monfero, Vilarmaior, Pontedeume, Cabanas), un medio de comunicación comprometido co territorio e co medio rural, que iniciou a súa andaina no mes de decembro do ano pasado. Pegadas é un proxecto de información impulsado pola Asociación Euroeume, que traballa dende hai 10 anos polo desenvolvemento do territorio.

O xornal pretende ser un instrumento ao servizo da nosa comarca; unha praza pública na que falar do noso, un lugar de encontro para as institucións, asociacións, empresas e persoas que fan deste territorio o seu modo de vida; un punto de apoio para o que desexe facer medrar calquera iniciativa neste territorio.

Once puntos de venda no Concello das Pontes:
- O Muíño (Saa)
- Casa Picos (A Faeira)
- Kiosko do Parque (Avda. Ortigueira)
- Kiosko Antonio (Avda. Galicia)
- Casa Valentín (Goente)
- Librería Xandra (Avda. Habana, 42)
- Librería Galaica (Rúa Neda)
- Kiosko Magdalena (Rúa Viveiro)
- Deportes A Fraga (Avda. Habana, 145)
- Estanco Candelaria (Avda. das Veigas, 54)
- Estación de Servizo Goente (Goente)

O prezo do xornal é de só 1,80 Euros.

"Pegadas"
Rúa Capela, 21 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono: 663 08 74 76

Sem comentários: