
Non sempre podemos asistir a exposicións primixenias, de artistas que aínda non están metidos na boraxine dese mercantilismo feroz que rodea a todas as facetas do arte hoxe por hoxe. Tres artistas novos, invítanos a apreciar a súa obra a partires desta sexta feira no concello de Fene.
Quinta-feira, Maio 15, 2008
Exposición en Fene
XII FESTA DA MAROSA
Este fin de semana, tedes todos unha cita na praia da Marosa no concello de Burela, dende xa fai anos 12 concretamente, levase celebrando este festival que nos axuda a quentar motores para todo-los vraos. Así que xa sabedes se queredes unha finde animada tedes un peazo cartel en Burela a partires desta sexta feira.
Seguro que algún dos que anda por aí o coñecedes, canto tempo...
Quarta-feira, Maio 14, 2008
Reportaxe sobre Choiva Azeda no xornal comarcal Pegadas
Quinta-feira, Maio 08, 2008
"O máis sensato é o lago", entrevista a Felipe Macías
O texto que se reproduce a continuación é unha breve síntesis literal do máis relevante tratado durante a entrevista.
P: Cal é a duración estimada do enchido do lago e cales son os principais inconvintes que se poden producir durante o proceso?
R: O principal inconvinte sería se o enchido fora lento; porque evidentemente non imos a pensar que aquí xa non volva a caer auga, non?, iso sería absurdo. Pode haber máis ou menos precipitación e polo tanto o ritmo pode variar, entre 4 e 6 anos. Se o ritmo é normal acercarase máis a 4. Se o ritmo é un pouco anormal, con anos excesivamente secos, acercarase a 6, máis non pensamos de ningunha maneira que o fagamos en 10. Se o enchido se fixese só pola precipitación probablemente estariamos falando de periodos que variarían entre 40 a 60 anos. Esto é moito tempo, e entón a oxidación podería afectar enormemente na auga. Nembargantes, se o periodo fosen 6 ou 10 anos, habería que botar máis cal. Pero non pasaría absolutamente nada nese senso, é decir, que a acidez é un problema pero é un problema controlable.
P: Comente brevemente o proceso seguido para o enchido e a rexeneración dos terreos colindantes do futuro lago.
R: A Universidade de Santiago leva traballando nas Pontes dende o ano 1984, noutros temas ambientais, pero case sempre con oxidación de sulfuros; e co tema do lago levamos máis de 10 anos, isto non é unha cousa inventada de hoxe pra mañá.
O principal risco é o de acidificación das augas debido á natureza que teñen os materiais existentes na zona. Ante esa situación, como medidas correctoras, fixéronse algunhas actividades, como meter arxilas brancas encima da superficie, para evitar a oxidación dos materiais que conteñen ferro. No tocante a calidade da auga, fixéronse unha serie de humedais ensaiados previamente na mina de Touro que están demostrando a súa capacidade. E por último, está o seguimento continuo da calidade da auga, controlando se é necesario incorporar caliza ou ben material reductor en función das necesidades.
P: Neste intre estase a facer un enchido só a través da choiva?
R: Exactamente non é así, estase facendo un enchido a través da auga da choiva máis a auga que ven da concesión que ten a central térmica. Tamén se está a meter a auga que ven directamente da escombreira, que hai que decir, que a calidade da auga da escombreira é moi superior á que se tiña avaliado previamente.
P: Por qué?
R: Pois por unha razón bastante sinxela. Porque a escombreira mellorou moitísimo nos últimos anos. A escombreira é un modelo de restauración, podo dicilo, a nivel europeo e mundial. A parte máis profunda da mina, que é unha superfice moi pequena, vaise ver diluida con toda a masa de auga que vai a quedar, en principio, probablemente ata o mes de maio deste ano. E a partir do mes de maio comezará a rebosar caendo no oco e diluindo a auga nesa de peor calidade.
P: E actualmente, o enchido estase desenvolvemento tal e como se tiña previsto?
R: Mellor do previsto. Eu estiven alí a semana pasada, e a calidade da maior parte da auga que xa está no fondo é moito mellor do previsto.
P: No tocante a auga, sábese se será potable para o consumo humano?
R: En principio a auga que haxa no embalse, poderá ser utilizada para todos os usos; dende o baño, pasando pola auga potabilizable, pola cría de peixes ou a utilización en regadío, é decir, todos os usos da auga normal do río Eume.
P: E canto tempo se prevé que pasará ata que poidan ser usadas as augas do lago?
R: O lóxico nun proceso de restauración deste tipo, é primeiro facelo, a continuación facer durante todo o tempo o programa de seguimento e a continuación falar coas autoridades que teñen o control da auga. É dicir Endesa pasará, supoño eu, a competencia da xestión dese lago á Xunta de Galicia e dentro da Xunta de Galicia a Augas de Galicia. Polo tanto é Augas de Galicia a que en función do que teña e unha vez que o admita a que dirá que actuacións se poden facer. Dende o meu punto de vista, por tanto subxectivo, eu creo que practicamente no ano siguiente de estar entregado á Xunta de Galicia, debería de poderse empregar a auga.
P: Segundo a súa opinión, cales serán os usos máis probables dos terreos colindantes do futuro lago?
R: Iso vai a depender de moitas cousas: de quen sexa o propietario e os prazos de ordenación que decida a Xunta. O control da auga correspóndelle a Endesa mentres non o rexenere e despois, corresponderá a Augas de Galicia.
O lago tal e como se concebiu é un lago de uso múltiple. Pola tanto terá actuacións de turismo científico, de conservación de aves (fundamentalmente acuáticas). Van existir unha serie de illas practicamente ailladas, para que non teñan interferencia humana. Haberá unha serie de actividades relacionadas co patrimonio científico, actualmente estamos recuperando fósiles vexetais e animais de hai 25-30 millóns de anos… e con todo iso, poderase xerar un museo e actividades de visita científica. Concretamente toda a conca ábrese fai aproximadamente uns 35 millóns de anos, a última capa de carbón ten 19 millóns de anos, logo todo o xacemento está entre 35 e 19 millóns de anos, é o que se chama o Oligoceno Medio a parte máis profunda e o Mioceno Medio a parte máis alta.
Temos identificado prantas que xa non existían en Europa dende fai millóns de anos. Neste momento estase a recoller moitísimo material de todas as capas, na parte baixa da conca hai unha serie de caracoliños que os paleontólogos din que son mariños, de fondo de ría. Iso significa que a conca das Pontes, estaba unida ao mar e que era simplemente un brazo do Eume antigo que chegaba dende Ares; iso é interesante porque despois a conca pechouse.
Polo tanto, se unimos o dinamismo económico que pode estar entorno á ciencia e á educación, como o que pode estar entorno ao remo e ao deporte, xunto o que se poida estar entorno a outras actividades industriais ou da comarca, tales como: residencias, golf, en fin… fálase de moitas cousas, pois creo que hai unha alternativa interesante de desenvolvemento económico e social.
P: Qué especies animais e vexetais se poderán atopar no lago?
R: Nas zonas máis profundas do lago non vai a haber nada, por que non vai a chegar a luz, fundamentalmente. A flora vai a estar restrinxida ás illas que se van facer e no bordo. Nestas zonas haberá a mesma vexetación que ten actualmente o bordo húmido; é curioso que esa mesma vexetación tamén existía nos pantanos que había hai 30 millóns de anos. En definitiva, a flora que haberá vai ser unha consecuencia das condicións climáticas que temos neste momento, e a responsabilidade do tipo de flora será da Xunta de Galicia, de Endesa, e do mesmo pobo das Pontes. Eu teño unha idea para tratar de reconstruir nun pequeno lugar as condicións de fai máis de 30 millóns de anos, o que sería unha oferta chamativa para que viñeran turistas a ver o bosque do Mioceno, e si se fai ben pode ser tamén pode ser de tipo recreativo, xa que se podería reconstruir unha situación de pantanos e escenas non pantanosas, coa vexetación daquel momento -senón con toda, con moita-, pero non son eu quen o ten que decir, senón quen teña a autoridade no seu momento, e ganas de pagar (risas).
A nivel fauna aí vamos a ter bastante cousa, a nivel de aves acuáticas eu creo que vai a haber todas as que temos no país e as que pasan, incluso haberá crías de anátidas, de garzas, de fochas, é decir, creo que tódalas aves acuáticas poderán desenrolarse perfectamente tanto nos bordos, sobretodo no bordo Norte, porque vai a quedar moi estreitiño e practicamente non se vai a poder utilizar, van a quedar esos humidais que estamos a facer para controlar a calidade da auga, e despois un lugar máis de interese natural.
Con respecto aos peixes, isto si que é importante. Durante o periodo de enchido haberá unhas verxas para que a fauna piscícola do río Eume non entre alí. Pero unha vez enchida a mina, o lago terá a mesma fauna piscícola que ten o Eume. O que sí e seguro é que poderá haber anguías, pois a anguía é moito máis resistente cas troitas, e non ten tanta necesidade de augas osixenadas e admite mellor a turbiedade. Pero tamén hai outro risco, que é o que lle boten. Se os pescadores empezan a meter especies que lles interesa a eles pescar, eso xa depende e, xa non é posible predecilo eu.
P: Qué modificacións climáticas se provén como consecuencia do lago?
R: Unha masa de auga o que fai é atemperar as oscilacións, é decir, a masa de auga actúa como un regulador. Disminuirán os picos de temperaturas baixas, con menos xeadas e con menos oscilacións de temperaturas altas.
P: E no tocante a posibilidade de vivir nunha eterna néboa?
R: Iso non vai a ocurrir. Según os cálculos que se fixeron na avaliación de impacto ambiental, podería haber néboa ata 5 días máis por ano, en función dos cálculos que se fixeron… todo hai que decilo tamén, que os modelos son modelos… non son realidades.
P: Podería mencionar os resultados e benefizos da rexeneración mineira noutras zonas do mundo e como están a funcionar?
R: Hai lagos acidificados imposibles de utilizar practicamente para nada e hai lagos que son modélicos e que se poden utilizar. Cal é a ventaxa das Pontes? Pois que evidentemente conta con toda a experiencia dos fracasos anteriores, por ejemplo, o noso grupo de traballo leva traballando en temas de oxidación de sulfuros dende 1980, é dicir temos unha experiencia de 28 anos de saber o que ocurre cando hai oxidación e, esa experiencia plasmouse no plan de restauración da mina de Endesa e tamén no plan de restauración da mina de Aznalcoyar. Do desastre de Analcoyar e na recuperación de moitas das minas que existen en Andalucía na faixa pirítica. Polo tanto hai unha experiencia científica que avala que si o facemos normal, ten que sair ben.
R: Como cre que afectará ao Parque Natural das Fragas do Eume ou ao río o trasvase de auga cara ao oco da mina?
R: As Fragas do Eume están máis abaixo do embalse do Eume, e este embalse ten 150 millóns de m³ e aínda que non chovera durante catro anos, pódese manter o caudal normal sen problemas. O cauce do río que está entre o embalse da Ribeira e o embalse do Eume, estará igual que estaba, dende o momento que se fai a captación, pois evidentemente hai unha detracción de auga, que se fará nuns períodos onde esté garantido o caudal ecolóxico sempre. O que pode ocorrer e que en 4-5 anos, pois non haxa grandes avenidas de auga nese tramo, que son só 12 quilómetros. E despois xa chegamos ao embalse do Eume que ten auga suficiente, e xa non hai ningún problema.
R: Finalmente, que outras alternativas de rexeneración da mina se estudaron e cales foron os motivos de elexir a creación do lago?
P: O máis sensato é o lago, dende o meu punto de vista claro, haberá xente que non o pense, e son moi libres. As alternativas contempladas dende o punto de vista ambiental son peores, polas emisións, polo gasto de enerxía eléctrica, por ter que atender continuamente a un bombeo, por estar sacando continuamente unha auga de peor calidade, por que claro se ti bombeas masas de auga pequenas esas masas de auga non teñen o volume tan grande de disolución, polo que a calidade da auga sería moito peor; terías que sacalas e logo levalas a unha depuradora, e logo gastar cartos na depuradora; en cambio aquí trátase de que a auga saia de aí, directamente para o río sen depurar, porque teña a calidade adecuada, ou sexa dende o meu punto de vista non hai color.
CASTRO DA ATALAIA : PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
Podemos defini-lo patrimonio cultural dun pobo como o conxunto de bens, materiais e inmateriais, de recoñecido valor que reflicten as tradicións e a forma de vivir e pensar ó longo do tempo.
O termo patrimonio, en sentido estricto, significa
, polo tanto, podemos dicir que o patrimonio cultural de Galiza é o conxunto de elementos materiais e inmateriais que conforman as características específicas da nosa cultura e caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como a vinculación á paisaxe que os rodea.A noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.
Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilización, os propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidado, defensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.
Porén, o Concello de Cervo da Mariña lucense outorgoulle tres licenzas a un construtor, para levantar 100 vivendas sobre o castro da Atalaia. Ambos sabían que nese terreo hai un importante xacemento arqueolóxico.
O Concello non tramitou a orde de de paralización da obra emitida por Patrimonio até catro días despois, permitíndolle, deste xeito, ao construtor destruír parte do xacemento.
Pola súa banda, Patrimonio, que actuou correctamente ao principio, incomprensiblemente permitiu que esta desfeita continuase noutras parcelas que non se viran afectadas, tal e como se pode comprobar nestas ligazóns:
http://www.slideshare.net
/CastroAtalaia/castro-da -atalaia/ http://www.slideshare.net
/CastroAtalaia/castro-atalaia -1// http://www.slideshare.net
/CastroAtalaia/castro-da -atalaia-2/ http://www.slideshare.net
/CastroAtalaia/castro-da -atalaia-3/ Como cidadáns, preocupados pola defensa , protección e conservación do noso patrimonio, pedímosche a túa colaboración difundindo esta información.
SALVEMOS O CASTRO DA ATALAIA!
As Pontes: Sitio Distinto
Segunda-feira, Abril 28, 2008
Resumo da gala oriental en Lugo por parte de bailarinas pontesas


Noraboa polo éxito obtido.
+ info aquí
Quinta-feira, Abril 24, 2008
Video promocional da comarca do Eume
A comarca do Eume conxuga o máis fermoso das paisaxes galegas. Ten o encanto das vilas mariñeiras, a frondosidade dos recantos do Parque Natural das Fragas do Eume e as tranquilas praias que son lugar perfecto para o repouso do viaxeiro. Séculos de historia deixaron nestas terras con castelos, pontes e mosteiros, unha pequena mostra do que ofrecen os 9 concellos que forman este paraíso: Cabanas, A Capela, Monfero, Moeche, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.
Segunda-feira, Abril 21, 2008
COMUNICADO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES
Un corremento de terra na gabia da Mourela ameaza unha mámoa
O monumento megalítico atópase a tan só tres metros do talud
A pasada semana producíase un corremento de terras no marxe Norte das obras da autovía AG-64 ao seu paso polo lugar da Mourela no concello eumés das Pontes de García Rodríguez. Ao redor duns quince metros de terreo, víñanse a baixo producindo un considerábel desprendemento de firme que ía a parar ao fondo da gabia.
Na actualidade a situación debe ser considerada como moi grave, tendo en conta a proximidade do elemento catalogado GA15070127, co marxe Norte da autovía. A penas tres metros separan a estructura arqueolóxica do marxe do talud. Unha situación que empeorará nas vindeiras horas de seguiren a persistir as choivas na zona, o que pode ocasionar novos desprendementos e dar coa mámoa no fondo da autovía. Esta situación sería a todas luces moi grave, tendo en conta os compromisos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, no comunicado emitido o 5 de xuño de 2007, por mor do levantamento da cautela sobre os restos do círculo lítico da Mourela, que a continuación se transcribe:
- Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía
As mámoas non están afectadas
O resto dos xacementos arqueolóxicos localizados nesa área, os denominados túmulos tan só están afectados en parte do seu ámbito de protección, non no xacemento mesmo, polas obras de construción da Autovía Ferrol-Vilalba. Estas mámoas son visibles e recoñecibles, e para elas trazáronse uns ámbitos de exclusión de obras nos estudos arqueolóxicos levados a cabo con motivo da elaboración do proxecto construtivo da autovía, establecéndose as medidas protectoras e correctoras necesarias para que se conserven na súa integridade.
Á vista de toda a documentación, dos datos que obran no expediente e dos informes dos Servizos Técnicos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha resolución informando favorablemente a continuación das obras da Autovía Ferrol-Vilalba, treito As Pontes Cabreiros, na área cautelada da Mourela, baixo as seguintes condicións:
- Manteranse balizados os ámbitos de exclusión de obra dos xacementos Mourela 4 (GA15070127), Mourela 6 (GA15070130) e Mourela 7 (GA15070129), nos que non se poderá levar a cabo ningún tipo de obra, e o trazado, na medida do posible, alonxarase destas áreas de exclusión reducindo as dimensións dos noiros ou taludes proxectados. A situación destes elementos e os seus ámbitos deberán figurar na cartografía de obra.
Nunha comunicación remitida no día de hoxe ao Dir. Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, D. Felipe Arias Vilas, dende a plataforma solicitamos coñecer cales van a ser as medidas a activar para preservar a integridade do ben ameazado e se van a esixir algún tipo de responsabilidade á COTOP, como promotora e responsábel do proxecto.
Cremos que a situación que se está a producir non é froito do azar ou a mala sorte, estamos convencidos de que isto era previsíbel, tal e como vimos manifestando en repetidas ocasións dende o mes de novembro pasado, e non entendemos como non se tomaron as medidas oportunas a tempo, tales como a escavación da mámoa afectada, nun momento no que a seguridade dos arqueólogos non estaba ameazada.
Parece pois que este novo corremento de terras na zona, non contou coa suficiente previsión por parte das autoridades competentes en materia de protección do patrimonio nin foi anticipada polos responsábeis da execución da autovía, poñendo deste xeito en serio risco a integridade dos bens patrimoniais e a propia seguridade das edificacións colindantes.
Neste intre, máis de 50 metros de desnivel e unha profunda fenda no terreo están a arriscar a conservación dunha parte do noso patrimonio. No mes de xuño do pasado ano, xa tivemos que ver tamén como as máquinas remataban con miles de anos de historia, destruindo os restos do círculo lítico e partindo en dous a necrópole, por medio dunha gabia. Agora, a falla de previsión e o incumprimento dos compromisos establecidos para a integral conservación das mámoas e dos seus ámbitos de exclusión, veñen a por en evidencia a rigurosidade dos controis arqueolóxicos na zona.
É neste intre, cando o berro mouro do Canto Máis? cobra forza e significado. De novo debemos preguntarnos: Canto máis teremos que agardar para poder ver aos mecanismos administrativos que garanten a conservación e preservación do noso patrimonio, desenvolver eficazmente o seu traballo? A proposta do túnel, esquencida no caixón dalgún despacho de San Caetano, debería facernos reflexionar sobre a súa idoneidade, como fórmula para non ter que lamentar males maiores.
Segunda-feira, Abril 14, 2008
Sexta-feira, Abril 11, 2008
Cap'Découverte, unha reconversión mineira única en Europa
Cap'Découverte é un lugar único en Europa. Trátase dun Parque de Atraccións resultado do proxecto de rehabilitación da antiga mina de carbón ao aire libre situada no municipio de Carmaux, no departamento de Tarn e na rexión de Mi-Pyrénées, e que foi reconvertida nun centro multiocio cun anfiteatro espectacular de 1.300 m de diámetro e 230 m de profundidade e exclusivamente dedicado ao ocio.
En 1995, comezouse a elaborar o esquema de redespliegue económico de Carmausin.
En 1997, a convocatoria dun Concurso Internacional de Ideas deu como froito a aparición dunha serie de proxectos de valorización da zona da Grande Découverte (o Gran Descubrimento).
En maio de 1999 encargouse a realización dun estudo de mercado a unha agrupación de empresas especializadas na materia (KPMG Axe Consultants + ISC + Campus Conseil + Extel). Grazas ao resultado positivo arroxado por devandito estudo, no tocante á previsión de clientela, consiguiuse un compromiso financeiro por parte do Estado francés e das corporacións locais e rexionais. O Comité Interministerial de Ordeación e Desenvolvemewnto do Territorio (CIADT) de abril de 2000 confirmou o apoio, fundamental por outra parte, dos poderes públicos ao proxecto.
O estudo de arquitectos Chaix & Morel e asociados encárgase, desde xullo de 2000, da dirección das obras de acondicionamento da Découverte.
Cap'Découverte tense convertido, dende entón, nun proxecto de toda unha rexión, apoiado polo conxunto das corporacións locais e rexionais: municipios, Consello Xeral do Tarn, Consello Rexional Midi-Pyrénées (equivalente á Xunta de Galicia).
Quinta-feira, Abril 10, 2008
España é un país racista, segundo Amnistía Internacional
Amnistía Internacional (AI) denunciou hoxe que a falta de interese do Goberno e das autoridades xudiciais por combater a xenofobia provocou que este tipo de agresións pasen desapercibidas en España e que as súas vítimas sexan «invisibles».
Na presentación do informe «España, entre a desgana e a invisibilidad», o director de AI España, Esteban Beltrán, explicou que, cada ano, a Garda Civil recibe entre dez e vinte denuncias de ataques racistas e a Policía Nacional, entre oitenta e cen.
Con todo, segundo o Informe Raxen, apuntou Beltrán, en España prodúcense 4.000 ataques racistas cada ano, incidentes que non se coñecen porque o Goberno non publica os datos oficiais destes delitos, algo que só ocorre noutros catro países da UE.
Esta «desgana» das autoridades fixo que España estea á cola de Europa no combate contra o racismo e a xenofobia e que sexa dos poucos países europeos sen un organismo nacional nin un plan de loita contra a discriminación racial.
Segundo Amnistía Internacional, en España proliferan os sitios web e publicacións racistas e antisemitas, que actualmente teñen uns 15.000 membros asociados. Ademais, España é un dos países da UE con maiores niveis de explotación sexual de inmigrantes, e onde o 30 por cento dos xitanos vive en condicións de exclusión.
A pesar destas circunstancias, segundo datos da última sondaxe do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), os españois perciben a inmigración como o terceiro problema social e só o 0,7 por cento considera que existe racismo e que é un problema.
Ademais, segundo o CIS, os españois están aumentando as actitudes hostís cara ao colectivo de inmigrantes, desde o 8 por cento rexistrado en 1997 ata o 32 por cento de 2004.
Fronte ao preocupante de todos estes datos, denunciou Beltrán, o Goberno español non ten «ningún interese» en combater o racismo a pesar de que iso supón «desproteger ao dez por cento da poboación», subliñou.
Nese sentido, denunciou que en 2003 o Goberno creou o Observatorio Español de Racismo e a Xenofobia, un organismo que neste momento aínda non publicou ningún informe; ese mesmo ano, o Executivo creou o Consello de Igualdade de Trato, que, cinco anos máis tarde, aínda non se constituíu.
Amnistía Internacional acusou tamén ao poder xudicial da «desidia» e a «falta de interese» en combater o racismo, como demostra a falta de xurisprudencia neste tipo de casos.
Ademais, agregou Beltrán, aínda que desde 1995, o Código Penal recolle a posibilidade de aumentar as penas por racismo, esta figura xurídica só se aplicou en dúas sentenzas en 2007.
Por todo iso, Amnistía Internacional recomendou hoxe ao Goberno que poña en marcha un Plan estatal e integral de loita contra todo tipo de xenofobia, con medidas de carácter educativo, social e laboral e para combater o racismo en todas as frontes, incluídas as forzas de seguridade do Estado.
Así mesmo reclamou medidas específicas para protexer máis ás mulleres (especialmente as vítimas de violencia de xénero que se atopen en situación irregular) e aos menores non acompañados para «evitar as expulsións que se disfrazan como repatriacións».
Amnistía Internacional considerou «fundamental» que o Goberno comece «canto antes» a publicar estatísticas periódicas que reflictan «a situación real» dos inmigrantes en España.
Preme aquí para consultar o informe completo de Amnistía Internacional
Ferrol impulsa a integración laboral do colectivo xitano
O Concello de Ferrol e a Fundación Secretariado Xitano colaborarán na implantación dun programa dirixido «á integración e incorporación sociolaboral da comunidade xitana residente na cidade». Así o anunciaron onte, no palacio municipal, o delegado en Galicia da citada fundación, Gorka de Miguel, a concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri.
Os tres participaron no acto celebrado no salón de sesións do Concello para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano. En palabras do propio Irisarri, «o Concello de Ferrol non quería quedar mudo ante determinadas actitudes racistas, considerando a sensibilización e a información como o mellor instrumento para conseguir unha auténtica convivencia e igualdade». O rexedor remarcou a necesidade de erradicar estereotipos para alcanzar «unha sociedade con plenos dereitos e deberes á marxe das razas».
O alcalde, neste sentido, resaltou a intención do municipio de «traballar con intensidade para facer realidade o que en ocasións semella unha utopía, como é a convivencia en igualdade».
«Implicación directa»
Na mesma liña, Beatriz Sestayo apuntou que a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano irá «máis aló da firma dun convenio, xa que derivará na implicación directa da Administración local na xestión do programa e na participación de persoal propio non mesmo». O propio delegado en Galicia da fundación, Gorka de Miguel, á vez que agradecía o compromiso do Concello, sinalaba que a apertura das liñas de colaboración previstas podería atrasarse aínda varios meses, precisamente porque do que se trata é de pór en marcha fórmulas nas que se traballe ao unísono desde ambas as institucións.
Beatriz Sestayo recordou que nestes momentos o seu departamento xa «está a realizar tamén un estudo sobre a potenciar poboación de etnia xitana á que se dirixirán» os proxectos de integración social e laboral previstos, e engadiu que «ata a data, o Concello está a asumir traballos para evitar ou absentismo escolar e favorecer a asistencia de nenos e nenas de etnia xitana a servizos como o comedor escolar». Previamente ao anuncio do acordo, no Concello proxectáronse tres documentais sobre a loita pola igualdade do colectivo xitano.
Presentación do disco de Ruxe-Ruxe
http://www.ruxeruxe.com/ruxe.html
Terça-feira, Abril 08, 2008
Concurso de Carteis Festival Irmandiño de Moeche
A Asociación Cultural "Castelo de Moeche" convoca un CONCURSO DE CARTEIS, anunciando o XXIX Festival Irmandiño. As BASES que rexerán este concurso son as que se relacionan a seguir:
1º.- Poderán participar todas as persoas que o desexen.
- O tamaño será de 50 x 65 cms.
- O cartel farase en dúas cores planas, máis o fondo.
- Os traballos virán montados en papel vexetal, cartolina ou similar.
- No cartel figurará obrigatoriamente o logotipo do Festival e o texto:
XXIX FESTIVAL IRMANDIÑO - MOECHE , 22 - 23 DE AGOSTO DE 2008
O cartel premiado pasará á propiedade da Asociación Cultural "Castelo de Moeche", que o editará e distribuirá por toda Galicia.
O fallo do xurado será inapelable; podendo, o concurso, quedar deserto se o xurado considera que ningunha das obras ten méritos de abondo.
CAFETERÍA SOBELAIRA
SAN RAMÓN S/N – SAN XOÁN
15563 MOECHE (A CORUÑA)
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
Para máis información pódese solicitar na dirección de correo electrónico: f.irmandino@yahoo.es ou chamando ós teléfonos: 699999852 (Rafa), 670242959 (Mariña).
Moeche, 3 de marzo de 2008,
Asociación Cultural "Castelo de Moeche"
Lg. Lavandeira - Labacengos
15564 Moeche (A Coruña)
C.I.F.: G-15/492.176
ACTIVIDADES NA ASOCIACIÓN CULTURAL DZ
(Rock especial - San Sadurniño)
+
EN CUARENTENA
(Blues Rock - As Pontes)
Venres 11 as 23:30h
Entrada 2€ (Socios 0€)
www.myspace.com/thecanhas
www.myspace.com/aspontesencuarentena
OS CHIQUILICUATRES DE RIBEIRA
(folk - Ribeira)
Venres 18 as 23:30h
www.myspace.com/oschiquilicuatres
- Queres ser xornalista?
O Xornal Pegadas, precisa de un redactor para a zona de San Sadurniño e Moeche. Contacto: xornalpegadas@gmail.com Telf.663087476
Pegadas é unha publicación mensual orientada á comarca do Eume (San Sadurniño, Moeche, As Somozas, As Pontes, A Capela, Monfero, Vilarmaior, Pontedeume, Cabanas), un medio de comunicación comprometido co territorio e co medio rural, que iniciou a súa andaina no mes de decembro do ano pasado. Pegadas é un proxecto de información impulsado pola Asociación Euroeume, que traballa dende hai 10 anos polo desenvolvemento do territorio.
O xornal pretende se
















