Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, março 21, 2007

European Week of Media and Diversity




Do 19 ó 25 de marzal, organizacións de máis de 10 países da Unión Europea
participan na Semana Europea dos Medios e a Diversidade. Esta é a cuarta
edición desta iniciativa creada por OnLine/More Colour in the Media (OLMCM),
a rede europea especializada en medios e diversidade con base en Holanda. O
obxectivo é promove-lo diálogo público sobre a representación de minorías nos
medios de Europa e fortalecer o “empoderamento” das audiencias multiculturais.

Os principais protagonistas destas iniciativas son asociacións, medios de
comunicación e grupos vinculados ó ámbito dos medios e a diversidade. Todos
eles traballando na consecución duns medios de comunicación que reflictan a
realidade social diversa incorporando a participación de xornalistas, editores e outros
profesionais dos medios, institucións locais e nacionais…


"Ninguén pode nega-lo impacto dos medios nas relacións entre as maiorías e
as minorías das nosas sociedades” expresou Ed Klute, director da rede
europea Online/More Colour in the Media.


Para obter máis información, por favor contacta con…
Online/More Colour in the Media ·
www.olmcm.org
María García (Communications Officer Europe): magarc@miramedia.nl
Martina Valdetara (European projects coordinator): mavalde@miramedia.nl.
Tel: +31-(0)30-2399035, Fax: +31-(0)30-2302975

Sem comentários: