sábado, março 17, 2007

Búscase xente para acoller ós 53 participantes do intercambio con Lesneven

A Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen trata de implicar á poboación pontesa na celebración dun novo intercambio cultural previsto inicialmente para a segunda quincena do próximo mes de xullo.

Os promotores desta cita procuran a familias dispostas a acoller aos 53 participantes de Lesneven. Os organizadores teñen habilitado o número de teléfono 662 393 596 para que os interesados poidan facer efectiva a súa colaboración e, sobre a mesma, explícase que estas familias terán preferencia en posibles novos intercambios.

Por outra parte, a Irmandade tamén informa de que ao final serán corenta persoas as que viaxarán o próximo vrao á poboación de Carmarthen, destino que aa delegación pontesa pretende coñecer entre o día 28 de xullo e a xornada do 4 de agosto.

Sem comentários: