domingo, junho 24, 2007

Comunicado da Asociación SOS Courel

Incrible !! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:

-O 21 de xuño, foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf

O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co “Espazo Cultural do Courel”.Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización http://www.amigosdaterra.net/cmn-album/main.php?g2_itemId=6426

Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.- O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao “Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza”, polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado “Concello Mineiro”. A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf


- Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.


Seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!

- Impríme o modelo:
EN Galego: http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdf

EN Castellano: http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20castelan.pdf


- Mándaas ao seguinte enderezo:“Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 ( Lugo.)

VER VÍDEO DO COUREL

Sem comentários: