Videos da festa da fraga

Loading...

sexta-feira, março 30, 2007

Dossier informativo - A Mourela

TEMOS NOVAS NOVAS DENDE A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PATRIMONIO PONTÉS, ESTA VEZ TRÁTASE DUN EXCELENTE DOCUMENTO PERO ENTEDELA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA NA ACTUALIDADE O PROCESO BUROCRÁTICO DA NECRÓPOLE DA MOURELA, ASÍ COMO OS SEUS ANTECEDENTES.

Estimado amig@:

Poñémonos en contacto contigo co fin de achegarche información documental ao respecto da inminente destrucción do conxunto prehistórico da Mourela nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
O desleixo e a burocracia poden acabar durante o vindeiro mes de abril, con este conxunto prehistórico formado por catro mámoas e un círculo lítico, desestructurando unha das necrópoles megalíticas máis relevantes do noso país, fendéndoa pola metade cunha gabia de máis de 50 metros de profundidade.
Por isto pedímosche que consultes o
enlace deste dossier informativo e na medida das túas posibilidades o distribúas a tódolos teus contactos, co fin de impedir que este conxunto senlleiro da cultura galega sexa destruido.

PREME NESTE ENLACE PARA DESCARGAR O DOSSIER EN PDF

ADEGA – Asociación para a defensa ecolóxica da Galiza
Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes

Os mantecados típicos ponteses na procura dunha marca distintiva

Os manteigados de As Pontes son un produto típico de larga tradición local. Elabórase a partires de ingredientes naturais de alta calidade: ovos, manteiga, zucre e fariña, e cócense en fornos de pedra para manter o sabor de sempre.
Unha das misións da Agrupación Agroalimentaria do Eume é a de buscar fórmulas para millora-la comercialización dos produtos autóctonos da comarca eumesa.

Primeira coordinadora galega contra a degradación urbanística

Fusquenlla, un colectivo de Pontedeume, ten convocadas para este sábado diversas asociacións para constituír un grupo de denuncia, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, co obxectivo de crear a primeira coordinadora galega neste eido.

As asociacións e colectivos veciñais e ecoloxistas galegos parece que chegaron ó tope de "consentimento" de desmandos urbanísticos ou polo menos iso indica o feito de que se estean dando, paseniñamente pero seguros, os primeiros pasos para a constitución dunha coordinadora contra a degradación urbanística, de ámbito galego.

en Vieiros

quinta-feira, março 29, 2007

gustache conducir?

O ano pasado 52 menores de 25 anos morreron en "accidentes" de tráfico en Galicia. Perdemos un por semana.

Galicia é a rexión de Europa con maior uso do automóbil privado por habitante. España é o estado de Europa onde menos se camiña e menos se utilizan as bicicletas.

Gústache conducir ou non che queda outra?

terça-feira, março 27, 2007

A producción municipal de biodiésel permitirá abastecer aos autobuses

Unha nova tecnoloxía para producir biodiésel de forma 'caseira' vai permitir aos Concellos, inclusive pequenos e medianos, recicla-los aceites residuais de casas e comercios para abastecer a súa propia frota de autobuses urbanos e contribuir á loita contra o cambio climático. Esta nova tecnoloxía para producir biodiésel en prantas compactas e móbiles, non máis grandes que un camión, será presentada durante o Encontro Europeo sobre Biocombustibles, que se celebrará en Madrid o 17 e 18 de abril.
seguir lendo

A illa de El Hierro (a máis pequena das Illas Canarias) será a 1ª do mundo en abastecerse ó 100% con enerxías renovables

Será posible grazas a un proxecto pioneiro que contempra a construcción dunha central hidroeólica, cun coste de máis de 50 millóns de euros. O sistema consiste na transformación dunha fonte de enerxía intermitente nun suministro controlado e constante de electricidade. A iniciativa será desenvolta polo Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) e polo Cabildo Insular de El Hierro, e evitará a emisión á atmósfera de 18.700 toneladas ó ano de CO2.

domingo, março 25, 2007

arqueoloxia industrial

TICCIH is the international organisation for industrial archaeology and the industrial heritage. Its aim is to study, protect, conserve and explain the remains of industrialisation.
TICCiH é a organización internacional dedicada a arqueoloxía industrial o patrimonio industrial. O seus obxectivos son estudiar, protexer, conservar e explicar os restos da era in
dustrial.

imaxen: parque na cidade de Monterrey nunhas antigas instalacións siderúrxicas.

As Pontes hollywoodiense

Atopamos un video que nos congratula enormemente, porque se de algo precisamos no noso pobo é de ter boa prensa, que na lingua cotiá do mundo dos negocios de hoxe en día dise ter unha boa política de márketing, que é precisamente o que transmite o video da empresa de comunicación Intermedia. Preme para velo: As Pontes (video)

sábado, março 24, 2007

Bicicletas de usar e deixar en Vigo

O Concello vigués sumar-se aos de Lugo e Ferrol coa posta en marcha dun proxecto para que os cidadáns usen bicis de forma libre pola cidade.

imaxén: bicicleas as portas dun bar en londres. post by aar

O derradeiro ultimatum á Necrópole da Mourela

Segundo unha nova publicada hoxe na Voz de Galicia esta semana remata a excavación arqueolóxica na Mourela e a seguinte semana o director do equipo deberá entrega-lo informe final valorativo da situación da Necrópole que será o documento a través do cal a Dirección Xeral de Patrimonio decidirá se conserva ou permite destruir a área na que se atopa o círculo lítico megalítico.

sexta-feira, março 23, 2007

Día Internacional da Auga

Como cada ano dende 1992, o 22 de Marzal conmemórase o Día Mundial da Agua, un día de acción que este ano ten como lema "Afronta-la escasez de auga".

Este ano preténdese profundizar na escasez da auga a nivel mundial e a necesidade de aumenta-la cooperación e a integración para garantizar unha xestión sostible, eficiente e equitativa dos recursos hídricos, tanto a escala internacional como local.

Dende Agenda 21 Local están a promover o bo uso dos recursos, especialmente arestora que estase a padecer a súa falla en moitos lugares e para previr un futuro máis que incerto no abastecemento incluso en lugares tan húmidos como Galicia. O mal uso da auga é un problema de todos, e o senso común é a mellor ferramenta que temos pra non verter nin unha pinga.

Aquí tedes uns consellos para poder aforrar auga nas nosas casas, ademais doutros enlaces de interese.
Máis de 1.100 millones de persoas non contan con acceso a auga potable. Iso é cecais un dos datos que máis preocupan a activistas, asociacións e organismos internacionais. Pero, no Día Mundial da Auga, hai moitos máis datos que reflicten os temores de grupos ecoloxistas e as actuacións que se están levando para loitar pola protección deste ben escaso.

quinta-feira, março 22, 2007

Axudas económicas para paliar os efectos negativos do lobo

Estes días está sendo tema de debate as consecuencias negativas nas parroquias norteñas das Pontes, e entre as súas posibles solucións plantéxasen as batidas e as axudas os propietarios do gando ferido ou morto.

Nós queremos aportar a este debate, a convocatoria aparecida o xoves 15 de marzo no Diario Oficial de Galicia (nº53, páxina 4.013) da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e encamiñada para os danos producidos polo lobo durante o ano 2.007.
Para consultar as bases das axudas: http://www.xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/953E?OpenDocument

O estrano museo Llonovoy


Todos recordamos eses xoguetes, que co tempo imos distribuindo neses lugares da memoria onde deixamos a infancia. Isto é un museo itinerante dos restos deses xoguetes que acabamos perdendo desfacendo ou tirando a basura. Unha gran escusa para pasar o rato. Clickea no titulo se o queres visitar; o millor algún dos xoguetes foi teu.

quarta-feira, março 21, 2007

Brutalidade de Mugabe en Zimbabwe

Dende a asociación AVAAZ.ORG anda a recoller sinaturas pedindo os principais socios comerciais de Zimbabwe -Sudáfrica e a Unión Europea- que endurezan as sancións contra Mugabe e outros dirixentes do seu rexime político.
Máis información desta iniciativa no seguinte enlace:

European Week of Media and Diversity




Do 19 ó 25 de marzal, organizacións de máis de 10 países da Unión Europea
participan na Semana Europea dos Medios e a Diversidade. Esta é a cuarta
edición desta iniciativa creada por OnLine/More Colour in the Media (OLMCM),
a rede europea especializada en medios e diversidade con base en Holanda. O
obxectivo é promove-lo diálogo público sobre a representación de minorías nos
medios de Europa e fortalecer o “empoderamento” das audiencias multiculturais.

Os principais protagonistas destas iniciativas son asociacións, medios de
comunicación e grupos vinculados ó ámbito dos medios e a diversidade. Todos
eles traballando na consecución duns medios de comunicación que reflictan a
realidade social diversa incorporando a participación de xornalistas, editores e outros
profesionais dos medios, institucións locais e nacionais…


"Ninguén pode nega-lo impacto dos medios nas relacións entre as maiorías e
as minorías das nosas sociedades” expresou Ed Klute, director da rede
europea Online/More Colour in the Media.


Para obter máis información, por favor contacta con…
Online/More Colour in the Media ·
www.olmcm.org
María García (Communications Officer Europe): magarc@miramedia.nl
Martina Valdetara (European projects coordinator): mavalde@miramedia.nl.
Tel: +31-(0)30-2399035, Fax: +31-(0)30-2302975

terça-feira, março 20, 2007

temos transporte colectivo nas pontes

da voz de galicia.

Damos a benvida a este novo servicio, pois hai moita xente que non pode conducir e se este sistema se implántese o 100% permitiríalles facer desprazamentos sen ter que depender de outras persoas. Tamén pode permitir deixar o vehículo privado na casa e desprazarse de unha maneira mais sostible.

Os veciños das Pontes poden usar desde onte os autobuses de transporte escolar para realizar os seus desprazamentos. Este proxecto chamase Tes+Bus.

Este servizo funcionará soamente os días, no horario de transporte escolar desde onte e ata final de curso e só en dúas rutas do colexio A Magdalena e instituto Moncho Valcárcel. Os usuarios poderán subir e baixar do bus en calquera das paradas previstas.

Durante o acto, o alcalde pontés, Víctor Guerreiro, propuxo aos delegados da Xunta que este servizo funcione nun futuro tamén polas tardes. De momento, é só un plan experimental cuxa continuidade dependerá dos resultados que se obteñan na campaña actual.

As Pontes é un dos doce concellos rurais seleccionados polas consellerías de Educación e Política Territorial para implantar un proxecto piloto denominado Tes+Bus. Consiste en pór a disposición dos cidadáns que o necesiten o servizo de transporte escolar, a condición de que queden prazas libres. O prezo do billete será sempre o mesmo, un euro. O obxectivo desta iniciativa é, segundo a Xunta, promocionar o transporte público colectivo nas zonas rurais, utilizando para iso os autobuses escolares.

As consellerías explicaron que este programa de transporte compartido non repercutirá no calidade do servizo escolar.

+info clica aqui. post by aar
La Consellería de Medio Ambiente ha confirmado que vetará la instalación de parques eólicos en áreas preservadas por la Red Natura y también en zonas que tiene previsto proteger en los próximos meses.

+info clica

Ofertas de emprego do mes de Marzo

Os amigos da Asocición de Economía Social BRIANTE poñen a disposición dos ciber-desempregados ou dos que se atopan a procurar un mellor traballo, dunha listaxe de ofertas de emprego actualizadas neste mes de marzo. Sorte e ánimo, que non hai maior traballo que ter que buscalo.

A SGAE inventou o mp3

É incrible, pero o presidente desta asociación perdona vidas a soltou a fraseciña e quedou tan pancho, pero non so con iso tamen fala dun modem de 9600 voltios, estarán pensando mercar centrais nucleares, para poñelos a funcionar, non ten desperdicio pinchade: http://www.youtube.com/watch?v=NOYSqDm1VnY&search=sgae

segunda-feira, março 19, 2007

II CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS DE AS PONTES

CONVOCOUse O II CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS: SE TEDES UNHA BOA IDEA EMPRESARIAL, NON O DUBIDEDES; PRESENTADE O VOSO PROXECTO, E PODEREDES OPTAR A ALGÚN DOS SEGUINTES PREMIOS:

-PREMIO LIDER AS PONTES
-PREMIO Á MELLOR IDEA
-PREMIO IDEA LIDER AS PONTES
-PREMIO ESPECIAL CENTROS DE ENSINANZA/FORMACIÓN

ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN NAS BASES DA CONVOCATORIA, OU EN CALQUERA DAS ENTIDADES QUE FORMAN PARTE DO CIR. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS REMATARÁ O VINDEIRO 30 DE OUTUBRO DE 2007.

info dende amigus a su vez de
aspontes.net

domingo, março 18, 2007

incompativilidades. PP y PSdeG defienden el derecho de los alcaldes a tener intereses inmobiliarios

La actitud de los partidos políticos galegos ante los alcaldes y concejales que simultanean sus cargos con el desempeño de actividades privadas en el ámbito de la construcción o la promoción inmobiliaria está muy lejos de ser homogénea.
Partido Popular y PSdeG no ven inconveniente, aunque con diferentes matices, el BNG cree que se trata de una práctica incompatible con el servicio público.

artigo do pais

sábado, março 17, 2007

La Unión, Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez

Atopámonos probablemente perante unha publicación extinta, da que só quedan algúns exemplares en mans de particulares, salvados do lume do 36, que gardan celosamente negando a súa existencia movidos cecais ao anonimato da súa posesión por retecías do pasado, frecuentes entre as familias implicadas na vida política de calquera vila pequena a comezos de século.

Segue lendo aquí a investigación de Xosé María López Fernández.

Búscase xente para acoller ós 53 participantes do intercambio con Lesneven

A Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen trata de implicar á poboación pontesa na celebración dun novo intercambio cultural previsto inicialmente para a segunda quincena do próximo mes de xullo.

Os promotores desta cita procuran a familias dispostas a acoller aos 53 participantes de Lesneven. Os organizadores teñen habilitado o número de teléfono 662 393 596 para que os interesados poidan facer efectiva a súa colaboración e, sobre a mesma, explícase que estas familias terán preferencia en posibles novos intercambios.

Por outra parte, a Irmandade tamén informa de que ao final serán corenta persoas as que viaxarán o próximo vrao á poboación de Carmarthen, destino que aa delegación pontesa pretende coñecer entre o día 28 de xullo e a xornada do 4 de agosto.

sexta-feira, março 16, 2007

vivendas para xovenes (innovadoras)

As constructoras participantes no concurso teran que xuntarse cun arquitecto e redactar o proxecto en 3 semanas. Menos tempo que cando saen os concursos para os carteis da fraga ou o grelo.

A Consellería de Vivenda anunciou onte o inicio do proceso de licitación para construír nas Pontes 32 pisos de réxime protexido para mozos e maiores. Neste sentido, a área dirixida pola nacionalista Teresa Táboas no Goberno galego ofrece un orzamento de 2,8 millóns de euros para executar a obra nun prazo de 24 meses.
Segundo o anuncio publicado onte no Diario Oficial de Galicia, as empresas que desexen presentar as súas ofertas para esta actuación deberán expor os seus proxectos antes das 14.00 horas do día 10 de abril na sede da Consellería de Vivenda e Solo, en Santiago. A mesa de contratación abrirá as propostas en acto público o 23 de abril.
O edificio estará situado na rúa Sergio Rivera Chao, albergará vivendas dun e dous dormitorios, de entre 40 e 57 metros cadrados, e no baixo un centro de día para maiores. As vivendas ocuparanse en réxime de aluguer.

imaxen: concurso centro de acojida inmigrantes, na Rambla do Rabal.

como trazan as infraestructuras galegas

Aínda estamos intentando entender como ninguén na administración se decatou de que o trazado da autovía ferrol-vilaba cargábase o outeiro da mourela e os seus restos paleolíticos.

El trazado del AVE entre A Coruña y Ferrol, o al menos el polémico tramo que atraviesa el municipio de Cambre, contra el que se han presentado unas 10.000 alegaciones, se diseñó sobre una cartografía de hace 14 años que no se ha actualizado.


segunda-feira, março 12, 2007

As Pontes de García Rodríguez e a destrución dun sitio arqueolóxico

O museólogo da Deputación da Coruña, así como arqueólogo e xestor cultural, Felipe Senén, publicou un artigo no periódico a Opinión este domingo, apoiando o colectivo de veciños que forman parte da Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes na súa reclamación da necesidade de construir un túnel para salvar os restos megalíticos alí ubicados, e no que retrata a súa visión do que está a acontecer na necrópolis da Mourela e, por outra banda, a desidia e deixadez política e cidadán dun pobo cuns dos maiores tesouros prehistóricos de Europa.

sábado, março 10, 2007

identidade

Um dos arquitectos que travalharom no projecto para a regeneraçom e o enchido da mina de Cospunden, na Alemanha (a que sempre nos amosam como referente para o nosso lago) estreia web e tem muitas imagens inspiradoras. Botade-lhe umha olhada a Florian Beigel.
Florian travalha com os lugares com flexibilidade, a abrir caminhos, a sementar. A levar infra-estruturas e energias. Busca na história, nos processos de formaçom dum lugar. O seu travalho reforça a identidade, potencia a poética dos postos, sem complexos evitando caer assím na homogeneizaçom e controlo dos espaços públicos e as paisagens às que nos tenehem acostumados.
Para ver + sobre o projecto de Cospunden.
Deixamos um linque na barra lateral.
http://aru.londonmet.ac.uk/works/cospuden/

post by aar con axudas.

quarta-feira, março 07, 2007

o día da muller traballadora

El sueldo medio de las directivas gallegas es tres veces menor que el de los hombres. Es el dato más llamativo de un estudio elaborado por UGT Galicia con datos oficiales de 2006 sobre la situación laboral de la mujer. El salario medio de una ejecutiva es de 17.542 euros brutos al año; el de un directivo está en 49.305 euros anuales.

undertones

The Undertones y Wilko Johnson tocarán este mes en A Estrada

terça-feira, março 06, 2007

Urbanismo descontrolado na Mariña Luguesa

As licenzas dos edificios que a Xunta de Galicia pretende anular nos Concellos de Foz e Barreiros seguen adiante, xa que aínda que un xulgado as declare ilegais, o máis seguro é que nunca chegan a derruírse os edificios.

leer máis eiquí.

sábado, março 03, 2007

Calendario Marzo DZine

Sala Dzine, San Sadurniño (A Coruña)

Sábado 3 Marzo
24:00h entrada 5€ (4€ anticipada)

OS CEMPÉS
Tras unha longa e meditada deliberación, Os Cempés deciden facer un alto no seu camiño. Unha parada cun carácter non excesivamente definido, pero o suficientemente tanxible como para saber que non se trata dun simple descanso.Desexos de reciclarse e novos proxectos son algúns dos argumentos que esgrime o grupo ferrolán máis internacional de tódolos tempos para explicar o por que da súa decisión. Para non deixarnos co sabor amargo da despedida, concédennos un plazo de adaptación: Durante o 2007 levarán a cabo a súa última xira para retirarse despois practicamente dun xeito definitivo.
Quédanos coma legado perpetuo doce anos de traxectoria, cinco elepés e unha vertixinosa concepción musical que os fixo merecedores dun posto de honra na historia da música folk.
Extraido de http://www.oscempes.com

Puntos de venda: Cervexeria Cardeballe (Narón), DISCOS M4 (Ferrol), O Marbella (As Pontes), Sobelaira (Moeche) e na propia sala.

Próximos concertos:

9 Marzo LA PEGATINA (rumba urbana - BCN) + BANDA POTEMKIM (mestizaxe - A Coruña)
http://www.lapegatina.com

10 Marzo TOKYO SEX DESTRUCTION (soul punk - BCN) + LOS RUINES (garage - Cerdido)
http://www.myspace.com/tokyosexdestruction
http://www.myspace.com/losruines

16 Marzo RUXE RUXE (rock bravú - Santiago)
www.ruxeruxe.com

17 Marzo Saint Patricks Day SETE RAPOSOS MORTOS (folk - Ferrol)

23 Marzo RAVE PARTY ANIMALS (industrial metal) + NEKROTECH (industrial metal - Vitoria)
www.myspace.com/rpanimals
www.nekrotech.com

24 Marzo ROBIN DE LOS ESTERCOLEROS Y SU ALEGRE BANDA DE PATAFISICOS
www.estercoleros.com

30 Marzo DIOS KE TE CREW
www.diosketecrew.com

quinta-feira, março 01, 2007

lobos

Habitantes das parroquias da zona montañosa das Pontes, Deveso, O Freixo e Somede viven con preocupación desde fai uns meses porque os ataques dos lobos ao gando son cada vez máis frecuentes.

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=5597909&idioma=galego