terça-feira, maio 27, 2008
As lagoas artificiais 'secuestran' o CO2
Un estudo con partipación española asegura que este tipo de balsas absorbe máis dióxido de carbono cos bosques,e tanto coma os océanos
Ata o de agora foran desprezadas, pero realizan un traballo importante de mitigación do cambio climático. Os estanques agrícolas, creados polo home para fornecer auga aos campos de regadío, absorben máis dióxido de carbono que os bosques, e tanto como os océanos. E trátase de cantidades nada desdeñables, segundo un estudo liderado pola Universidade de Iowa (EEUU) e publicado en Global Biogeochemical Cycles. O investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Carlos Duarte, quen participou neste estudo, apunta que a taxa de captación das presas agrícolas é mil veces superior por metro cadrado á dos océanos, e de 20 a 50 veces maior á dos bosques.
é a primeira vez que se realizaron medicións nestas infraestruturas. "Son sistemas acuáticos pequenos, que ata agora non se tiveron en conta, pero que contribúen a mitigar nunha medida modesta pero importante o cambio climático", apunta Duarte. Os estanques artificiais secuestran cada ano 150 millóns de toneladas de carbono, unha cifra similar á que se almacena nos océanos.
Para realizar o estudo, os investigadores realizaron medicións da cantidade de carbono que absorberon as balsas de EEUU durante os últimos 10 anos e revisaron os informes con medidas puntuais de diversos países. "Fronte aos lagos naturais, os estanques teñen unha maior capacidade de captación de carbono polo propio uso das balsas, ás que tamén acode gañado, e que están enriquecidas con nutrientes, polo que a produción fotosintética é maior", explica Duarte.
A taxa de acumulación de sedimentos na piscina é moi alta, polo seu propio uso, e como consecuencia a súa vida útil é curta. Unha vez que se deixa de empregar para regadío, o ideal é que se abandone, e que se escave unha nova. Duarte indica que un dos prexuízos é que se drague, xa que os sedimentos que atrapan ao CO2 removeríanse e liberaríase o dióxido de carbono.
No mundo hai 304 millóns de lagoas naturais e balsas agrícolas, que cobren uns 4,2 millóns de km2. España carece dun inventario destas lagoas, unha materia pendente para o que podería perfílase como unha nova solución para salvar o clima.
Incorporar os estanques no "post-Kioto'
Dada a importancia destas balsas, o investigador do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (CSIC-Universidade das Illas Baleares) Carlos Duarte afirma que se deberían incorporar no próximo réxime internacional de redución de emisións, tras o Protocolo de Kioto en 2012, como sumidoiros de dióxido de carbono.
Os encoros agrícolas absorben en torno ao 5% das emisións e iso debería recollerse na lexislación. "Deberíase incorporar como sumidoiro e, ata, dentro do conxunto de créditos de carbono, que se computaría á agricultura", indica Duarte. Os lagos artificiais terían a mesma consideración que os bosques, como captadores.
Artigo do diario Público
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
"dibulgar", como tedes escrito desde hai tempo na presentación da bitácora, é con "v", e "boráxine" tamén.
Graciñas polo apunte. Tenderemos a correxilo a partires dagora.
Choiva Azeda.
Enviar um comentário