terça-feira, junho 05, 2007

Ecoaldeas, sembrando as bases para unha vida sostible

As ecoaldeas plantexan unha forma de vida cotiá dirixida a reducir o impacto ó que sometemos o planeta. Con principios ecolóxicos e culturais, estas comunidades viven entre a utopía e a necesidade social.

Están formadas por persoas que deciden unirse ó movemiento das comunidades sostibles atraídas sobre todo polo contacto coa natureza. Organízanse en forma de pequena vila ecolóxica, normalmente repoblando pobos abandoados, e viven e traballan tratando de facer un bo uso da terra e dos séus fluxos de enerxía para cultivala e obter recursos. Cultívanse hortas buscando ser autosuficientes e aprovéitanse ó máximo as enerxías alternativas, como a solar, os residuos son reciclados e lévanse a cabo traballos comunais, como a construcción de cooperativas o a rehabilitación das casas.
Podedes atopar máis información na páxina da RIE (Rede Ibérica de Ecoaldeas) formada por asentamentos sostibles situados na península ibérica que colaboran e se apoian mutuamente.

Sem comentários: