sexta-feira, março 30, 2007

Primeira coordinadora galega contra a degradación urbanística

Fusquenlla, un colectivo de Pontedeume, ten convocadas para este sábado diversas asociacións para constituír un grupo de denuncia, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, co obxectivo de crear a primeira coordinadora galega neste eido.

As asociacións e colectivos veciñais e ecoloxistas galegos parece que chegaron ó tope de "consentimento" de desmandos urbanísticos ou polo menos iso indica o feito de que se estean dando, paseniñamente pero seguros, os primeiros pasos para a constitución dunha coordinadora contra a degradación urbanística, de ámbito galego.

en Vieiros

1 comentário:

Anónimo disse...

Congratúlame que a xente comence a levantarse co tema do urbanismo. Xa que parece que ninguén teña o valor de denunciar este tipo de estragamento medioambiental e socioeconómico. E sen esquecer, o compoñente de corrupción que moitas veces complementa a ensalada mixta que é o hoxe en día a construcción no noso país.